FOROS PROTURGA

PUNTO DE ENCONTRO DE PROFESIONAIS

DE TURISMO EN GALICIA

ESTATE Á ÚLTIMA

SOBRE A ACTUALIDADE DO TURISMO EN GALICIA

E PARTICIPA NAS NOSAS ACTIVIDADES

PREV
NEXT

QUÉ SON OS FOROS DE PROTURGA?

O Foro de Proturga que se organizan con carácter periódico nas distintas cidades galegas, nace co principal obxectivo de converterse no punto de encontro imprescindible para os profesionais do turismo e responder ás necesidades do sector en canto ao coñecemento continuo dun sector tan cambiante e competitivo.

Está dirixido a todas aquelas persoas formadas ou en período de formación relacionada co turismo, así como aos traballadores e empresarios neste sector económico.

Este evento, en cada unha das edicións, tratará unha temática de actualidade e de grande interese no eido turístico, que aportará novos coñecementos de gran valía para os profesionais do turismo.

A súa estrutura contará con tres apartados diferenciados:

  1. Parte Teórica, formada por un conxunto de conferencias nas que se abordará a temática a tratar dende distintos enfoques e distintos subsectores turísticos.

  2. Parte de Debate, que consistirá en varias Mesas Redondas na que os participantes comentarán o seu punto de vista sobre un aspecto concreto relacionado coa temática principal.

  3. Parte Práctica, na que se levarán a cabo actividades relacionadas co tema a tratar no Foro, como visitas guiadas a enclaves de gran importancia no eido da temática principal ou obradoiros.

Asemade, convocaremos  o Premio Proturga no que se premiará soci@ colaborad@r do ano anterior.

ABERTO A COLABORACIÓNS

O Foro Proturga é un proxecto colaborativo, e polo tanto está aberto a ideas e colaboracións que teñan cabida e axuden a mellorar o evento. O e-mail info@proturga.org está aberto para todas as iniciativas que poidan xurdir e para empresas que desexen aportar o seu gran de area.

Para máis información ou entrevistas:

Teléfono de contacto de PROTURGA: 635.051.768

ÚLTIMOS FOROS

I FORO PROTURGA

I FORO PROTURGA     Obxecto O obxecto desta convocatoria…

II FORO PROTURGA: Enoturismo en Galicia: Iniciativas, Experiencias e Retos.

II PREMIO PROTURGA Á “MELLOR TRAXECTORIA PROFESIONAL” Obxectivo Recoñecemento á…

III FORO PROTURGA

Inauguran o III FORO PROTURGA ”TURISMO NÁUTICO E MARIÑEIRO EN…

IV EXPERIENCIAL PROTURGA. DO TURISMO ACCESIBLE AO SENSITIVO

DÍAS: 1 E 2 DE DECEMBRO DE 2016. LUGAR: Auditorio…

SUBIR