II FORO PROTURGA
O 24 de maio de 2014 celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense o II Foro de Proturga co título Enoturismo en Galicia: Iniciativas, Experiencias e Retos. Escolleuse Ourense como lugar de celebración pola forte presenza da industria vitivinícola nesta terra, xa que catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia atópanse na provincia ourensana.
O foro xirou ao redor de catro mesas redondas onde estiveron presentes diferentes profesionais relacionados co mundo do viño, da comunicación, da docencia universitaria, e do enoturismo.
PROGRAMA
09:30-10:00. ACREDITACIÓN
10:00-10:30. INAUGURACIÓN:
Dna. Mónica Vázquez Blanco, Concelleira de Turismo do Concello de Ourense.
D. Antonio Aguarón Turrientes, Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense da Xunta de Galicia.
D. Francisco González López, Presidente do Clúster de Turismo de Galicia.
Dna.Verónica Pichel Guisande, Presidenta de PROTURGA.
10:30-11:30. “INICIATIVAS, EXPERIENCIAS E RETOS DOS CONSELLOS REGULADORES DAS DENOMINACIÓNS DE ORIXE DE GALICIA”
Modera: D. José Iván Martínez Arias, Técnico do Concello de Ribadavia, Técnico da Ruta do Viño do Ribeiro e membro de Proturga.
D. Miguel Ángel Viso Diéguez, Presidente do C.R.D.O. Ribeiro.
D. José Luis García Pando, Presidente do C.R.D.O. Valdeorras.
D. José Manuel Rodríguez González, Presidente do C.R.D.O. Ribeira Sacra
D. Ramón Huidobro Vega, Secretario Xeral do C.R.D.O. Rías Baixas
11:30-12:30. “INICIATIVAS, EXPERIENCIAS E RETOS DAS RUTAS DO VIÑO DE GALICIA”
Modera: D. José Antonio Fraiz Brea, Coordinador do Master Interuniveristario en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade de Vigo.
Dna. Alexandra Seara, Xerente do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra.
D. José Iván Martínez Arias, Técnico da Ruta do Viño do Ribeiro.
Dna. Laura Expósito Lores, Técnica da Ruta do Viño das Rías Baixas.
12:30-13:00 Descanso Café
13:00 -14:00 “INICIATIVAS, EXPERIENCIAS E RETOS DAS EMPRESAS DE ENOTURISMO DE GALICIA”
Modera: Dna. Iria Caamaño, Docente do Master Interuniveristario en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade da Coruña e membro de Proturga.
Dna. Amparo Montenegro López, Xerente de Enoturismo Galicia.
D. Antonio Rodríguez Álvarez, Xerente de AbaSacra “Tren Turístico Ribeira Sacra” e do Restaurante La Cantina.
D. Alberto Traversa, membro do equipo directivo de La Alacena Roja.
D. Ramón Burdeos Quintana, membro do equipo da touroperadora internacional e axencia galega Tee Travel.
14:00 - 14:15 ENTREGA II PREMIO PROTURGA
14:30 - 17:00 COMIDA NETWORKING
17:00 -18:00 “INICIATIVAS, EXPERIENCIAS E RETOS DAS ADEGAS DE GALICIA”
Modera: D. Manuel Gago Mariño, director de culturagalega.org e profesor asociado na Facultade de CC. da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela.
Dna. Alicia Martínez Portas, Técnica de Enoturismo e Comunicación de Pazo Baión.
D. Alberto G. Úbeda, Fundador e Xerente da Sociedade Adegas Valdavia.
D. Óscar González Rizo, Enólogo de Adegas e Viñedos Vía Romana.
18:00-19:00 CATA DE VIÑOS GALEGOS
(aforo limitado a 20 pax)
Sumiller: Patxi Movilla, Gastroteca SCQ
II PREMIO PROTURGA Á “MELLOR TRAXECTORIA PROFESIONAL”
Obxectivo
Recoñecemento á traxectoria profesional.
Requisitos d@s candidat@s
Para optar a este premio, @s participantes poden ser soci@s e non soci@s de PROTURGA.
A candidatura pode ser presentada a nivel particular ou empresa.
Categoría
Premio á “Mellor traxectoria profesional”
Presentación
Só se poderá presentar unha única candidatura por persoa ou empresa. Se a candidatura é presentada como empresa non se poderá presentar a nivel particular un/unha traballad@r desa mesma empresa. Presentaranse exclusivamente vía correo electrónico e sempre que as peticións sexan admitidas con resposta.
Non participará nengún membro da Xunta Directiva de Proturga.
Prazo.
O prazo de presentación de candidaturas abarca dende o 20 DE ABRIL ata o 20 DE MAIO DE 2014.
Documentación
1. Traxectoria profesional particular (Currículum Vitae) / Traxectoria profesional empresarial.
2. Declaración xurada. Modelo Anexo I.
3. Acreditación de colaboración noutras asociacións.
A defensa da candidatura presentada non poderá exceder de dúas follas en formato PDF.
Ademais, os candidatos deberán enviar toda a información nun único correo electrónico a dirección premios.proturga@gmail.com (solo serán admitidos aqueles que reciban resposta expresa por correo electrónico).
O idioma elixido poderá ser galego ou castelán.
Criterio de valoración
A Valoración terá un total de 5 puntos:
1. Traxectoria profesional particular (Currículum Vitae) / Traxectoria profesional empresarial (ata 2 puntos)
2. Ser soci@ de PROTURGA (1 punto)
3. Marca persoal / marca empresarial en RRSS (ata 1 punto)
4. Colaboración noutras asociacións:
4.1. Con acreditación pola asociación pertinente (ata 1 punto)
4.2. Sen acreditación pola asociación pertinente (ata 0,5 puntos)
Premio
O candidat@ gañador darase a coñecer uns días antes na web www.proturga.org/foro/
O gañador do ” II Premio Proturga á mellor traxectoria profesional” recibirá:
- Un trofeo.
- A cota anual de 2015 gratuíta para participantes soci@s
- Unha experiencia turística valorada en 200 € de entidades colaboradoras do evento. Esta darase a coñecer na web do foro e nas redes sociais da asociación.
Faráselle entrega no Foro o día 24 DE MAIO DE 2014.
Os candidatos ós Premios consenten que Proturga e as empresas Patrocinadoras dos Premios poidan utilizar os seus datos persoais e imaxe en todas aquelas actividades relacionadas co premio, con fins publicitarios, de divulgación e/ou con calquera actividade promocional sen que estes teñan dereito a recibir pago ou contraprestación algunha por elo.
O gañador do "II Premio Proturga á mellor traxectoria profesional" cederá os seus dereitos de imaxe a Proturga así como os patrocinadores e co-patrocinadores dos Premios, durante o ano 2014 ou posteriores para calquera actividade e/ou a publicación de calquera información relativa ós Premios 2014.
Xurado
Un xurado formado pola Xunta Directiva de Proturga elixirá ao gañador en función dos criterios mencionados na parte sexta.
O Xurado terá competencia exclusiva para determinar, en calquera momento, a adecuación d@s soci@s e dos traballos as presentes Bases de participación e acordar no seu caso a exclusión dos mesmos. Tamén ostentará o Xurado competencia exclusiva para resolver calquera controversia
xurdida en relación coas Bases de Participación ou con calquera outra circunstancia non prevista nas mesmas.
O Xurado poderá solicitar @ participante que en calquera momento do proceso aclare calqueira punto sobre a documentación presentada ou a ampliación da mesma.
A decisión do Xurado será inapelable.
Aceptación
Para participar será imprescindible a aceptación expresa e o cumprimento das presentes Bases. A excepción ou reserva de calquera tipo sobre as Bases de Participación así como o incumprimento das mesmas suporán a inadmisión d@ participante.
Para participar será necesario cumprimentar a declaración xurada ANEXO I, coñecer as presentes Bases de Participación e cumprir con tódolos requisitos e condicións impostas polas mesmas.
XURADO II PREMIO PROTURGA Á MELLOR TRAXECTORIA PROFESIONAL Tal e como se cita no punto oitavo das bases:
“A composición do xurado será composta pola Xunta Directiva de Proturga”.
O xurado reunirase para valorar as candidaturas presentadas unha vez remate ó prazo de presentación e antes da celebración deste II Foro.