IV FORO PROTURGA

Do turismo accesible ao sensitivo

IV FORO PROTURGA

Do turismo accesible ao sensitivo

IV FORO PROTURGA

Do turismo accesible ao sensitivo

IV FORO PROTURGA

Do turismo accesible ao sensitivo

PREV
NEXT

IV FORO EXPERIENCIAL PROTURGA. DO TURISMO ACCESIBLE AO SENSITIVO
DÍAS: 1 E 2 DE DECEMBRO DE 2016.
LUGAR: Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe (Pontevedra)

CARTEL E PROGRAMA

IV Foro Experiencial Proturga

DESCRIPCIÓN DO PROGRAMA

XOVES 1 DECEMBRO

9:30h - RECEPCIÓN DE PARTICIPANTES E INAUGURACIÓN
- Dna. Verónica Pichel Guisande. Presidenta de Proturga
- Dna. Pilar Tallón Silvosa. Vicedirectora do CIFP Carlos Oroza
- Dna. Laura González-Dopeso Portela. Xefa de Área de Calidade e Proxectos Europeos. Axencia Turismo de Galicia
- D. Cesáreo González Pardal. Clúster do Turismo de Galicia
- D. Santos Héctor Días Rodríguez. Deputado de Promoción Turística, Fomento de Industrias Turísticas e Artesanía e Turismo Rías Baixas.
- Dna. Anabel Gulías Torreiro. Concelleira de Promoción da cidade e Turismo. Concello de Pontevedra.

10:15 - 11:15 - NECESIDADES DOS TURISTAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL.

Modera:
- Dna. Verónica Pichel Guisande. Presidenta de Proturga.

Participan:
- D. Enrique Santos. Responsable de accesibilidade da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. FAXPG.
- D. José Ángel Abraldes Rodeyro. Director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra.
- Dna. Nuria Luque Arbones. Directora Xerente da Asociación Juan XXIII.

11:15- 12:00 - CAFÉ SENSITIVO.
A cargo do alumnado do ciclo FP Básica de Servizos en Restauración coa colaboración do 2º curso do Ciclo Medio de Servizos en Restauración e o Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía do CIFP Carlos Oroza.
Na sala do Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe.
*Necesaria inscrición previa. Importe: 2€

12:00 -14:00- A APOSTA POLO TURISMO ACCESIBLE A NIVEL DESTINO. EXEMPLOS DE EXPERIENCIAS TURÍSTICAS ACCESIBLES.

Participa e modera:
-Dna. Fátima Rodríguez. Promove, consultoría e formación SLNE

Participan:
-D. Manuel Lema Sieira. Responsable de Cabanas de Barreiras accesibles (Outes)
- D. Jacinto Pérez. Responsable de Hydronauta (Riveira)

14:00 - COMIDA NETWORKING
O A cargo do alumnado do Ciclo Medio de Cociña e Gastronomía e o Ciclo Medio de Servizos en Restauración do CIFP Carlos Oroza.
*Necesaria inscrición previa a través de chamada telefónica ou vía email: 886 159 545 / conserxeria@cifpcarlosoroza.es (os interesados deberán indicar o seu nome completo e que particia no Foro porturga). Importe 10€

15:30- VISITA SENSITIVA POR PONTEVEDRA
A cargo do alumnado do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turística do CIFP Carlos Oroza.
Visita solo dispoñible para o alumnado dos Centros de Hostalaría e Turismo convidados polo CIFP Carlos Oroza.

17:00 - VISITA SENSITIVA POR PONTEVEDRA
A cargo do alumnado do Ciclo Superior de Guía, información e asistencia turística do CIFP Carlos Oroza.
Visita dispoñible para todos os participantes do IV Foro Proturga.
Itinerarios:
1- Hoxe vanche falar as árbores. Os segredos mellor gardados das árbores ornamentais de Pontevedra.
2- Tes unha cita no CITA. Achegámonos a Idade Media da Boa Vila.
3- Imos de compras, prohibido NON tocar. Os antigos oficios e as tendas máis emblemáticas da cidade. (Remate nunha tasca e degustación de viño a cargo dos asistentes)
Punto de encontro: Praza da Ferrería.
*O último itinerario non está adaptado para cadeiras de rodas.
**Necesaria inscrición previa. Importe: 2€.

VENRES 2 DECEMBRO

10:00 - 10:30 - PAUTAS DE ATENCIÓN A UN CLIENTE CON DIVERSIDADE FUNCIONAL - VISUAL

Participa:
- Dna. Soledad González Pérez. Técnico de rehabilitación en el Centro de Recursos Educativos de la ONCE de Pontevedra

10:30 - 11:45 - PAUTAS DE ATENCIÓN A UN CLIENTE CON DIVERSIDADE FUNCIONAL- AUDITIVA.

Participa:
-Dna. Julia Saavedra. Posgraduada en Dirección e Planificación do Turismo. Posuidora do Título de Intérprete de Lingua de Signos. Socia de Proturga.

11:45- ENTREGA IV PREMIO PROTURGA

12:00 - 14: 00 - CATA SENSITIVA DE QUEIXOS D.O. GALICIA E PANS
A cargo do alumnado do Ciclo Medio de Servizos en Restauración e Ciclo Medio de Panadería, Repostería e Confeitaría do CIFP Carlos Oroza.
Lugar: Cafetería do CIFP Carlos Oroza.
*Necesaria incrición previa. Importe: 2€

14:00 - COMIDA SENSITIVA NO RESTAURANTE DO CIFP CARLOS OROZA
A cargo do alumnado do Ciclo Superior en Dirección de Cociña e Ciclo Medio de Servizos en Restauración do CIFP Carlos Oroza.
Lugar: Restaurante do CIFP Carlos Oroza.
*Necesaria inscrición previa. Importe: 12€

DESCARGA

Facer clic no icono inferior para descargar o cartel

DESCRIPCIÓN

  • Un ano máis, PROTURGA (Profesionais do Turismo de Galicia) aposta polo turismo accesible, pero dende unha perspectiva innovadora e cun dobre obxectivo.
  • Por unha banda, transmitir a perspectiva humana do turismo accesible, da man de profesionais e operadores turísticos que teñen experiencia no trato con persoas con diversidade funcional.
  • Por outra banda, poñer en valor o traballo desenvolvido polo profesorado e alumnado do CIFP Carlos Oroza nos últimos anos, en canto ao compromiso co turismo accesible e a capacidade creativa para deseñar experiencias turísticas baseadas nos sentidos.

CONDICIÓNS E FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Aquí poderá botar unha ollada á información requerida, así como mandar un formulario solicitando a inscrición

Información para a inscrición

É recomendable facer inscrición previa.

A parte teórica é gratuita e as atividades son de pago: café sensitivo (2€), visitas sensitivas por Pontevedra (2€), cata sensitiva de queixos D.O. Galicia e pans (2€) e comida sensitiva do venres día 2 (12€). *Ver no programa días e horas das actividades

Para participar tanto na parte teórica como en calquera das actividades debes indicalo no formulario de inscrición. As actividades teñen límite de prazas e realizaranse por orde de solicitude.

1 - Solicitude de inscrición: Cubre o formulario indicando as túas preferencias de asistencia e sigue os pasos indicados. A solicitude de inscrición realizase a través da plataforma online mailchimp polo que terás que subscribirte a unha lista de participantes (a confirmación á subscrición na lista non supón a inscrición no evento).

2 - Confirmación de inscripción: Tras subscribirte á lista, recibirás un correo electrónico persoal dende o email da asociación confirmando a túa inscrición para participar na actividade ou actividades escollidas.

3 - Pago da actividade: Unha vez recibida a confirmación (non antes) poderás facer o pago a través de transferencia bancaria na seguinte conta: ES11 2100 2188 8602 0031 0687 (La Caixa). Asunto ou remitente:  NOME + APELIDO + IV FORO PROTURGA. (Límite de pago: 28 de novembro).

 

 

Solicitud de Inscrición para o IV Foro Experiencial Proturga

* campos obrigatorios
Preferencias seleccionadas

RELATORES

A continuación poderá ver os relatores que estarán presentes

ENRIQUE SANTOS

Responsable de accesibilidade da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia. FAXPG.

JOSÉ ÁNGEL ABRALDES RODEYRO

Director do Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Xefe do Departamento de Servicios Sociais na ONCE en Vigo 1994/2000. Director do CRE da ONCE en Pontevedra dende 2000. O Centro de Recursos Educativos da ONCE de Pontevedra é un dos 5 centros de referencia educativa que a ONCE ten en España. Dende este centro coordinase a atención educativa de todos os estudantes discapacitados visuais de Galicia e Asturias.

FÁTIMA RODRÍGUEZ

Coordinadora da Xerencia Arousa Norte e xerente de Promove, consultoría e formación SLNE. Dende hai uns anos dirixe a súa propia empresa, Promove, xunto coa súa socia María. A experiencia vinculada ao emprendemento e á mellora empresarial, xunto co coñecemento no deseño de políticas públicas, permitiulle desenvolver proxectos no sector turístico dende unha perspectiva integral. O resultado do seu traballo materialízase na xestión e coordinación de destinos (Arousa Norte ou a Mariña Lucense), no deseño de proxectos turísticos en colaboración co sector empresarial (Bonos de turismo rural e gastronómicos, As rutas da artesanía ou O mes da maxia) e no traballo de configuración dunha oferta turística adaptada a segmentos de mercado (Turismo accesible, Turismo de pesca ou Turismo slow).

MANUEL LEMA SIEIRA

Responsable de Cabanas de Barreiras accesibles (Outes) Do Artesanato CAC é un exemplo de innovación e compromiso co medio ambiente. A experiencia do Glamping accesible será unha realidade no 2017, porque ese é o novo compromiso de Manuel Lema e o seu equipo co Turismo Accesible dende unha perspectiva experiencial.

JULIA SAAVEDRA

- Posgraduada en Dirección e Planificación do Turismo. Posuidora do Título de Intérprete en Lingua de Signos. Socia de Proturga. Traballou durante 6 anos como técnica de turismo no Concello de Oza dos Ríos e ten impartido múltiples obradoiros sobre turismo accesible para persoas con discapacidade auditiva.

MARÍA SOLEDAD GONZÁLEZ PÉREZ

Técnico de Rehabilitación no Centro de Recursos Educativos da ONCE en Pontevedra. O obxectivo da intervención do Técnico de Rehabilitación é dotar ás persoas con discapacidade visual de técnicas, estratexias e recursos que lles permitan realizar as actividades cotidianas de maneira independiente para conseguir unha integración social normalizada.

JACINTO PÉREZ

Responsable de Hydronauta (Riveira) Hydronauta é unha desas empresas humanas que non tería sentido sen Jacinto e Mari. Eles representan mellor que ninguén o concepto de anfitrións en destino, sobre todo cando reciben a un grupo de persoas con diversidade funcional.

NURIA LUQUE ARBORES

Directora Xerente da Asociación Juan XXIII. Entidade adicada dende fai 49 anos á formación e promoción de persoas con discapacidade intelectual nos seus diferentes Centros: Centro Educativo, Centros Ocupacionais, Centros de Día e Vivienda Tutelada. A Asociación Juan XXIII ten como misión prestar apoios e servicios de calidade para mellorar a vida das persoas que atende e a das súas familias.

PREMIO PROTURGA

Nos nosos foros sempre intentamos valorar aquelas apostas que traballan pola profesionalización e mellora do turismo. Neste caso queremos premiar aquela iniciativa pública ou privada, sexa persoa individual ou entidade que aposte e traballe por mellorar o sector do turismo no ámbito do Turismo Accesible.

COLABORADORES

Agradecementos ás seguintes colaboracións

EMPRESAS SOCIAS

..E tamén agradecer a:

SUBIR