Falamos con… Juan Segade
Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turístico especializado de Galicia
SOBRE TI…
ESTUDOS: Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas.
PROFESIÓN/EMPRESA: Guía turístico especializado de Galicia GE-364-XG que traballo coa miña marca persoal, Compos Tours.
ONDE: Santiago de Compostela.
TRABALLA NO SECTOR DENDE: Setembro de 2006, cando fixen as prácticas do ciclo de FP na oficina de INCOLSA – Turismo de Santiago. Durante estos anos realicei traballos tan dispares como axente de viaxes en Viajes Viloria, recepcionista en Stellae Luscofusco B&B, guía de free tours en Santiago D.C. Freetours…
AUTODESCRICIÓN: Un guía picheleiro apaixoado pola súa profesión que non deixa de aprender no día a día.
SOBRE A VIDA…
UNHA EXPERIENCIA: No ámbito persoal, marcoume moito facer no ano 2018 o Camiño de Santiago, dende Valença do Minho. Profesionalmente, como guía quédome coa oportunidade de coñecer persoas que agochan historias moi interesantes. Por exemplo, nunha excursión a Fisterra tiven unha viúva que levaba consigo as cinzas do seu marido nun crucifixo e axudeina a liberar o obxecto e que os restos do defunto repousaran no mar fisterrán.
AS PEQUENAS COUSAS: Son as que marcan a diferenza. Un dito vital é “desfruta das cousas boas e aprende das malas”.
UNHA EXPECTATIVA…
Que tanto os visitantes como a xente local de Santiago de Compostela, rachen co concepto “catedralcentrista” e descobran o enorme patrimonio que temos na bisbarra: castros, petróglifos, mámoas, restos románs (aras, tumbas…), o acueducto de Xelmírez, o castelo da Rocha Forte, a colexiata de Santa María “A Maior e A Real” de Sar, a xudería…
PARA DESCONECTAR…
O TEU RECUNCHO PREFERIDO DE GALICIA (só un!)?: Quedei prendado de Porto do Barqueiro, no concello coruñés de Mañón. Unha fermosísima vila mariñeira preto de Estaca de Bares, un lugar cheo dun encanto especial. Zona ideal para unha escapada.
SOBRE O TEU TRABALLO/PROFESIÓN…
A MELLORAR: Medidas contra o intrusismo profesional e as condicións de traballo. Tamén cos máis de 10 anos que levo como guía acreditado e por vivencias de varios compañeiros, lamento dicir que os guías turísticos non somos un colectivo unido e fraterno. Teño a esperanza que esta situación se revirta coa vontade de todos nós, sería beneficioso para todos.
A SALIENTAR: Nesta tempada aprendín a valorar o mero feito de que alguén visite Galicia cos tempos que corren.
UNHA REFLEXIÓN FINAL: Por moito que na vida atopemos dificultades, estas están para seren superadas. Vivimos nun recuncho do mundo tan rico en diversos aspectos que ás veces penso que nos conformamos co básico e deberiamos aventurarnos a profundizalo. Sairíamos gañando, seguro.
- Publicado en Entrevistas asociados e asociadas
Falamos con… Casa de Cacheiro
Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro
Sodes o primeiro aloxamento rural de España certificado coa norma UNE ISO 21401:2019 de Alojamiento Sostenible, e queremos preguntarvos o seguinte: que significa para vós o «turismo sostible»?
Un gran compromiso con el medio ambiente y el cuidado del entorno
SOBRE TI/VÓS…
FORMACIÓN: Licenciada en Filología Hispánica, Licenciada en Ciencias Empresariales, Máster en gestión de proyectos turísticos, Máster en Medio Ambiente, Máster en Coaching
PROFESIÓN/EMPRESA: Casa de Cacheiro
ONDE: Santa Cristina, 9 – Lamela – Silleda, Pontevedra
TRABALLA NO SECTOR DENDE: 1994
AUTODESCRICIÓN: Apasionadas por viajar, conocer nuevos paisajes y nuevas culturas. Amamos lo que hacemos, vivimos y sentimos el turismo.
SOBRE A VIDA…
UNHA EXPERIENCIA: Los momentos únicos e inolvidables que compartimos con nuestros clientes. Experiencias únicas para recordar y disfrutar.
AS PEQUENAS COUSAS: Disfrutar de cada minuto, cada momento, cada instante que nos proporciona el trabajo diario y el día a día.
UNHA EXPECTATIVA: Salir pronto de la pandemia del Covid y poder trabajar libremente, poder viajar, compartir experiencias, y disfrutar con normalidad.
PARA DESCONECTAR…
O TEU RECUNCHO PREFERIDO DE GALICIA (só un!)?: Fervenza do Río Toxa
SOBRE O TEU TRABALLO/PROFESIÓN…
A MELLORAR: Nuestra filosofía es la mejora continua, siempre hay algo que mejorar y superar
A SALIENTAR: Esfuerzo y dedicación al turismo rural
UNHA REFLEXIÓN FINAL: Ganas de triunfar siempre. Pensar en grande
- Publicado en Entrevistas asociados e asociadas, socios
INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19
PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19: » Deuse resposta ás necesidades plantexadas polos Profesionais do Turismo de Galicia?»
A situación provocada pola pandemia do COVID-19 afectou a toda a cadena do sector e, por isto, Proturga a principios de abril elaborou unha enquisa online que se distribuíu entre a totalidade do sector galego para coñecer as necesidades inmediatas do sector do turismo en Galicia.
Tras recibir as enquisas, máis de 150, realizouse o tratamento deses datos que se reflexou nun informe presentado as diferentes administración públicas galegas. Podedes consultar os resultados do informe no seguinte enlace:
Gracias a este traballo e á súa difusión puidemos ter reunións con diferentes administracións públicas: deputacións, concellos e Xunta de Galicia así como participar en diferentes webinars onde pudemos dar a coñecer os resultados do informe e transmitir as necesidades do sector.
Nesta ocasión presentamos o resultado da enquisa de seguimento sobre as medidas adoptadas durante o estado de alarma no sector e cal é a visión do mesmo para o resto do ano 2020. Aloxamentos, restaurantes, guías turísticos, empresas de turismo activo, actividades complementarias e consultorías de turismo, ademáis de profesionais por conta allea, transmitiron as súas valoracións a PROTURGA a través dunha enquisa transversal.
⇒ INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19: » Deuse resposta ás necesidades plantexadas polos Profesionais do Turismo en Galicia?»
- Publicado en Covid-19
Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga
Sabedes cal foi unha das conclusións á que se chegou durante esta crise do Covid19? A necesidade de contar con profesionais do turismo a tódalas escalas e en tódolos ámbitos onde estea presente a actividade turística. Liña que levamos defendendo en Proturga dende a súa creación; posto que é un dos piares de actuación.
Esta asociación está integrada por profesionais do sector, e neste momento queremos retomar unha das accións que estábamos a facer no ano 2013: as entrevistas a socios. Comezaremos próximamente a publicar algunha delas… e iremos descubrindo como son as persoas que integran Proturga.
Outra actuación que queremos retomar é a de promocionar a actividade das empresas socias… Por iso, ademais de publicar os seus logotipos na nosa web, tamén seguiremos compartindo información promocional que nos vaian enviando.
Porque #ProturgaSomosTodos e #aUniónÉaForzadoSector… dende Proturga seguiremos defendendo os intereses dos profesionais do turismo de Galicia.
- Publicado en Entrevistas
PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19
PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19
Aloxamentos, restaurantes, guías turísticos, empresas de turismo activo, actividades complementarias e consultorías de turismo ademáis de profesionais por conta allea, transmitiron as súas necesidades a PROTURGA, a través dunha enquisa transversal relativa á crise do Covid-19.
A situación provocada pola pandemia do coronavirus afectou a toda a cadena do sector e, por isto, Proturga activou este mecanismo de opinión de todos os axentes, có obxectivo de coñecer as inquedanzas particulares, primeiras consecuencias e necesidades de cada peza do sector para obter unhas conclusións globais. Con esta información elaborou un informe que xa remitiu ao Clúster de Turismo de Galicia e ás administracións públicas, tanto a nivel autonómico como provincial.
Axudas económicas e fiscais, protocolos de seguridade, inversión na planificación e continxencia, loita contra a ilegalidade e o intrusismo, incremento da calidade e distintivos de “destino seguro” son algunhas das demandas do sector, ademáis das accións de desestacionalización, campañas promocionais e a aposta polas empresas e os profesionais especializados en turismo para a reactivación do sector. Todo isto nun escenario de cooperación entre destinos, entre profesionais e entre os organismos públicos e privados.
Entre os seus temores está o cómo afrontar os gastos inmediatos e que se produzca unha situación de medo ao contaxio no mercados actuais e potenciais durante o ano 2020. A medio prazo, as dúvidas pasan porque haxa unha pérdida de interese no destino Galicia.
Así mesmo, dende PROTURGA apelan á UNIÓN entendendo que, tamén neste momento, toda a cadea de valor do turismo é máis forte actuando en conxunto, todos e cada un dos subsectores potenciará a reactivación.
Podedes ver e descargar o informe no seguinte enlace:
⇒ INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19
- Publicado en Covid-19
A ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA, PROTURGA, ELEVARÁ ANTE AS ADMINISTRACIÓNS AS PETICIÓNS DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE O COVID-19
A ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA, PROTURGA, ELEVARÁ ANTE AS ADMINISTRACIÓNS AS PETICIÓNS DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE O COVID-19
PROTURGA, ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA APELA Á UNIÓN DO SECTOR PARA SER MÁIS FORTES ANTE A CRISE DO CORONAVIRUS
A Asociación PROTURGA, Profesionais do Turismo de Galicia, emprende diferentes medidas para a defensa e apoio do sector turístico de Galicia ante a crise do Covid-19, conscientes da grande magnitude que esta situación supón para o turismo.
A situación provocada pola pandemia do coronavirus afectou a toda a cadea do sector e, por isto, Proturga exercerá como intermediario activando un mecanismo de opinión de todo o sector, aglutinando tanto a empresas de todos os subsectores como a profesionais en activo, persoas en situación de ERTE e desempregados. Para isto, lanzaron enquisas de opinión divididas por subsectores turísticos para os autónomos e empresarios e outras específicas para traballadores e desempregados do sector. Desta forma recollerase información dos aloxamentos, empresas intermediarias, restauración, turismo activo, guías de turismo, consultoría turística e outras actividades complementarias; ademáis dos profesionais turísticos particulares, empregados e desempregados. Dende PROTURGA apelan á UNIÓN entendendo que, neste momento, toda a cadea de valor do turismo debe estar unida, porque as medidas que se tomen para uns subsectores afectan a outros.
O obxectivo desta actuación é coñecer as inquedanzas particulares, primeiras consecuencias e necesidades de cada peza do sector para obter unhas conclusións globais para transmitirlle ás administracións.
Proturga é unha asociación sen ánimo de lucro con o fin principal de defender os intereses dos profesionais do turismo de Galicia a través de tres líneas estratéxicas:
- Sensibilización sobre a importancia dos profesionais do turismo para asegurar a calidade do mesmo.
- Profesionalización do sector e mellora continua.
- Promoción de Galicia como destino turístico a través dos seus profesionais.
Durante esta crise do coronavirus, PROTURGA puxo en marcha unha nova línea dirixida a facerlle fronte. Ademáis desta actuación de trasladarlle ás administracións as necesidades do sector, tamén está executando unha campaña de sensibilización e promoción do turismo interno para o momento en que se restaure a movilidade. Os hastags #EuCambioDeData #EuApoioOTurismoGalego e #EuViaxoPorGalicia son os slogans que acompañan esta campaña, para promover que, unha vez que pase esta etapa de confinamento a xente viaxe por Galicia e tamén para que aqueles que tiñan reservas para esta época, aplacen para outros momentos en lugar de cancelalas.
Máis información da nosa línea de acción de apoio ao turismo nas nosas redes sociais así como os cuestionarios para cubrir polo sector. Estos enlaces son os seguentes:
– Consultoría Turística: https://forms.gle/KiYbfJBiAaXux8R17
– Guías de Turismo: https://forms.gle/6AharRSoxdj7Ztdq9
– Profesionais por conta allea e desempregados – https://forms.gle/Ev3rZFjwpiividPLA
– Aloxamentos – https://forms.gle/a9z6AsuckDdQr81t5
– Axencias de viaxes – https://forms.gle/NvcjgNuSNTqt15Ak7
– Turismo Activo –https://forms.gle/MJqZWzqH3HzfBJHo6
– Restauración – https://forms.gle/u4M27aEci1xywweP8
– Outros subsectores (adegas, turismo náutico, etc)- https://forms.gle/ipxConhjcH9uq25b6
Recollida de enquisas ata o 6 de abrill de 2020
- Publicado en Covid-19
CAMPAÑA DE SOLIDARIDADE DE PROTURGA PARA APOIAR AO TURISMO DE GALICIA ANTE A CRISE COVID-19
#EUCAMBIODEDATA #EUAPOIOOTURISMOGALEGO E #EUVIAXOPORGALICIA
CAMPAÑA DE SOLIDARIDADE DE PROTURGA PARA APOIAR AO TURISMO DE GALICIA ANTE A CRISE COVID-19
#EuCambioDeData, #EuApoioOTurismoGalego e #EuViaxoPorGalicia son os slogans da campaña de PROTURGA para promover o turismo interno e apoiar ás empresas galegas ante a crise do Covid-19.
A situación provocada pola pandemia do coronavirus afectou a toda a cadea do sector e, por isto, Proturga puxo en marcha esta iniciativa. O que pretende a asociación é que aqueles visitantes que tiñan reservas que xa non poden desfrutar debido ao Covid-19 non cancelen, senón que cambien de data. Asemesmo, anima a todos os galegos a realizar viaxes pola comunidade este ano e así axudar á reactivación e apoiar ao turismo de Galicia.
#ProturgaSomosTodxs e entre todos e todas conseguiremos saír adiante.
Animámosvos a compartir fotografías dos vosos próximos destinos por Galicia cos hastags #Proturga #EuCambioDeData, #EuApoioOTurismoGalego e #EuViaxoPorGalicia.
- Publicado en Covid-19
Descubrindo o Camiño de Inverno na Ribeira Sacra
Queremos compartir con vós un chisco do que foi esta experiencia de profesionais do turismo de #Proturga con #FacendoCamiño polo Camiño de Inverno da man de Mais que Románico no marco do programa de O Teu Xacobeo. Nesta ocasión, a nosa enviada especial Sandra Pérez, fíxonos un relato da xornada…
Nesta edición contamos con diferentes profesionais locais que nos transmitiron a súaa paixón pola Ribeira Sacra. Todos unidos polo mesmo fin: crer nas posibilidades que ten esta zona e crear unha rede colaborativa entre todos os axentes buscando un produto único. A xornada tivo unha visión multidisciplinar en todos os aspectos. Por unha banda: os relatos de diferentes perfís de profesionais cos que se contou, dende guías de turismo, antropólogo, biólogo, historiadores do arte e empresarios; e por outra, o descubrimento do que poden ofrecer os recursos da contorna do Camiño de inverno, patrimonio artístico e natural, gastronomía, tradición onde se consegue tocar a autenticidade do lugar…
A actividade comezou coa visita ao Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao) onde se fixo a presentación da xornada por parte de Proturga e da empresa Máis que Románico. Aquí ademáis entregamos o material informativo sobre o Camiño de Inverno e da Ribeira Sacra aos asistentes.
Visitamos o conxunto e as salas expositivas nas que o antropólogo Xabier Viana da Asociación Folión de Carros de Chantada falou do Entroido Ribeirao como Patrimonio Inmaterial na Ribeira Sacra (folións, aturuxos e Entroido) como un ben a preservar e transmitir ás xeracións máis novas. A importancia deste tipo de Patrimonio na Ribeira Sacra é relevante xa que se inclúe dentro dos valores destacables á candidatura a Patrimonio da Humanidade. Por outra banda fíxose unha reflexión sobre o aumento de visitantes nos últimos anos a este tipo de eventos (grazas aos novos medios de comunicación) e indicando os perigos de non coñecer o funcionamento causando problemas no discorrer do evento.
A continuación realizamos unha visita á igrexa de San Paio de Diomondi a cargo dunha guía oficial e historiadora da arte veciña de Diomondi que nos introduciu no románico da Ribeira Sacra. Este recurso atópase a poucos metros do quilómetro 100 do Camiño de Inverno para chegar a Santiago dende onde puidemos comezar o percorrido dun tramo do Camiño. Grazas ao acompañamento do biólogo e guía de turismo Diego Reboredo púidose coñecer en profundidade os recursos naturais: especies arbóreas, os aproveitamentos da contorna por parte da poboación local ou a orografía, entre outros. Incidiuse tamén na preservación deste medio e déronse recomendacións de sostibilidade ao respecto.
No traslado para a comida recibíronse explicacións sobre os servizos turísticos da área así como das embarcacións do río Miño que realizan percorridos na área de Belesar.
A comida networking tivo lugar na Adega Vía Romana onde se gozou do catering con produtos da zona do restaurante sito en Chantada, Os Pendellos: empresa que colabora con adegas para ofrecer este tipo de servizos aos visitantes.
Tras a comida realizouse outro tramo dende Belesar ata Chantada gozando da paisaxe e da arquitectura tradicional compartindo experiencias entre os participantes. Que ben o pasamos…
A xornada proseguiu coa visita á queixería Airas Moniz, industria agroalimentaria ao pé do Camiño de Santiago onde nos falaron das múltiples posibilidades gastronómicas da Ribeira Sacra da zona.
O día finalizou coa visita por parte de Bea Pereira de Máis que Románico, ao Mosteiro de San Salvador de Asma. Indicar que durante o día participaron outras persoas que conforman esta empresa dedicada á difusión do románico da Ribeira Sacra: Daniel, Begoña, María, Juanjo e Noelia. En San Salvador de Asma púidose contemplar un bo exemplo do rómanico e tamén falar da preservación deste tipo de patrimonio histórico.
A xornada finalizou cunha posta en común das impresións dos participantes sobre o camiño e aspectos a mellorar así como das súas fortalezas. Neste senso enviouse a enquisa de opinión a todos os asistentes cos que posteriormente se realizará un análise obtendo conclusións do mesmo.
A clausura da xornada correu a cargo da organización contando coa presenza de Sandra Seara, Xerente do Consorcio Turístico de Ribeira Sacra.
Animamos a todos e a todas os profesionais do noso sector, a que se anoten nas próximas saídas de #FacendoCamiño porque realmente están a ser, auténticas experiencias onde compartimos coñecemento, información… porque PROTURGA… somos TOD@S.
- Publicado en Facendo Camiño
Un grupo de profesionais do turismo de Galicia analizou parte do trazado do Camiño Portugués pola Costa
O pasado 16 de xaneiro tivo lugar unha nova saída das xornadas de “Facendo camiño”, viaxes de familiarización dirixidas aos profesionais da industria do turismo de Galicia para analizar a situación de cada un dos Camiños de Santiago na nosa comunidade. Proxecto co-financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O Teu Xacobeo.
Lembramos que as inscricións están abertas para a seguinte xornada de #FacendoCamiño na ruta do Camiño de Inverno xestionada por Máis que Románico. Toda a información neste enlace.
Agradecer á empresa xestora desta saída, Guiados Pontevedra e á administración lo financiamento outorgado a este proxecto no marco das axudas de O Teu Xacobeo para poder levar a cabo esta iniciativa dende PROTURGA: a Asociación de referencia dos Profesionais de Turismo de Galicia.
- Publicado en Facendo Camiño
O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA SOMÉTESE A ANÁLISE POR PARTE DE PROTURGA, A TRAVÉS DO SEU PROXECTO FACENDO CAMIÑO
O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA SOMÉTESE A ANÁLISE POR PARTE DE PROTURGA, A TRAVÉS DO SEU PROXECTO FACENDO CAMIÑO
FACENDO CAMIÑO, PROXECTO PARA SENSIBILIZAR, POÑER EN VALOR E ANALIZAR O CAMIÑO DE SANTIAGO. PROMOVIDO POR PROTURGA E IMPULSADO NO MARCO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”, DA XUNTA DE GALICIA
De novembro a maio, PROTURGA levará a cabo 10 viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago. Nestas viaxes participarán profesionais do turismo de Galicia que coñecerán in situ o produto estrela da comunidade e analizarán o estado do trazado e dos recursos e servizos en cada unha das rutas. Os obxectivos son dous: Por un lado aportar coñecemento aos profesionais do turismo de Galicia para que poidan mellorar como prescriptores do destino e do Camiño de Santiago. Por outro lado, preténdese realizar unha análise dos camiños para detectar posibles melloras. Trátase dun proxecto co-financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O Teu Xacobeo.
O vindeiro 16 de Xaneiro será o día adicado ao Camiño Portugués pola Costa.
Os participantes, chegados dende diferentes ámbitos: aloxamento, restauración, axencias de viaxe, guías de turismo, técnicos de turismo, persoal de oficinas de turismo e consultores entre outros vivirán de primeira man a experiencia de ver in situ o potencial desta ruta e detectar os aspectos positivos e aqueles mellorables.
O comenzo da xornada será na vila mariñeira de Baiona con visita ao casco histórico e á Casa da Navegación para posteriormente trasladarnos á veciña Oia e disfrutar do seu mosteiro. Xa pola tarde realizarase o traslado á localidade portuguesa de Caminha, tomando o transbordador ata a Guarda para camiñar despois seguindo os ritmos do mar. O obxetivo é poder ver a riqueza e variedade da zona como oferta turística complemetaria para o caminante e poder estudar un camiño que experimentou un meteórico incremento de peregrinos nos últimos anos.
Para rematar a xornada, os profesionais do turismo porán en común as nosas apreciacións, destacando os puntos fortes e tamén aqueles aspectos a mellorar.
Dende a Directiva de Proturga móstranse orgullosos desta iniciativa que axudará a potenciar o papel de prescriptores de Galicia aos Profesionais do Turismo, visibilizar a estes profesionais e obter un informe completo sobre o Camiño de Santiago dende a perspectiva de quen traballa nel e para él.
Máis información:
https://proturga.org/facendo-camino/
- Publicado en Actividades, camiño santiago, Galicia