O Camiño de Santiago é un produto único e de grande valor para a comunidade de Galicia. Por este motivo, de cara ao Xacobeo 2021 é preciso incrementar a profesionalización e a sensibilización dos axentes turísticos galegos, co obxecto de mellorar a experiencia do peregrino.
O proxecto FACENDO CAMIÑO, deseñado por PROTURGA, Profesionais do Turismo de Galicia; nace con este fin, para que os axentes turísticos coñezan o Camiño de Santiago de primeira man e se convertan nos mellores prescritores do mesmo.
FACENDO CAMIÑO é facer a experiencia do camiño a través de tódolos axentes turísticos do destino.
Para desenvolver este proxecto, PROTURGA obtivo unha subvención no marco da liña O Teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia.
Para participar na ruta de interese podes poñerte en contacto a través do email facilitado no apartado específico destinado a cada Camiño
COMUNICADO PROTURGA. ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA
A Directiva de Proturga informa que: tras a situación relativa ao COVID-19 vímonos na obrigación de POSPOÑER as rutas do proxecto Facendo Camiño (dentro do programa O Teu Xacobeo).
Alégranos poder comunicar que xa temos novas datas das rutas pendentes de realizar e podemos retomar o proxecto coas medidas de seguridade e sanitarias oportunas.
As datas das rutas son as seguintes:
Próximamente daremos a coñecer as datas de inscrición, polo de agora tedes o prazo aberto para a primeira das rutas: Vía da Prata. Esperamos contar con tod@s vós.
Un saúdo e ánimo a todos e a todas!
Directiva Proturga
13/07/2020
Data: 17 de outubro de 2020
Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!
Prazas limitadas: 20 persoas
Contacto e inscrición:
Podes reservar no seguinte link:
https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-frances
Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).
Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Francés.
Programa: Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:
8:40 h. Saída a pé dende Sarria ata Barbadelo, 4,4 Km. de dificultade media / alta, con chegada prevista para as 9:45 h. No percorrido analizaranse os primeiros recursos culturais e medioambientais, xunto coa xestión das infraestructuras; a través da análise e posta en común cos participantes.
9:45 h. Traslado en bus dende Sarria en dirección Santiago de Compostela con chegada estimada para as 12:10 h. No traxecto levarase a cabo a presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que se compartirá a percepción da situación do Camiño Francés dende cada ámbito.
12:00 – 12:30 h Dinámica na Praza do Obradoiro. Analizarase o comportamento e as reaccións de cada persoa ó chegar diante da catedral, logo de tanto esforzo. Transmitirase a importancia do Camiño para cada persoa, e en consecuencia o traballo dos profesionáis do sector deberá ir encamiñado a mellorar a súa experiencia.
12:30 h Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ara o final da avenida de San Lázaro, 3,3 Km. De dificultade baixa, conchegada prevista ás 13:35 h.
13:35 – 15:15 h. Tempo libre para xantar (ofrecerase ó comezo da xornada a posibilidade de reservar o xantar co grupo).
15:15 h. Traslado en bus entre Santiago e Arzúa, 35,8 Km. realizando diferentes dinámicas de autobús que nos axuden a reforzar a mensaxe e acadar os obxectivos perseguidos con este proxecto.
16:00 h. Último tramo a pé do Camiño Francés entre Arzúa e Ribadiso, 3,2 Km. de dificultade media/baixa para o que se estima finalizar ás 16:45 h. O traxecto desenvolverase en dirección oposta os peregrinos, o que permitirá aumentar o número de encontros e diálogo cos participantes a través de dinámicas participativas, contrastando as súas opinións coas que se recibiran no tramo anterior, xa en Santiago. Do mesmo xeito, poderase analizar e comparar a xestión dos recursos entre o destino final e un dos tramos seleccionados.
16:45 h. Regreso dende Ribadiso con dirección Sarria, con chegada prevista para as 18:30 h. Na viaxe de regreso levarase a cabo a elaboración dun DAFO de maneira conxunta, ademáis das enquisas persoais entregadas a cada participante.
Data: 1 de agosto de 2020: Aprazada. Próxima data: 24 de outubro de 2020
Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!
Plazas limitadas: 20 persoas
Contacto e inscrición:
Podes reservar no seguinte link:
https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-primitivo
Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).
Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Primitivo.
Programa: Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:
8:30 h. Recepción dos participantes da xornada na Casa Consistorial de Lugo.
9:00 h. Saída dende o Concello para realizar unha visita de curta duración por Lugo coñecendo a historia da cidade e ó seu patrimonio histórico e cultural, prestándolle especial atención á Catedral e a Muralla.
9:30 h. Comezo do primeiro tramo a pé polo Camiño Primitivo saíndo de Porta Miñá ata a Ponte Romana, 2,5km. De dificultade baixa con chegada prevista para 10:15 h. A través da andaina de salida en sentido contrario ós peregrinos poderemos ver de frente as sensacións que nos trasmiten aqueles que nos atopemos, e qué atopa un visitante cando realiza a entrada á cidade histórica de Lugo, unha das paradas máis importantes do Camiño Primitivo.
10:15 h. Recollida do autobús e saída de Lugo en dirección Santiago nunha viaxe de 20 min. para facer a primeira parada en Crecente. No traxecto levarase a cabo unha pequena presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que se compartirá como se percibe a situación do Camiño Primitivo dende o seu sector.
10:35 h. Comezo do segundo tramo a pé polo Camiño Primitivo dende Crecente ata Castrelo, 2,5km. de dificultade baixa con chegada prevista para as 11:10 h. No percorrido analizaranse os recursos culturais e medioambientais, xunto coa xestión das infraestructuras; a través da análise e posta en común cos participantes.
11:10 h. Desprazamento en Bus dende Castrelo ata Melide, 45km. con chegada prevista ás 12:10. Logo de ter percorrido o segundo tramo a pé do Camiño, levarase a cabo unha posta en común das primeiras conclusións extraídas por cada participante.
12:15 h. Terceiro e último tramo a pé da mañán polo Camiño Primitivo dende Melide ata Boente, 5km. de dificultade baixa con chegada prevista para a 13:30. Un último vistazo e análise do Camiño xa en confluencia co Camiño Francés antes de partires hacia a meta final dos peregrinos en Santiago de Compostela.
13:30 h. Desprazamento en Bus ata Santiago de Compostela, 36km. con chegada prevista ás 14:30.
14:30 – 16:30 h. Tempo libre para xantar.
16:30 – 17:00 h. Dinámica na Praza do Obradoiro, punto de paso obrigado para todos os peregrinos. Analizarase o comportamento e as reaccións de cada persoa o chegar diante da catedral, logo de tanto esforzo. Transmitirase a importancia do Camiño para cada persoa, e en consecuencia o traballo dos profesionáis do sector deberá ir encamiñado a mellorar a súa experiencia.
17:00 h. Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ata medio camino ata San Lázaro, 2,5 Km. de dificultade baixa, cunha chegada prevista para as 17:30 h. Do mesmo xeito que na acción do Obradoiro, analizarase o comportamento dos peregrinos “mirandolles a cara e vendo a súa realidade”. Ademáis desta dinámica na que se promoverá a conversa entre profesionáis e peregrinos, levarase a cabo unha análise de aspectos a mellorar, xunto coas accións máis oportunas.
17:30 h. Regreso dende Santiago de Compostela con dirección Lugo. 104 Km. con chegada prevista para as 19:40 h. Realizarase unha pequena parada técnica de 30 minutos a medio camiño en Melide para facer unha última posta en común e peche da xornada ó redor dun café e compartir a visión que leva cada un dos participantes do Camiño, os seus recursos e o seu potencial
Data: 15 de febreiro de 2020
Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!
Contacto e inscrición: Podes reservar no seguinte link:
https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-norte
Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).
Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Norte.
Programa: Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:
8:30h. Recepción no Concello de Mondoñedo.
9:00h. Saída dende o Concello para realizar unha visita de curta duración pola cidade de Mondoñedo prestando especial atención ó patrimonio histórico e as figuras de Álvaro Cunqueiro e Pardo de Cela.
9:30h. Saída dende Mondoñedo en dirección Sobrado dos Monxes. Unha viaxede 92,4 Km. por estrada. No traxecto levarase a cabo a presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que compartirán como se percibe a situación do Camiño Norte dende o seu sector.
11:00 h. Visita e análise do mosteiro de Sobrado dos Monxes
11:15h. Tramo a pé polo Camiño Norte entre Sobrado dos Monxes ata As Corredoiras, 8,6 Km. de dificultade media/baixa.
O traxecto permitirá aumentar o número de encontros e diálogo cos participantes a través de dinámicas participativas. Do mesmo xeito, poderase analizar e comparar a xestión dos recursos entre o destino final e un dos tramos seleccionados.
13:15 h. Desprazamento en autobús dende As Corredoiras ata Arzúa realizando diferentes dinámicas e analizando o tramo a pé.
14:00h – 16:00h. Xantar
16:00h. Desprazamento dende Arzúa ata Santiago, 35,8 Km. realizando diferentes dinámicas de autobús que nos axuden a reforzar a mensaxe e acadar os obxectivos perseguidos con este proxecto.
17:00h. Visita ó Obradoiro na que se analizará tanto o conxunto arquitectónico como a percepción do peregrino ó alcanzar a súa meta.
17:30 h. Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ata o final da avenida de San Lázaro, 3,3 Km. de dificultade baixa, cunha chegada prevista para ás 18:15 h. Analizarase o comportamento dos peregrinos “mirándolles a cara e vendo a súa realidade”. Ademais desta dinámica na que se promoverá a conversa entre profesionais e peregrinos, levarase a cabo unha análise de aspectos a mellorar.
18:15h. Viaxe de regreso por estrada dende San Lázaro con dirección Mondoñedo, 109 Km. con chegada prevista para as 20:10 h.
Data: 8 febreiro de 2020
Prazo de inscrición: Do 7 ao 25 de xaneiro
Contacto e inscrición: info@maisqueromanicorutas.com
Plazas limitadas: 34 persoas
Descrición: Un dos segredos mellor gardados de Galicia é o Camiño de Inverno, unha maneira mais doada de chegar a Compostela, percorrendo paisaxes máxicas, agochadas dende épocas inmemoriables para manter a espiritualidade da nosa terra.
Programa:
9:30 h. Recepcion de Asistentes en Chantada.
10:30 h. Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao). Entrega de material os asistentes e presentacion da etapa do Camiño de Inverno.
Charla Patrimonio Inmaterial: Aturuxos e Folions (Asociacion Folion de Carros de Chantada).
11:30 h. Traslado dos participantes a Diomondi. Visita a igrexa románica de San Paio de Diomondi e antiguo Pazo Episcopal.
Charla: Dende Roma a Santiago: viño, bispos e mosteiros.
12:30 h. Etapa interpretativa do Camiño de Inverno desde Diomondi ao Pobo de Belesar.
Charla: Os recursos fluviais do Miño o seu paso polo Camiño de Inverno.
14:30 h. Traslado e comida na adega Via Romana acollida á D.O.Ribeira Sacra. Degustacion de productos da zona.
16.00 h. Etapa Camino de Invierno: Belesar-Chantada.
19:00 h. Visita ao Mosteiro de San Salvador de Asma.
Charla: Industrias agroalimentarias emerxentes na Estela do Camiño de Inverno
20:30 h. Clausura da xornada.
Data:16 de xaneiro de 2020
Prazo de inscrición: Apartir do 29 de decembro
Plazas limitadas: 25/30 persoas
Contacto e inscrición: info@guiadospontevedra.com
Descrición: O Camiño Portugúes pola Costa segue o litoral atlántico dende Porto, pasando por Viana do Castelo, A Guarda e Vigo, ata unirse co Camiño Portugués Central en Redondela. Utilizado dende o século XVI polos peregrinos, este camiño esta medrando de forma imparable. Motivos non lle falta: fermosas paisaxes, precorrido doado sen grandes desniveis, boa infraesctructura, praias, cultura…sen esquecer a gastronomía e as increibles postas de sol sobre o mar.
Programa:
9:00. Encontro enfrente da entrada principal do Parador en Baiona, oficina de turismo.
Presentación e visita guiada ó Casco Histórico de Baiona
10:30. Visita Casa da Navegación en Baiona
11:15 Continuación no autocar para a ruta a Santa María de Oia.
11:45 Visita a Iglesia e ao Mosteiro de Santa María de Oia.
13:00 Xantar en casa Henriqueta (Oia).
14:00 Saída para Caminha
15:15 Ferry transbordador Caminha – A Garda
16:00 Camiñata Camiño Portugués pola costa.
18.00 Traslado a Baiona para análese Dafo.
19:00 Fin da xornada en Baiona
Data: 5 de decembro de 2019
Prazo de inscrición: Apartir do 15 de novembro
Contacto e inscrición: info@guiadospontevedra.com
Plazas limitadas: 25/30 persoas
Descrición: A cidade de Pontevedra e o culto a Virxe Peregrina son elementos vencellados a tradición Xacobea. Caldas de Reis, así como a etapa de peregrinación entre Pontevedra e Caldas son actividades cada vez mais solicitadas polos grupos que visitan Galicia.
A realización de este Camiño de Peregrinación vai parello a outros productos turísticos importantes tales coma o Turismo Termal en Caldas, as visitas a Casa Rosalia en Padrón dentro da Ruta da Camelia para amantes das visitas a xardíns de inverno.
Dende os século XII, o fluir de peregrinos cara o norte da Península foi establecendo non so conexións espirituais senon tamen culturais e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca poideron romper. Foi tal a impronta en terras lusas do fenómeno Xacobeo que a propia rede viaria de Portugal configurariase así, de sur a norte, pasando polos lugares que o Camiño Portugués ía fixando cara Galicia.
Programa:
10:00 Recepción de asistentes frente a Igrexa da Peregrina en Pontevedra. Entrega de material os asistentes e presentación Etapa Camiño de Portugués.
10:30 Charla «O Camiño presente no modelo de cidade e dinamizador da economía. Pontevedra fito importante no Camiño Portugués”. Raquel Abollo, guía oficial de Turismo e Técnico de Turismo do Concello de Pontevedra
11:15 Traslado dos participantes ata o Parque Natural Río Barosa e comenzo da etapa.Opción de facer o Camiño a pe.
13:00 Visita guiada o casco histórico de Caldas de Reis e as súa conexión coa Ruta Xacobea. Richard Rivera (Licenciado en Historia da Arte e Guía Oficial de Galicia)
14:30 Comida en Caldas de Reis
16:30 Traslado a Padrón para visitar o Pedrón na Igrexa de Santiago e o Santiaguiño do Monte. Richard Rivera (Licenciado en Historia da Arte e Guia Oficial de Galicia)
Data: 30 de xullo de 2020
Contacto e inscrición: info@genuinegalicia.com
Plazas limitadas: 25 persoas
Prazo de inscrición: do 20 a 28 de xullo ás 00:00h
Descrición: A Vía da Prata é o gran Camiño de Peregrinaxe procedente do Sur de España. Polas súas características de conexión entre a cultura do Sur da Península e o Norte, na Idade Media foi un camiño de intercambio cultural entre a zona cristiana e a zona musulmana. A Vía da Prata pasa por paisaxes moi distintos desde Sevilla ou Córdoba ata Santiago de Compostela, cruzando á súa vez varias ciudades Patrimonio da Humanidade. Por outra banda tamén é un Camiño que pasa porlos lugares máis descoñecidos e agrestes da nosa comunidade, que non se identifican habitualmente con Galicia.
Programa:
09:15 h. Encontro dos participantes en Verín, fronte á Casa do Concello.
Cada participante achegarase ao punto de encontro por medios propios
09:30 h. Inicio da Xornada. Traslado en bus.
Inicio da andaina pola Vía da Prata (1h15 aprox.) Tramo do Camiño entre A Mezquita e Laza.
11:30 h. Pausa café-networking nas carcanías de Laza. Pequena sorpresa.
13:00 h. Visita á igrexa prerrománica de Santiago de Mixós
13:45 h. Almorzo.
15:45 h. Cada participante se traslada co seu vehículo ao Conxunto Monumental de Monterrei.
16:00 h. Visita ao Conxunto Histórico Artístico de Monterrei
16:30 h. Entrega de material informativo. Focus Group Intercambio sobre o camiño e análise DAFO.
18:00 h. Visita á adega Gargalo de Roberto Verino. Fin de xornada.
Data: 5 de setembro de 2020
Prazo de inscrición: ata o 26 de agosto
Plazas limitadas: 20 persoas
Contacto e inscrición: info@guiadospontevedra.com
Descrición: Os motivos para surcar a ría de Arousa e continuar a travesía polo río Ulla son innumerables e un verdadeiro regalo para os sentidos. E por este motivo que vos queremos presentar un itinerario diferente que nos leva directamente a Compostela, a Ruta Xacobea por Mar de Arousa e río Ulla, unha excusa mais para navegar pola mais grande das rías galegas.
Programa
12:00 Encontro na lonxa de Carril. https://goo.gl/maps/h5AxPEEjmLqDFf2P8
Presentación da xornada
12:30 Taller de marisqueo acompañados polas mariscadoras de Amarcarril (inclue botas)
14:00 Xantar
15:30 Visita á Illa de Cortegada
17:30 Ruta Traslatio en barco.”Ruta de Mar de Arousa: singular itinerario marítimo e fluvial”.
19:30 Traslado a Carril .Realización da análese Dafo.
Data: 15 de setembro de 2020
Prazo de inscrición: ata o 7 de setembro
Plazas limitadas: 25 persoas
Contacto e inscrición: inf@guiadospontevedra.com
Descrición: Todos os camiños de peregrinación levan a Santiago. Todos menos o Camiño Fisterra-Muxía, o único traxecto que en vez de dirixirse a esta cidade iniciase na propia Compostela e continúa cara o Atlántico en busca do antiguo finis terrae.
Se chegas a Santiago, tan só catro etapas más separan a cidade do litoral máis espectacular: a Costa da Morte.
O Camiño a Fisterra-Muxía e unha posibilidade moi atractiva para alongar o tempo que pasamos en Galicia, aproveitando o magnetismo do antigamente considerado «fin do mundo» e tamén do Santuario da Virxe da Barca. Xa dende fai moitos séculos os peregrinos mostraron interese por chegar a este particular destino. Hoxe en día, a presencia do mar, a lenda e misterio destas terras e da beleza da Costa da Morte en sí seguen sendo un gran reclamo.
Programa:
9:00 Recepción de asistentes na Carballeira de San Lourenzo (Santiago de Compostela). Entrega de material os asistentes e presentación Etapa Camiño Fisterra -Muxia
9:10 Realización da etapa dende este lugar ate Roxos. Linda Planchais ( Guia de Turismo de Galicia)
10:15 Traslado dos participantes ata Pontemaceira en autocar, parada para café. Charla: “Extensión da peregrinación ate o Santuario da Barca, A Compostela, A Fisterrana e a Muxiana”. Linda Planchais.
11:00 Traslado dos participantes en autocar ata Sardiñeiro. Entrega de atributos de peregrino (bastón e concha de vieira)
12:00 Realización da Etapa dende Langosteira ata a Igrexa de Santa Maria das Areas (SXII) “O Románico ó final do Camiño” (Beatriz Perez Pereira. Licenciada en Historia del Arte e Guia Oficial de Galicia)
14:00 Subida o Cabo Fisterra en autobús. Comida en Casa Lestón (Sardiñeiro)*
17:00 Traslado en autobús. Charla: O Impulso da Cristianización do culto Mariano en Muxia, o papel dos monxes do Mosteiro de Moraime”. Beatriz Perez Pereira.
18:00 Visita o Santuario da Virxe da Barca.
Data: 26 de novembro de 2019
Prazo de inscrición: ata o 23 de novembro
Contacto e inscrición: info@genuinegalicia.com
Plazas limitadas: 50/55 persoas
Descrición: O camiño Inglés é unha ruta de unión entra diversas culturas, dende o século XII persoas procedentes da Escandinavia, Países Baixos, norte de Franza, Inglaterra, Escocia e Irlanda, chegaban en barco aos principias portos do Norte de Galicia para proseguir a pé ata a tumba do Apóstolo. É precisamente esta orixe marítima a que outorga un carácter especial ao Camiño Inglés, por este motivo as actividades organizadas nesta xornada mostrarán a conexión desta ruta co litoral galego e co gran patrimonio cultural e natural que mostra o Camiño de Santiago ao seu paso por estas terras.
Programa: