• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Apartamentos Rodeiramar, a relaxing weekend…

Apartamentos Rodeiramar, a relaxing weekend…

por Proturga / jueves, 09 enero 2014 / Publicado en Foro

O de pasar unha fin de semana no Morrazo ven como consecuencia do premio que tiven no I Foro Proturga sobre Turismo Deportivo que tivo lugar o 27 de Abril en Pontevedra. Por ter o número 4 tiven a oportunidade de gozar dunha finde completa nos Apartamentos Rodeiramar de Cangas. Fran -o dono- deixoume cambiar 2 noites para 2 persoas por unha para catro.

 

 

 

 

Crónica do premio Proturga, navegar pola ría de Vigo

O sábado 6 facía sol en Compostela, e en toda Galiza. Era a primeira finde de verán que facía bo e todas as praias galegas estaban ateigadas de xente. Nós os 4 fomos cara Ría de Aldán, para ir facendo tempo, pois quedaramos ás 21 horas con Fran. Comimos unhas racións na taberna que hai no porto (o Bar Muelle, pero máis coñecida como “la de Diego”), e que rico estaba todo: os mexilóns, as navallas, as xoubas, os pementos, o pulpo… todo! De feito logo vimos na rede que este bar o recomenda Merchi Rodal, a “larpeira”, no seu blog.

terraza2

Terraza do Bar Muelle, en Aldán

A verdade é que despois dun inverno bastante fresco e prolongado ter unha tarde de praia como a que tivemos agradécese. As praias do Morrazo estaban cheas (a última semana de xuño fixera frío e os hostaleiros estaban preocupados pola campaña de verán), pero como todos tivemos a sorte de gozar, non foi así. E despois de pasar a tarde na Praia de Pipín -entre sombra e chapuzón- ás 21 horas estábamos en Cangas.

praia_2

Esperamos na recepción dos Apartamentos Rodeiramar2A e de seguido apareceron Fran e Merchi, co seu habitual derroche de simpatía, unha fortaleza do negocio. Fomos ata o clube náutico para ver o barco no que iamos durmir e navegar ao día seguinte, e tras unha ducha saímos a pinchar algo (estaban coaIII Feira da Tapa “Cangas sabe ben”), e cear. Facía unha noite tan agradábel que daba magoa abandonar a terraza que tan gustosamente ocupamos para tomar uns gintonics.

O domingo amenceu soleadísimo, era o presaxio dunha xornada na que ía facer unha calor abafante, como así foi. Almorzamos no Náutico, fixemos os preparativos (ducha, trikini, coletas…) e fomos mercar a comida e bebida para todo o día. Ás 12 chegou Fran e comezamos a navegar pola ría de Vigo. Unha magoa non poder ter ido cara Cíes, pero claro, xa se deran todos os permisos de fondeo…

puerto_2

O tráfico marítimo era tamén intensísimo, todo o mundo quixo aproveitar o primeiro domingo en condicións para saír a pasear no barco. Pasamos por diante da vella factoría Massó mentres Fran nos contaba os proxectos que houbo e as pretensións que os propietarios e concello tiñan (pra botarse a chorar!!).

massó2

E sobre a unha do mediodía estabamos xa pegándonos o primeiro chapuzón fronte a praia de Barra, tamén chea de veleiros.

veleros2

Xusto despois de comer, e como tiñamos 2 buzos a bordo, miramos como se preparaban para a inmersión. Mentres, nós tomábamos o sol e nos tirábamos á auga para refrescarnos, mentres esperábamos que nos trouxeran a cea.

buzo2

Xa de regreso para Cangas vimos ás Cíes e pensamos a ver cando íamos a ese paraíso natural. Alugar un día de veleiro (con ou sen patrón) a Fran sempre sería unha posibilidade.

despedida2

Au revoir…

 

Escrito por Luis Mª Ulloa Guitián

 

 

 

 

Facebooktwittergoogle_pluslinkedin

What you can read next

Próximo Foro Proturga. Do turismo accesible ao sensitivo. 1 e 2 decembro. Pontevedra
Crónica do II Foro Proturga. Enoturismo en Galicia: Iniciativas, Experiencias e Retos.
Crónica do III Foro Proturga.Turismo Náutico e Mariñeiro en Galicia: Situación actual e retos para o futuro.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.