I FORO PROTURGA
PROGRAMA
10:30 - 11:00. Acreditación e inauguración
11:00- 11:30. "Turismo Deportivo VS Deporte Turístico: unha visión socioeconómica"
Patricio Sánchez, Docente e Vicedecano da Facultade de ciencias Empresariais e Turismo da Universidad de Vigo.
11:30- 12:00. "ORGANIZACIÓN DUN EVENTO DEPORTIVO, REPERCUSIÓN SOCIOECONÓMICA NO DESTINO TURÍSTICO, NECESIDADES E DIFICULTADES PARA OS PARALÍMPICOS. CASO: CAMPIONATO ESPAÑOL DE DUATLÓN E CAMPIONATO MUNDIAL DE TRIATLÓN"
Francisco Villanueva, Presidente da Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno.
12:00 - 12:30: "MARKETING DE CONTIDOS COMO ESTRATEXIA COMUNICATIVA: DÁNDOLLE UNHA VOLTA A LA VUELTA, CASO ESPÍRITU RÍAS BAIXAS"
Alberto Baamonde, Director e Realizador de Zinquin Audiovisual.
12:30 - 13:00. DESCANSO CAFÉ
13:00 - 13:30. ENTREGA DO I PREMIO Á "MELLOR TRAXECTORIA PROFESIONAL"
13:30 - 14:00. "A COMERCIALIZACIÓN DO CICLOTURISMO, SENDEIRISMO E DO CAMIÑO DE SANTIAGO COMO PRODUCTOS TURÍSTICOS NAS RÍAS BAIXAS"
Mar Rodríguez, Directora Xerente de Tee Travel
14:30 - 16:30. XANTAR NETWORKING
17:00 - 18:00. MESA REDONDA: "OS DEPORTISTAS COMO IMAXE DUN DESTINO TURÍSTICO"
18:00 - 18:30. "O POTENCIAL DO SURF COMO FACTOR DE DESENVOLVEMENTO TURÍSTICO"
Carlos Jorge García, Presidente da Federación Española de Surf.
18:30 - 19:00. "O CAMIÑO PORTUGUÉS E A SÚA INFLUENCIA NO TURISMO DEPORTIVO"
Celestino Lores, Presidente dos Amigos do Camiño Portugués, da Fundación Camiño Portugués de Santiago, da Saint James Way European Association e Director do Albergue de Peregrinos "Virgen Peregrina" de Pontevedra.
19:00 - 19:30. "TURISMO DE AVENTURAS E DESENVOLVEMENTO LOCAL. O CASO DAS RÍAS BAIXAS"
Fredy Iglesias, Director Técnico de Aristótelis Gestión e Turismo SL e Xerente de Guías Malouco.
19:30 - 20:30 VISITA GUIADA PONTEVEDRA
PRENSA
- Concello y sector turístico vinculan los eventos deportivos a la marca Pontevedra. Faro de Vigo. 28.04.2013
- Pontevedra le saca punta al turismo deportivo. Diario de Pontevedra.
I PREMIO PROTURGA
Obxecto
O obxecto desta convocatoria é o recoñecemento a traxectoria profesional para os asociados de PROTURGA.
Requisitos d@s candidat@s
As candidaturas son a título persoal.
Para optar a este premio, @s participantes deberán ser soci@s de PROTURGA, e será indispensable ter aboada a cota correspondente o ano 2013 para poder participar.
En caso de querer participar neste premio hai que asociarse antes do 19 de abril de 2013.
Categoría
Premio á “Mellor traxectoria profesional”
Presentación
Só se poderá presentar unha única candidatura por persoa.
Presentaranse exclusivamente vía correo electrónico e sempre que as peticións sexan admitidas con resposta. Non participará nengún membro da Xunta Directiva de Proturga.
Prazo
O prazo de presentación de candidaturas abarca dende o 28 DE MARZO ata o 22 DE ABRIL de 2013.
Documentación
1- Currículum Vitae
2- Anexo I
3- Presentación de documento ou vídeo para exposición de candidatura A defensa de candidatura presentado non poderá exceder de dúas follas en formato Word.
Os candidatos terán a posibilidade, si así o desexan, de enviar un vídeo no que defendan a súa traxectoria profesional. Os candidatos cederán os dereitos para a emisión deste vídeo na web de proturga. O vídeo deberá ter as seguintes especificacións técnicas:
Formatos de vídeo: .wmv, .mpg, .avi o .mov
Duración máxima: 1 minuto 30 segundos.
Ademáis, os candidatos deberán enviar toda a información en un único correo electrónico a dirección premios.proturga@gmail.com (solo serán admitidos aqueles que reciban resposta expresa por correo electrónico). O idioma elixido poderá ser galego ou castelán.
Criterio de valoración
A Valoración terá un total de 5 puntos:
1. Innovación na presentación (1 punto)
2. Orixinalidade na presentación
2.1. Formato texto (0.5 puntos)
2.2. Formato vídeo (1 punto)
3. O que conte con máis méritos na súa traxectoria (ata 1 punto)
4. O modelo de traballo en equipo, tipo de colaboración, redes de interconexión… (1 punto)
5. Colaboración noutras asociacións (acreditación pola asociación pertinente) (1 punto)
Premio
O candidat@ gañador darase a coñecer uns días antes na web específica do I Foro de Proturga de 2013.
O gañador do " I Premio Proturga á mellor traxectoria profesional" recibirá un trofeo e a cota anual de 2014 gratuíta, así como una serie de premios en especie ofrecidos por entidades colaboradoras do evento. O premio darase a coñecer na web do foro e nas redes sociais da asociación. Faráselle entrega no Foro o día 27 de abril de 2012.
Os candidatos ós Premios consenten que Proturga e as empresas Patrocinadoras dos Premios poidan utilizar os seus datos persoais e imaxe en todas aquelas actividades relacionadas co premio, con fins publicitarios, de divulgación e/ou con calquera actividade promocional sen que estes teñan dereito a recibir pago ou contraprestación algunha por elo.
O gañador do"I Premio Proturga á mellor traxectoria profesional “cederá os seus dereitos de imaxe a Proturga así como os patrocinadores e co-patrocinadores dos Premios, durante o ano 2013 ou posteriores para calquera actividade e/ou a publicación de calquera información relativa ós Premios 2013.
Xurado
Un xurado formado pola Xunta Directiva de Proturga elixirá ao gañador en función dos criterios mencionados na parte sexta.
A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán a través da web. PROTURGA reserva o dereito de substituír en caso de necesidade a calquera membro do Xurado, o que se comunicará a través da web aberta para o foro.
O Xurado terá competencia exclusiva para determinar, en calquera momento, a adecuación d@s soci@s e dos traballos as presentes Bases de participación e acordar no seu caso a exclusión dos mesmos. Tamén ostentará o Xurado competencia exclusiva para resolver calquera controversia xurdida en relación coas Bases de Participación ou con calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas.
O Xurado poderá solicitar @s soci@s que en calquera momento do proceso das aclaracións que xulgue necesarias sobre a documentación presentada ou a ampliación da mesma.
A decisión do Xurado será inapelable.
Aceptación
Para participar será imprescindible a aceptación expresa e o cumprimento das presentes Bases. A excepción ou reserva de calquera tipo sobre as Bases de Participación así como o incumprimento das mesmas suporán a inadmisión d@ participante.
Para participar será necesario cumprimentar a declaración xurada ANEXO I, coñecer as presentes Bases de Participación e cumprir con tódolos requisitos e condicións impostas polas mesmas.