A DEBATE: As taxas turísticas ¿solución ou recaudación?
O tema das taxas turísticas é complexo e non exento de polémica entre a administración que as implanta, os propietarios dos establecementos turísticos encargados de cobrarllas aos seus clientes, e os turistas que son os que teñen que pagalas.
En España, entre os anos 2002 e 2003, púxose en marcha a ecotaxa nas Illas Baleares cun profundo rexeitamento por parte dos hoteleiros e que acabou desaparecendo. Unha das ideas esgrimidas na súa contra era que a taxa era discriminatoria, xa que so se aplicaba nos establecementos regrados, quedando fóra as vivendas privadas e establecementos non regrados, así como o temor á disminución de turistas.
Pola contra, no ano 2012, implantouse en Cataluña un imposto sobre estancias turísticas destinado á mellora e á promoción do turismo na comunidade, que segue funcionando coa colaboración dos empresarios hoteleiros.
¿Cal é a clave para que unha taxa turística funcione? Dende o meu punto de vista, estes serían os aspectos clave:
- Cómpre facer unha boa política de comunicación, clarificando cal vai ser o uso dos cartos recaudados e mantendo a cooperación entre a administración pública e os establecementos privados, en canto aos obxectivos a acadar.
- Os cartos deben revertir única e exclusivamente na mellora do sector turístico, de tal xeito que os encargados de recaudalo experimenten os seus beneficios
- A taxa debe ser baixa e limitada a estadías cortas de forma que non se transforme nunha carga non asumible por parte dos viaxeiros
En España, en xeral hai bastantes reticencias á implantación deste tipo de taxas, xa que se considera que poden dañar a competitividade do sector, xunto coa perda de turistas. Nembargantes, países veciños coma Italia e Francia levan anos aplicándoas e os visitantes seguen acudindo á chamada dos reclamos turísticos. Nesta pasada semana saiu a nova de que na cidade de Lisboa durante o ano 2015 vaise implantar unha taxa para os turistas que cheguen vía aeroporto e porto e, no ano 2016, vaise xeralizar.
Está claro que máis recursos económicos poderían axudar ao sector na súa modernización ao tempo que se disporía dun maior orzamento para a promoción e atracción de máis turistas.
Penso que este é un tema moi aberto e dado que a Proturga pertencen profesionais que traballan nos distintos ámbitos do turismo sería interesante coñecer os vosos comentarios. E ti, ¿qué opinión tes?
- Publicado en Galicia, Sin categoría, Turismo
II Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade auditiva
O vindeiro sábado 8 de novembro chega a Pontevedra unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga. Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga. Este ano tamén contaremos con José Manuel Cabada Álvarez, Presidente de Acturaccia, Accesibildade para Todo e Turismo para Todos, Presidente de AEDES, Asociación Española para la Educación Especial y Presidente del Fórum Europeo de Administradores de la Educación de Madrid.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Salón de Actos do Sexto Edificio, Museo de Pontevedra.
(Travesía Padre Amoedo,3)
Prazo de inscrición: ata o 6 de novembro
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
PROGRAMA
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
O #ProturgaTripII xa está aquí!
O vindeiro sábado 25 de outubro chega a segunda edición do Proturga Trip. Desta vez adentraremonos na comarca do Salnéscoa visita ao Pazo da Saleta e ao Mosteiro da Armenteira. Ademáis realizaremos unha ruta de sendeirismo por un dos tramos da Ruta da Pedra e da Auga.
O ProturgaTrip non só é unha viaxe de familiarización, queremos que os profesionais do turismo experimentedes o recurso turístico e interactuedes con él, por iso percorreremos un tramo da Ruta da Pedra e da Auga ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis e teremos unha charla coa Técnica de Turismo da Oficina de Turismo Rías Baixas situada no Mosteiro da Armenteira para coñecer a sua labor alí ademáis dunha pequena charla cunha das monxas do mosteiro que nos falará da pequena hospedería monacal que rexentan e da fabricación de xabóns artesanáis.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Inscricións ate o 22 de outubro no seguinte enderezo: sandra.proturga@gmail.com
Prezo de participación (Bus+Visitas Guiadas+Comida):
– Socios de Proturga: 18€
– Non socios: 21€
Só actividade sen comida:
– Socios de Proturga: 3€
– Non socios: 5€
Ingreso conta bancaria:
ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)
Asunto «ProturgaTrip»
PROGRAMA
10:30h: Saída do autobús dende a Alameda de Pontevedra.
11:00h: Visita ao Pazo A Saleta (Meis). Un dos Pazos mais importantes de Galicia, incluido dentro da ruta da camelia. Visita aos xardíns da man dunha das propietarias.
14:00h: Comida Networking en Cambados
16:00: Ruta de sendeirismo pola Ruta da Pedra e a Auga (Ribadumia- Meis). Recorrido a pé por un tramo desta ruta paralela ás marxes do río Armenteira e salpicada de un gran número de muíños. Punto de saída: Rotonda da saída da AG-41. Final: Mosteiro de Armenteira.
Distancia: 5.5km Tempo: 1h44 min.
17:30: Visita ao Mosterio de Armenteira (Meis): Visita guiada á igrexa realizada por unha guía oficial. Pequena charla coa Técnico de Turismo da Oficina de Turismo de Rías Baixas situada no mosteiro. Pequena charla cunha das monxas do mosteiro para que nos fale da pequena hospedería que rexentan e que nos expliquen cómo fan os xabóns con aceite de camelia e outros productos.
- Publicado en Actividades, Últimos ProturgaTrip
Foro de Turismo de Sanxenxo: Crónica de las jornadas
Sanxenxo, referente turístico de sol y playa del norte peninsular, tal y como anunciaba un artículo de prensa reciente, ha celebrado hace unas semanas su tercer Foro de Turismo de Sanxenxo.
Bajo el slogan, “Reinventar un destino”, el Foro fijaba como contenido el siguiente: retos y tendencias del turismo en la era digital, creación de marca y diferenciación hotelera, nuevas tendencias en la gestión de destinos, y el nuevo papel de los productos enogastronómicos como generadores de valor en destino. Y con unos ambiciosos objetivos, entre ellos: contribuir a la mejora del sector turístico a partir del intercambio de opiniones, ofrecer información actualizada y relevante sobre el desarrollo de destinos sostenibles y que ayuden a aumentar la rentabilidad de las empresas turísticas, contribuir a fomentar el uso de las nuevas tecnologías y la innovación en el sector turístico o sensibilizar a la población. Tanto el programa como los objetivos, se perciben apropiados para un destino con una fuerte presencia empresarial, con un órgano de gestión mixto formado por administración pública y sector privado, y un destino que, aunque es conocido por su litoral, y por atraer a una demanda turística de sol y plata, trata de reinventarse y fomentar otros tipos de turismo como el turismo náutico, turismo mariñeiro o enoturismo, desde el punto de vista de la calidad. En ese marco, se desarrollaron durante la primera jornada, cuatro partes diferenciadas:
La inauguración y presentación del foro. En la mesa han estado la Secretaria de Estado de Turismo, Doña Isabel Borrego, el Director de Competitividad de la Axencia de Turismo de Galicia José Luis Maestro, la Alcaldesa de Sanxenxo Catalina González, Rafael Louzán de laDiputación de Pontevedra y el Presidente del CETS. Han tratado temas de actualidad, como la adaptación de la normativa turística a los nuevos tiempos, el uso de las tecnologías en el sector, y la importancia de la cooperación público-privada entre los agentes del sector para lograr de Galicia un destino competitivo y de calidad.
Retos y tendencias del turismo en la era digital. Esta mesa, moderada por Romina de Turismo de Sanxenxo, estuvo formada por Jimmy Pons, conocido en Galicia y en España por ser un gran comunicador y profesional del 2.0; las conocidas plataformas Trivago y Minube, y Sherpandipity, que sorprendió positivamente con la filosofía del consumo colaborativo.
Emprendedores, marca personal. Natalia Zapatero de Turiskopio, abrió la jornada de tarde contando su trayectoria personal y a la vez profesional. Su frescura, cercanía y humildad, hizo que varios de los que estábamos allí presentes nos sintiésemos (un poquito) identificados con su perfil.
Creación de marca y diferenciación hotelera. Esta mesa, formada por Fabián de ITH, Yeyo Ballesteros de Room Mate Hotels, Pedro Martins dePedras Salgas Spa & Nature Park, y moderada por el Presidente del Clúster de Turismo de Galicia, estuvo marcada por la diferenciación, segmentación e innovación en el sector turístico.
En la jornada del viernes, dos mesas más durante la mañana. La primera, sobre las nuevas tendencias en la gestión de destinos que por lo que han contado estuvo de los más interesante; y la segunda, sobre el nuevo papel de los productos enogastronómicos como generadores de valor de un destino. El Foro terminada con actividades complementarias de enoturismo, en la Bodega Eidos y en Martín Códax, ese viernes por la tarde. Un foro que ha tratado de establecer las líneas para reinventar un destino claramente posicionado, como es Sanxenxo.
Autora: Minia Del Rio, socia de Proturga.
Post relacionados:
Latexos de Turismo. III Foro Turismo Sanxenxo: reinventando un destino.
Empleo y Turismo. Foro Turismo Sanxenxo 2014.
- Publicado en Turismo
Crónica do II Foro Proturga. Enoturismo en Galicia: Iniciativas, Experiencias e Retos.
O pasado 24 de maio celebrouse no Auditorio Municipal de Ourense o II Foro de Proturga co título Enoturismo en Galicia: Iniciativas, Experiencias e Retos. A escolla de Ourense como lugar de celebración viu marcada pola forte presenza da industria vitivinícola nesta terra xa que catro das cinco Denominacións de Orixe de Galicia atópanse na provincia ourensana.
O foro xirou ao redor de catro mesas redondas onde estiveron presentes diferentes profesionais relacionados co mundo do viño, da comunicación, da docencia universitaria, e do enoturismo.
Unha vez inaugurado o Foro por parte dos representantes políticos a xornada de mañá comezaba coa mesa que levaba por título Iniciativas, experiencias e retos dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe de Galicia. A mesa versou sobre a historia destes entes e as iniciativas enoturísticas postas en marcha en cada un deles. As conclusións acadadas reflicten que aínda queda moito por facer en materia enoturística (non é sinxelo involucrar as adegas para desenrolar actividades enoturísticas); tamén revelouse a necesidade de crear un sistema para valorar a satisfacción do enoturista e así ir mellorando o servizo. En canto a comunicación entre as denominacións descubrimos que, curiosamente, a aplicación do whatsApp usase para tal fin.
A segunda mesa da mañá dedicábase ás Iniciativas, experiencias e retos das Rutas do Viño de Galicia. Nesta mesa falouse da necesidade de formación dos traballadores das adegas, a maneira de impulsar as Rutas do Viño, as accións levadas a cabo, como as coñecidas Xornadas de Portas Abertas nas Adegas de Galicia e o Bus do Viño, exemplos de iniciativas enoturísticas de éxito na nosa comunidade.
Unhas das conclusións claras foi que nas rutas do viño non só hai adegas para visitar senón que no entorno existen infinidade de recursos turísticos para complementar a oferta enolóxica, sexa patrimonio histórico-artístico, festas e romerías ou turismo náutico, entre outros.
A última mesa redonda da mañá estivo dedicada a aquelas empresas con actividades no eido do enoturismo. Entre elas atopábase Enoturismo Galicia, oTren Turístico da Ribeira Sacra Aba Sacra, a axencia especializada en enoturismo Tee Travel e La Alacena Roja revista especializada en gastronomía, turismo e viños. Con eles descubrimos que existen iniciativas tan interesantes como ser adegueiro por un día, un tour pola viticultura heroica da Ribeira Sacra, entre outras interesantes actividades enoturísticas.
Tras o xantar networking tivo lugar a entrega do premio á Mellor Traxectoria Profesional que foi recaer na socia Iria Caamaño, Guía Oficial de Galicia eDocente do Master Interuniveristario en Dirección e Planificación do Turismo da Universidade da Coruña.
E tras a entrega do galardón chegaba a quenda da mesa da tarde na que diferentes adegas (Pazo Baión, Adegas Valdavia e Adegas e Viñedos Vía Romana), contaban a súa experiencia co enoturismo. Os representantes das tres adegas coincidían en que hai que«Estar orgullosos do que facemos, creelo e trasmitilo» e que toda Galicia é un destino vitivinícola, polo que hai que vendelo como tal. Unha das principais problemáticas das que se falaron son os horarios de apertura das adegas, e a falta dun persoal formado (idiomas, orientación ó cliente), para a atención de visitantes durante os fins de semana e festivos, momentos de máxima afluencia de turistas.
Unha vez rematada a última mesa o foro cerrouse cunha cata de viños ofrecida polo sumiller Patxi Movilla, da Gastroteca SCQ onde os participantes tiveron a oportunidade de degustar viños galegos.
Pola nosa parte gustaríanos resaltar que a asociación fai posible este tipo de eventos grazas o esforzo e tesón dos que forman parte dela, xa que apenas conta con recursos económicos. Por iso non queremos deixar de dar as grazas ós nosos colaboradores e a súa predisposición á hora de formar parte do Foro. Agradecer a súa axuda ós socios e socias de Proturga que formaron parte da organización. Grazas tamén a todas as persoas que promocionaron o evento e tamén a aqueles que se achegaron ata Ourense. E a tod@s os que asistíchedes agradecervos a vosa presencia, esperamos que fose do voso agrado e vémonos no III Foro Proturga. Por certo, a seguinte edición será na provincia da Coruña, ocorréseche algún tema?
Fotos do Foro no seguinte enlace:
https://plus.google.com/photos/103663633616678800686/albums/6019537954260961089
- Publicado en Foro
Apartamentos Rodeiramar, a relaxing weekend…
O de pasar unha fin de semana no Morrazo ven como consecuencia do premio que tiven no I Foro Proturga sobre Turismo Deportivo que tivo lugar o 27 de Abril en Pontevedra. Por ter o número 4 tiven a oportunidade de gozar dunha finde completa nos Apartamentos Rodeiramar de Cangas. Fran -o dono- deixoume cambiar 2 noites para 2 persoas por unha para catro.
Crónica do premio Proturga, navegar pola ría de Vigo
O sábado 6 facía sol en Compostela, e en toda Galiza. Era a primeira finde de verán que facía bo e todas as praias galegas estaban ateigadas de xente. Nós os 4 fomos cara Ría de Aldán, para ir facendo tempo, pois quedaramos ás 21 horas con Fran. Comimos unhas racións na taberna que hai no porto (o Bar Muelle, pero máis coñecida como “la de Diego”), e que rico estaba todo: os mexilóns, as navallas, as xoubas, os pementos, o pulpo… todo! De feito logo vimos na rede que este bar o recomenda Merchi Rodal, a “larpeira”, no seu blog.

Terraza do Bar Muelle, en Aldán
A verdade é que despois dun inverno bastante fresco e prolongado ter unha tarde de praia como a que tivemos agradécese. As praias do Morrazo estaban cheas (a última semana de xuño fixera frío e os hostaleiros estaban preocupados pola campaña de verán), pero como todos tivemos a sorte de gozar, non foi así. E despois de pasar a tarde na Praia de Pipín -entre sombra e chapuzón- ás 21 horas estábamos en Cangas.
Esperamos na recepción dos Apartamentos Rodeiramar2A e de seguido apareceron Fran e Merchi, co seu habitual derroche de simpatía, unha fortaleza do negocio. Fomos ata o clube náutico para ver o barco no que iamos durmir e navegar ao día seguinte, e tras unha ducha saímos a pinchar algo (estaban coaIII Feira da Tapa “Cangas sabe ben”), e cear. Facía unha noite tan agradábel que daba magoa abandonar a terraza que tan gustosamente ocupamos para tomar uns gintonics.
O domingo amenceu soleadísimo, era o presaxio dunha xornada na que ía facer unha calor abafante, como así foi. Almorzamos no Náutico, fixemos os preparativos (ducha, trikini, coletas…) e fomos mercar a comida e bebida para todo o día. Ás 12 chegou Fran e comezamos a navegar pola ría de Vigo. Unha magoa non poder ter ido cara Cíes, pero claro, xa se deran todos os permisos de fondeo…
O tráfico marítimo era tamén intensísimo, todo o mundo quixo aproveitar o primeiro domingo en condicións para saír a pasear no barco. Pasamos por diante da vella factoría Massó mentres Fran nos contaba os proxectos que houbo e as pretensións que os propietarios e concello tiñan (pra botarse a chorar!!).
E sobre a unha do mediodía estabamos xa pegándonos o primeiro chapuzón fronte a praia de Barra, tamén chea de veleiros.
Xusto despois de comer, e como tiñamos 2 buzos a bordo, miramos como se preparaban para a inmersión. Mentres, nós tomábamos o sol e nos tirábamos á auga para refrescarnos, mentres esperábamos que nos trouxeran a cea.
Xa de regreso para Cangas vimos ás Cíes e pensamos a ver cando íamos a ese paraíso natural. Alugar un día de veleiro (con ou sen patrón) a Fran sempre sería unha posibilidade.
Au revoir…
Escrito por Luis Mª Ulloa Guitián
- Publicado en Foro
ENTREVISTAMOS A: BEGOÑA BESTEIRO RODRÍGUEZ
ESTUDOS: Licenciada en Economía y Diplomada en Turismo
PROFESIÓN/EMPRESA: Blogger de Turismo en Turismo de Ayer y de Hoy
TIPO/ÁREA: Turismo
ONDE: Brión (A Coruña)
TRABALLA NO SECTOR DENDE: 1996
AUTODESCRICIÓN: Desde que acabé los estudios de Economía he estado inmersa en el sector turístico desde diversos ámbitos: como estudiante, realizando prácticas, como investigadora y, durante un corto espacio de tiempo, como informadora turística. Esto me ha permitido conocer el sector desde diferentes perspectivas. Actualmente compagino trabajos de investigación con el de escritora de viajes y blogger, disfrutando mucho con la labor de divulgación de la materia turística.
O QUE MÁIS LLE GUSTA DO SEU TRABALLO: El poder acercar a los lectores que el turismo y los lugares que se visitan son mucho más que una simple foto y que hay una historia detrás.
UNHA EXPERIENCIA: Cuando era pequeña, mi padre en cuanto tenía un día libre, nos metía a todos en el coche y nos íbamos a descubrir Galicia. Recuerdo visitar lugares que nadie conocía, algunos de difícil acceso, y conocer todos estos sitios me hacía sentir especial y orgullosa de vivir en una tierra tan bonita. Tengo muchísimos recuerdos de esa época. Así creo que empezó en mí el gusanillo del turismo y el deseo de conocer lugares nuevos.
UNHA EXPECTATIVA: Poder tener tiempo suficiente para disfrutar de lo que hago
UN LUGAR: Parque Natural de Corrubedo en Ribeira (A Coruña)
ÉPOCA DO ANO: Primavera. Para mí supone una inyección de energía después del invierno: sol, temperaturas agradables, días largos, la mejor época del año.
AS PEQUENAS COUSAS: El recibimiento que tengo al llegar a casa después de la jornada laboral. Me reconcilia con la vida.
PARA DESCONECTAR: Un paseo relajado por el monte con mi pareja y mis perros.
A MELLORAR E A SALIENTAR DO SECTOR TURÍSTICO
A MELLORAR la formación y el prestar un trato más profesional al turista
A SALIENTAR los magníficos recursos con los que contamos en Galicia y el buen hacer que están llevando a cabo muchos profesionales del turismo con la puesta en valor de actividades y consiguiendo crear sinergias entre ellos
ÚLTIMA REFLEXIÓN: Que todos los involucrados en el sector turístico se den cuenta que no todo vale y que haya una mayor cooperación entre sector privado y administración
- Publicado en Entrevistas asociados e asociadas, socios
Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva
A Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha un «Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva» destinado a empresas e profesionais do turismo.
Terá lugar o sábado 30 de novembro no Hotel Carris Marineda en A Coruña.
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo accesible
MESA DE TRABALLO EMPRESARIAL DE PROTURGA
PROTURGA, Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia, organiza a:
MESA DE TRABALLO EMPRESARIAL DE TURISMO
Que terá lugar o día 18 de novembro ás 17:00 horas no Parador Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
Este encontro ten como obxectivo principal a posta en común entre os diferentes subsectores do turismo de Galicia das necesidades, problemas e deficiencias polas que está pasando o sector na actualidade e tamén as posibles demandas e solucións.
Para levar a cabo o obxectivo principal desta Mesa de Traballo, atoparase representado na mesma todo o sector a través das diferentes asociacións. Na mesma debatirase, entre outras cousas, a realidade do turismo actual en Galicia, os problemas aos que se enfrontan os diferentes subsectores na actualidade e os novos mercados potenciais así como as necesidades da empresa turística galega para adaptarse aos mesmos.
- Publicado en Sin categoría
ENTREVISTAMOS A: MINIA DEL RIO ARCA
ESTUDOS: Diplomada en Turismo, técnico superior en xestión comercial, márketing e axencias de viaxe.
PROFESIÓN/EMPRESA: Blogger de turismo en www.latexosdeturismo.com
TIPO/ÁREA: sector turístico xeral
ONDE: Valga, Pontevedra, Galicia
TRABALLA NO SECTOR DESDE: 2002
«Cando deixei os estudos de Ciencias do Mar (sempre fun de ciencias) empecei a traballar por casualidade nun hotel. Grazas ao que foi o meu xefe aprendín a valorar o traballo no mundo do turismo, souben ao que quería dedicarme profesionalmente e cambiei radicalmente o rumbo da miña vida. Empecei así no mundo do turismo.»
AUTODESCRICIÓN: Profesional do sector grazas á formación e experiencia adquirida ó longo destes anos: es.linkedin.com/in/miniadelrio Considero vital a formación. A día de hoxe sigo traballando e estudando, e sobre todo, aprendendo día a día da xente que teño ao meu carón.
O QUE MÁIS LLE GUSTA DO SEU TRABALLO: O feito de poder escribir e reflexionar sobre o que eu quero, sobre todas esas ideas e temas que me pasan pola cabeza. Pensar en voz alta, como digo eu.
UNHA EXPERIENCIA: Cando deixei os estudos de Ciencias do Mar (sempre fun de ciencias) empecei a traballar por casualidade nun hotel. Grazas ao que foi o meu xefe aprendín a valorar o traballo no mundo do turismo, souben ao que quería dedicarme profesionalmente e cambiei radicalmente o rumbo da miña vida. Empecei así no mundo do turismo.
UNHA EXPECTATIVA: Ser mellor persoa e poder seguir traballando no que máis me gusta, no turismo. Así, o traballo non é traballo.
UN LUGAR: #Arousa
ÉPOCA DO ANO: Outono… sen dubidalo. Para min ten un significado de renovación; por exemplo as follas dos árbores caen para volver a nacer en primavera, non morren. É o ciclo da vida. Igual que no marketing “renovarse o morir…”
AS PEQUENAS COUSAS: Dedicar uns minutos do día a unha cousa que realmente me fai sentir ben ou feliz.
PARA DESCONECTAR: O son do mar calquera día do ano, en calquera estación.
A MELLORAR E A SALIENTAR DO SECTOR TURÍSTICO:
A MELLORAR: A profesionalización en xeral dos traballadores do sector turístico, sobre todo das persoas que atenden os aloxamentos, que en moitos casos son os propios propietarios. E con isto non me refiro a ter estudos superiores. Senón a cousas básicas que en teoría se deben saber e que damos por feito que se saben, pero a realidade é moi distinta. Se queremos un turismo de calidade, hai que empezar pola base.
A SALIENTAR: As intencións de colaborar e de ter en conta ós distintos axentes do sector por parte da administración pública. Esperemos que se fagan realidade e que non queden soamente en intencións.
ÚLTIMA REFLEXIÓN: Que o sector do turismo deixe de ser un caixón onde todo e todos valen. Inda que… igual é pedir moito, non?
- Publicado en Entrevistas asociados e asociadas, socios