NOVIDADES D@S NOS@S PROTURGUEIR@S
CASA DO BATÁN
Contacto: casadobatan@casadobatan.com / 982 598 223 / 677 567 798
Xa está preto a data de apertura do noso socio bataneiro “CASA DO BATÁN”. O próximo día 15 de marzo xa vos podedes pasar por Chavín-Viveiro para a unha estancia “con encanto entre dous ríos”. Ademáis podedes seguilos polas redes sociais onde están abertos todos os días do ano.
Recentemente déronnos a coñecer que foron incluídos nunha selección de Hoteles Boutique de menos de 15 habitacións feita por Condé Nast Traveler España.
Dende Proturga queremos felicitar a Casa do Batán polos recoñecementos polo seu traballo!.
Deixámosvos o enlace: http://www.traveler.es/viajes/rankings/galerias/hoteles-boutique-pequenos-de-lujo-y-menos-de-15-habitaciones/1315/image/64954
Destacamos tamén esta noticia:
– Casa do Batán, entre los diez mejores hoteles con encanto de España: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2015/12/04/casa-do-batan-chavin-diez-mejores-hoteles-encanto-espana/0003_201512X4C5992.htm
MÁIS QUE ROMÁNICO
http://www.maisqueromanicorutas.com/
Contacto: info@maisqueromanicorutas.com/ 646 533 229
A última incorporación á familia proturgueira son as nosas socias amantes da arte e arquitectura románica “MÁIS QUE ROMÁNICO”.
Destacable e moi exitoso foi o seu fin de semana románico o pasado 20 e 21 de febreiro. Organizaron unha convivencia con xente interesada na arte románica na Casa dos Muros (Frontón-Lugo), contando con charlas teóricas a cargo de Cristina Párbole, de La Huella Románica, experta en arte románica, e xunto con visitas guiadas ás igrexas destacables da Ribeira Sacra.
Comentarvos que foi todo un éxito de asistencia con xente chegada dende Galicia, Salamanca, Asturias e O Bierzo e tamén xunto a presencia e colaboración de compañeir@s da profesión.
Dende Proturga esperamos e animamos a que sigan con esta iniciativa tan boa para o coñecemento e posta en valor do noso patrimonio. Tedes todo o noso apoio e colaboración!
Fotos: https://www.facebook.com/permalink.php?story_fbid=977387822348590&id=260918203995559
Prensa: Un fin de semana para conocer el románico de la Ribeira Sacra http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/panton/2016/02/17/fin-semana-conocer-romanico-ribeira-sacra/00031455655015437965453.htm
Vídeo: https://www.facebook.com/televintechantada/videos/10153870534847158/
Máis que románico segue de ruta e este pasado fin de semana participou tamén no #Cocidoday en Chantada e ademáis estarán colaborando no Desafío Vía Romana o próximo día 6 de Marzo. Recomendado!
PROMOVE CONSULTORÍA
http://promoveconsultoria.com/
Contacto: info@promoveconsultoria.com/ 667 603 421 / 659 192 541
As nosas consultoras proturgueiras de Promove están que non paran! Entre os proxectos recentes de Promove e as colaboracións están os seguintes: (botádelle um ollo os enlaces que vos passamos!)
– PRESTOGAL– Prestogal é unha plataforma web para a promoción do consumo colaborativo. Un proxecto moi interesante e que dende Proturga esperamos que teña un longo recorrido.
http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14082#.Vqs8DjFVlf8.facebook
https://www.youtube.com/watch?v=-THNSDaVdCA&feature=share&list=PLsPprED6arXCfsuRfoD2sODopmkEZhCmM
–Caravana de Sensacións – Qué é iso da caravana de sensacións? «Redescubrir un destino guiados polas emocións” No enlace seguinte tedes un vídeo resumen: https://www.facebook.com/arousanorte/videos/902369876549185/
– Actividades de formación: Obradoiro sobre emprendemento con profesores do CIFP Carlos Oroza / Encontro con técnicos e políticos dos concellos que forman parte das Reservas da Biosfera Terras do Miño e Ancares, para mostrarlles a metodoloxía práctica dos Campus de Emprendemento Sostible.
– Encontros de traballo: Coa Mancomunidade da Mariña Lucense para tratar temas de turismo do xeodestino.
– Resultados de proxectos: Resultados do proxecto de sensibilización en violencia de xénero para a poboación nova a través de obradoiros. / Resultados do proxecto piloto Grupo de Traballo Creativo a través dos Adestramentos Colaborativos cos/as emprendedores/as do programa Compostela Movese de Cersia Empresa
Outros proxectos de Promove: Producto Turístico Slow / Ruta do Mexillón Sensitiva
Estes son só algún dos proxectos en que Promove anda metido pero moitos máis están por vir. Estos días encóntranse por terras andaluzas e canarias para traer moitas máis ideas sobre o Turismo Slow e sobre Xeoparques. Esperamos novas!
GUÍAS OFICIALES GUIADOS PONTEVEDRA
http://www.guiadospontevedra.com/es/
Contacto: info@guiadospontevedra.com/654 222 081
As nosas guías oficiais seguen coas suas visitas guiadas por Galicia con algunhas con moito interese para esta época de inverno como son as dos xardíns dos pazos de Galicia.
Guiados tamén estuvo presente nas xornadas do románico organizadas pola nosa empresa socia «Máis que románico».
Algunhas das noticias recentes que Guiados nos destacou no seu Facebook foron as seguintes:
– «Turismo lanza su mayor campaña contra o fraude e as malas prácticas» . Unha das noticias máis esperadas para o sector e para a profesión dos guías é esta dos controis contra o intrusismo e as malas prácticas: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/02/25/turismo-lanza-mayor-campana-contra-fraude-malas-practicas/0003_201602G25P6991.htm
– O pasado domingo 21 de febreiro festexouse o día Internacional do Guía Turismo, e para celebralo a Asociación de Guías de Galicia – Apit organizou varias visitas guiadas gratuitas nas seguintes cidades galegas: Ferrol, A Coruña, Santiago e Ourense. https://www.facebook.com/guiasdegalicia.apit/posts/1183990324979546
Para rutas por Galicia non dubidedes en contactar con Guiados: http://www.guiadospontevedra.com/es/rutas
- Publicado en Galicia, Sin categoría, socios, Turismo