Crónica de la Tercera Edición del Taller de Turismo Accesible de Proturga – por Laura López
- Publicado en Turismo, Turismo accesible
PROTURGA asiste a un Workshop organizado pola Axencia de Turismo de Galicia e PREDIF- Santiago 17 novembro 2015
PROTURGA participou este pasado martes día 17 nun workshop organizado pola Axencia de Turismo de la Xunta de Galicia e a Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física (PREDIF) que tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela.
Estas mesas foron organizadas para coñecer a opinión e as necesidades percibidas polos profesionais do sector turístico e os xestores de destinos turísticos de Galicia co fin de elaborar o Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e o Plan de Accesibilidade do Camiño de Santiago.
Proturga puido asistir á primeira mesa de traballo que se realizou entre as 9 e as 11.30 da mañá.
Asistiron a mesma entidades do sector hoteleiro, administracións públicas, axencias de viaxes, rutas do viño, etc.
Algúns dos exemplos de traballo e iniciativas en materia de turismo accesible que saíron durante a xornada foron as seguintes:
- Nova app de Predif TUR4all, unha aplicación móbil de turismo accesible onde se recolle as condicións de accesibilidade de máis de 2400 establecementos turísticos de todo o territorio español.
- Festa do Marisco de O Grove. O Concello, dentro do Plan de Turismo Accesible, contou coa colaboración dunha das asociacións locais para o deseño dunha festa accesible.
- Ruta do Viño Rías Baixas, único itinerario galego incluído na Guía de Rutas Enolóxicas de España editada por PREDIF, con 15 establecementos socios dentro da guía.
- Arousa Norte, que ofrece experiencias adaptadas para persoas con discapacidade.
- O Concello de Lugo cun portal web de accesibilidade da cidade .
- Guía de Turismo Accesible Rías Baixas.
- Guías de Aloxamentos Accesibles de Turismo de Galicia.
- Pousadas do Salnés. Proxecto de Pousadas Accesibles na Comarca do Salnés.
Estes son só algúns dos exemplos destacados durante a xornada.
Algúns puntos críticos que se analizaron durante a mesa, tanto en relación ós Profesionais do Turismo como ó sector turístico, foron as seguintes:
- Falta de formación e sensibilización en materia de Turismo Accesible dos Profesionais.
- Falta de formación sobre Turismo Accesible nos estudos regrados de Turismo.
- Necesidade de guías sobre turismo accesible para saber cómo actuar tanto na atención ao turista con algunha discapacidade puntual ou permanente, como para a adaptación dos establecementos.
- Falta de sinerxias entre administración, empresas, profesionais e asociacións de discapacitados.
- Necesidade de que se contemple no Observatorio de Turismo un estudo dos turistas con discapacidade que chegan a Galicia.
- Problemática coa LOPD en gardalo Cárdex dun turista xa aloxado nun establecemento hoteleiro, o cal facilita datos moi importantes ante un cliente con algún tipo de discapacidade.
- Falta de subvencións e apoio da Administración Pública.
- Facer un destino accesible, non só un establecemento.
- Control sobre as medidas aplicadas en Turismo Accesible.
- Falta de experiencias adaptadas para turistas con discapacidade.
- Webs turísticas que non son accesibles para todos.
- Problemática en mantemento de RRSS por cambio de constante de persoal na administración pública.
- Sistemas de calidade turística como a Q ou SICTED deben ser más ríxidos en canto accesibilidade se refire.
- Necesidade de especificar nas enquisas para os turistas/visitantes en qué consiste o termo xeral de turismo accesible.
Proturga é unha asociación pioneira en formar aos profesionais do sector dende hai tres anos e colaborando coas asociacións de persoas con discapacidade a nivel autonómico e estatal, polo que agradecemos a Predif e a Axencia de Turismo esta oportunidade, porque ademais de poder aportar como asociación que somos, puidemos tomar nota de moitos aspectos críticos que temos no sector.
- Publicado en Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
III Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade visual e auditiva
O vindeiro sábado 21 de novembro chega a Monforte de Lemos unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por PROTURGA.
Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade visual e auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga e con Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG. Este ano ademáis contaremos con Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Parador de Monforte de Lemos.
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa). Asunto: Taller Turismo Accesible.
PROGRAMA:
10: 00 – Recepción e inauguración
10:15- 12:15 – DISCAPACIDADE VISUAL
Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
– Discapacidade visual.
– Relación e comunicación con persoas con discapacidade visual: pautas para o trato e atención
– Suxerencias para a adaptación de entornos e espacios físicos.
– Recomendación para a adaptación de contido e actividades.
– Exemplos de experiencias en turismo accesible.
12:15- 12: 45- DESCANSO
12:45 – 14:00- DISCAPACIDADE AUDITIVA
Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG.
– Qué é unha persoa xorda? E a Lingua de Signos?.
– Adaptación dos establecementos turísticos a persoas con discapacidade auditiva.
16:00 – 18:30 – Julia Saavedra- Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo. Posuidora do Título de Intérprete de Lingua de Signo. Socia de Proturga.
– Ferramentas e exemplos de boas prácticas de comunicación con turistas con discapacidade auditiva.
– Taller práctico da Lingua de Signos para profesionais do sector do turismo. Nivel Inicación.
- Publicado en Actividades, Turismo, Turismo accesible