Crónica do #Proturgatrip 2013
O pasado 19 de outubro o I Proturgatrip chegaba ás terras de Teo e Rois. Despois de semanas perfilando os distintos detalles para que todo saíra ben por fin chegaba o día. O único que non estaba nas nosas mans era o tempo (ameazaba chuvia, e os días previos o ceo non dera tregua), pero quizais por causa da Raíña Lupa, do Apóstolo Santiago, ou das ganas que tiñamos de que todo o mundo quedara satisfeito, a chuvia esqueceuse de nós.
O punto de encontro era a introdución do que nos atopariamos o longo do día. A Carballeira de Francos, e por proximidade o café do Restaurante Carboeiro, daban a benvida ós compañeiros que se interesaron polo Proturgatrip. Peregrinos xa con pouquiños quilómetros por diante saudaban cun agradable sorriso, o que nós correspondiamos cun Bo Camiño
Arredor do mediodía chegaba a nosa quenda. Comezamos a percorrer o tramo do Camiño que nos levaría ate o Pazo Faramello, iso si, en dirección contraria. Os xestos de sorpresa dos peregrinos resultaban divertidos xa que ollaban asombrados coma unha vintena de persoas camiñaba noutro sentido (un deles mesmo parou a dicirnos se sabiamos que era en dirección oposta).
A nosa chegada o Pazo agardábanos Gonzalo, un dos propietarios desta xoia nobiliaria que sería máis ca un guía, xa que a súa familia forma parte da historia que alí aconteceu. O descenso cara o pazo é abraiante; trátase dunha corredoira de pedra o carón dunha carballeira centenaria. Baixando non podes imaxinar que de súpeto aparecerá O Faramello.
O último pazo do Camiño Portugués é moito máis cunha residencia nobre. Posúe innumerables xoias artísticas e naturais. Podemos visitar unha capela declarada BIC que agocha un retablo barroco do mestre José Gambino; admirar un cruceiro do século XVIII dos máis altos de Galicia; gozar das vistas que ofrece a terraza barroca compostelá co seu bosque de pedra; camiñar polo novo paseo de hortensias e camelias ou polo bosque fluvial de cerdeiras e castiñeiros e moito máis… Pero o máis destacado descansa oculto baixo o xardín francés do século XIX: A Real Fábrica do Faramello, primeira fábrica de papel de Galicia (1710). Da época consérvase un muíño papeleiro e no interior podemos admirar a última prancha de papel que se imprimiu no Faramello.
Chegaba a hora do xantar e a volta cara o restaurante tocaba polo antigo trazado do Camiño. A diferenza é notable. O peregrino atoparía o río Tinto o seu paso polo pazo, e atravesaría unha fraga no canto da estrada que atopa hoxe en día. Dicir que a asociación de veciños da zona está a traballar para recuperar a traza orixinaria.
Despois do bo xantar tocaba visitar o Castro Lupario. Para coñecer a súa historia e poñer en valor a importancia arqueolóxica do conxunto contamos coa axuda de Manuel Gago e Xosé Gago. O primeiro que atopamos polo camiño foi unha ponte coñecida coma a Ponte dos Mouros. A toponimia sempre agocha pistas e así nolo confirmou Manuel: aquela ponte xa nos indicaba que podiamos achar moi preto un castro.
Unha vez chegamos á parte baixa da acrópole castrexa Xosé mergullounos no imaxinario da Raíña Lupa, xa que a lenda xacobea sitúa o Castro Lupariocomo a súa residencia. Unha vez relatada a importancia do castro, e coñecida a súa relación co Camiño, chegaba a hora de subir á cima e converternos en arqueólogos.
Coa axuda de Manuel achamos a segunda muralla que aparece descrita en documentos históricos, e que grazas a que se atopa repousada baixo a terra, aínda se conserva. A seguinte proba era atopar as dezasete torres que formaban parte do castro, pero a nosa visión superficial non se decataba de que as tiñamos enfronte: O Pazo Faramello. As pedras do Lupario foron trasladadas para por en pé a residencia nobiliaria. Xa por último, Manuel “desafiounos” a cruzar o mar de toxos para coñecer os restos dunha capela que xacía baixo unha pequena carballeira, e nós non puidemos máis que aventurarnos na maleza.
O día foi fantástico. O alí coñecido non pode deixar de chegar a máis profesionais, e os turistas interesados no noso patrimonio e na nosa cultura ficarán encantados.
Pola nosa parte agradecer as persoas que se achegaron a coñecer a proposta que fixo Proturga. Grazas de novo a Gonzalo a Manuel e a Xosé.
Vémonos no seguinte Proturgatrip!
- Publicado en Últimos ProturgaTrip
#ProturgaTrip
A Asociación de Profesionáis de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha unha serie de viaxes de familiarización destinados a profesionais do turismo a aqueles recursos turísticos aínda por descubrir do territorio galego.
Baixo o nome e o hashtag #proturgatrip o 19 de outubro levarase a cabo unha excursión para coñecer O Pazo do Faramello e o Castro Lupario situados a carón do Camiño Portugués a Santiago.
Nesta ocasión contaremos coa colaboración de Gonzalo, xerente do pazo que nos acompañará nunha visita guiada polo que foi a primeira fábrica de papel de Galicia. Tamén contaremos coa presencia de Manuel Gago (@magago), xornalista, profesor da USC e director de www.culturagalega.org, que xunto conCool-touring (@CoolTouring), empresa dedicada ao turismo cultural, nos descubrirán o patrimonio agochado no Castro Lupario e a sua relación coa tradición xacobea.
E como toda actividade en galicia a gastronomía é fundamental polo que faremos unha parada no Restaurante Carboeiro (na Carballeira de Francos) para recargar as nosas baterías de cara a tarde.
Dende Proturga queremos animar aos nosos socios e ao resto de profesionais do turismo de Galicia a acompañarnos neste primeiro #proturgatrip
Podedes seguir toda a información nas redes sociáis da Asociación. Non vos demoredes, só quedan seis días para poder inscribirse no
Un cordial saúdo,
A Directiva de Proturga
www.proturga.org
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Últimos ProturgaTrip
TURISMO DE GALICIA: NOVOS HORIZONTES COA NOVA AXENCIA.
Charla- Coloquio con José Luis Maestro Castiñeiras, Director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia
ORGANIGRAMA E FUNCIÓNS DA NOVA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA
Dende fai uns meses estamos a ler nas distintas publicacións do sector as novas en relación a recentemente creada Axencia de Turismo de Galicia. A posta en marcha deste novo modelo administrativo xurde co propósito de racionalizar e eliminar duplicidades na Administración Pública. Organismos coma a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, o Instituto de Estudos Turísticos e a Secretaría Xeral para o Turismo pasan a integrarse neste único ente que é a nova Axencia.
Á vista deste novo panorama xorden moitas preguntas dende a asociación, e nestes meses detectamos que non todos os profesionais do turismo están o tanto destes cambios. Para solucionar estas dúbidas e poder coñecer polo miúdo as diferentes actuacións previstas pola Axencia, Proturga decidiu pórse en contacto coa nova entidade para dar unha charla-coloquio en relación o novo organismo.
O pasado sábado 5 de outubro celebrouse nas instalacións da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela unha charla-coloquio da man de José Luis Maestro Castiñeiras, Director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia. O propósito da mesma era explicar o organigrama e funcións da nova Axencia, así como trasladarlle as inquedanzas que temos dende a asociación, facerlle as preguntas que nos achegaron os socios e interesados do sector, e acercar posturas sobre a liña que vai levar a xestión do novo ente.
O Director de Competitividade comezou coa explicación do porque desta nova Axencia. En palabras do Sr. Maestro a premisa fundamental é a redución de gasto público para o cal é necesario a eliminación de certos organismos. Neste sentido unha das primeiras consecuencias é a desaparición de sociedades anónimas coma Turgalicia e Xacobeo (aínda que integradas na Axencia seguirán mantendo en certa medida o seu carácter privado), e a inclusión da Secretaría Xeral e do Instituto de Estudos Turísticos. A porcentaxe privada que manterá a Axencia vai encamiñado a facilitar procesos de contratación de persoal laboral; por outra banda hai unha serie de competencias que teñen que ser asumidas pola Administración Pública (materia de inspección, persoal funcionario, etc.), polo tanto trátase de sumar as diferentes posibilidades que ofrece o sector público e o privado.
O seguinte punto a tratar era o novo organigrama que conforma a Axencia, cuestión bastante interesante, xa que foi neste punto onde se aclarou que lugar ocuparán os organismos fusionados. No caso de Turgalicia e o Xacobeo estarán incluídos na Dirección de Promoción (aínda que o Xacobeo debido as doazóns para albergues e mantemento do Camiño non poderá desaparecer totalmente, e quedará parte na Axencia e parte privado). O Instituto de Estudos Turísticos xa forma parte da Dirección de Competitividade dende este verán.
Unha vez comprendido o proceso de fusión das distintas entidades chegaba o momento da rolda de preguntas e a nosa quenda para trasladar cuestións que preocupan dende a asociación. A continuación facemos un resumo dos temas tratados:
CAL É A REPRESENTACIÓN DAS ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS NA AXENCIA?
As asociacións non poden formar parte da Axencia, como entidade pública que é, pero poden participar a través do Consello de Turismo (órgano consultivo). Trátase dun organismo con voz pero sen voto. Hoxe en día xa ten creados os seus estatutos, e no posto de vogal rotan distintas asociacións do sector, agora ben, polo momento a participación de novas asociacións como Proturga non é posible.
COMO SE XESTIONARÁ O PERSOAL (DIFERENTES ORGANISMOS, DISTINTAS CONDICIÓNS LABORAIS) E QUE REPERCUSIÓN TERÁ A FUSIÓN NOS TRABALLADORES?
A xerencia da Axencia está negociando cos representantes dos traballadores, xa que hai que ter en conta que os organismos integrados teñen diferentes tipos de persoal (persoal funcionario, persoal laboral, etc.). Estase a traballar nun RPT (Relación de Postos de Traballo) no que se recollen as funcións de cada empregado, os horarios de traballo, etc. Realízase a ordenación do persoal segundo as necesidades dos servizos e se determinan os requisitos.
En relación con este tema tamén xurdiu a dúbida da continuación da Central de Reservas-Social Media Center dependente de Turgalicia. A resposta foi que na teoría o contrato asumiríase por parte da Axencia. Unha vez finalizado este contrato será a Axencia a que decidirá que facer con este servizo.
HABERÁ MELLORÍAS NA XESTIÓN DAS OFICINAS DE TURISMO?
Tratouse o eterno debate da actual situación das oficinas de turismo dependentes da Xunta (con persoal funcionario sen formación turística; horarios e días de apertura que non cumpren o servizo necesario para os turistas, etc.). Neste sentido o Sr. Maestro recoñeceu que isto ten que mellorarse e que están no proceso.
Así mesmo falouse das subvencións outorgadas a concellos de interese turístico coa finalidade de contratar persoal para as OIT’s. O que se pretende é que as becas desaparezan para dar paso ós contratos temporais. De todos os xeitos dende Proturga trasladouse a necesidade de axilizar este proceso xa que en ocasións, o servizo de información chega cando a temporada xa está rematando.
CAL É O PROPÓSITO DOS XEODESTINOS?
A partir do mapa deseñado pola Xunta as administración locais que formen parte de cada xeodestino deberán crear os seus propios plans turísticos e así potenciar conxuntamente a área. Un bo exemplo é o xeodestino Ribeira Sacra, no que os municipios implicados crearon un Consorcio que coincide co mapa da Xunta. Agora ben, pero que acontece cando as clasificacións locais como poden ser as xa creadas mancomunidades, non coinciden cos xeodestinos. Neste sentido o Director de Competitividade comentou que poden ser algo flexibles, sempre dentro de criterios razoábeis.
GUÍAS ESPECIALIZADOS, EN QUE PUNTO ESTÁ O NOVO DECRETO E QUE CAMBIOS SUPORÁ?
O decreto que regulariza a nova lexislación neste sentido xa está listo, pero está á espera da aprobación definitiva. A nova normativa suporá a liberalización do mercado.
Para acadar a habilitación de guía de turismo de Galicia as persoas interesadas presentarán a titulación requirida (pódense consultar as titulacións no borrador do decreto)
Como adelanto decir que no relativo o idioma pedirán un certificado, que como mínimo será dun nivel B2, pero tamén contemplarán máis alternativas como poder homologar un título acadado no estranxeiro ou ter en conta as persoas bilingües que non teñen titulación.
Dende as redes sociais chegaban preguntas no tocante a calidade do servizo e a resposta foi clara: a liberalización pode ser positiva. O propio mercado escollerá os mellores profesionais.
TURISMO RURAL, QUE FACEMOS?
Falouse da necesidade de buscar solucións, xa que actualmente é un produto que está en crise. Nese sentido estanse facendo reunións sectoriais coas asociacións galegas para consensuar medidas coordinadas. Estanse a crear os clubs de produto, (como o club de produto da auga no que están incluídas as casas rurais), para darlle un empuxe a este sector.
Unha gran problemática para os propietarios de aloxamentos rurais son as casas ilegais, pero este tipo de cuestións, según Jose Luis Maestro son moi complicadas para a Administración se non hai unha denuncia previa. A ferramenta é a inspección turística (a destacar que soamente hai 27 inspectores turísticos e que dende Proturga consideramos que non son suficientes). Por outro lado tamén se pretende loitar contra a oferta ilegal, igual que hai un decreto que regularizar os pisos de aluguer para uso turístico, pretenden ir nesa mesma liña co turismo rural.
Para finalizar comentar que tamén se mencionou a creación do Clúster de Turismo (aínda que falta integrar os membros); que a marca da Axencia será “Turismo de Galicia” eliminándose a marca Turgalicia para referirse a este novo ente (seguirá como dominio www.turgalicia.es para non perder o SEO) e a marca Xacobeo seguirá manténdose pola súa consolidada traxectoria co Camiño de Santiago.
Dende Proturga queremos agradecer a Axencia de Turismo de Galicia e o Director de Competitividade José Luis Maestro Castiñeiras a oportunidade que tivemos de poder aclarar tantas cuestións de interese para os profesionais do sector.
Agradecerlle igualmente a Asociación de Hosteleros de Compostela a cesión da súa sede.
- Publicado en Sin categoría
Entrevistamos a: Javier Ramón Ramón, Socio emprendedor en Viajeros LowCost
NOME: Javier Ramón Ramón
ESTUDOS: Diplomado en Turismo y Licenciado en Comunicación Audiovisual
PROFESIÓN/EMPRESA: Socio emprendedor en Viajeros LowCost
TIPO/ÁREA: Turismo lowcost
PÁXINA WEB: www.viajeroslowcost.com
ONDE: A Coruña, Galicia, España
TRABALLA NO SECTOR DESDE: 2005
“Soy un soñador recién llegado al mundo del emprendimiento. Desde hace un año estoy inmerso en un proyecto propio llamado Viajeros LowCost, basado en la organización de viajes y eventos económicos para jóvenes. Lo que empezó como un proyecto universitario, hoy es una realidad. Por fin puedo decir que, tras tocar varios palos dentro del turismo y la comunicación, he encontrado mi camino. A mis 28 años, soy un joven emprendedor con ganas de proponer cosas nuevas en el sector turístico”
O QUE MÁIS LLE GUSTA DO SEU TRABALLO: La ilusión por un proyecto con el que me siento realizado, y la oportunidad de conocer gente nueva y arrancar una sonrisa al cliente.
UNHA EXPERIENCIA: Si me tuviera que quedar con una, elegiría la primera presentación pública de Viajeros LowCost en el acto de clausura de la Escuela de Emprendedores. Era un auténtico reto, pero la acogida del jurado y el público fue fantástica. Pronto las dudas se transformaron en aplausos y los nervios iniciales en energía sobre el escenario. Aquel día, tras meditarlo varios meses, tomé una de las mejores decisiones de mi vida: lanzarme a la aventura emprendedora.
UNHA EXPECTATIVA: Con humildad y trabajo, crecer profesionalmente con el objetivo de aprender y mejorar cada día.
UN LUGAR: Para vivir, A Coruña, una ciudad acogedora que lo tiene todo. Para visitar, el entorno natural del Parque Nacional de las Islas Atlánticas (Isla de Ons e Islas Cíes).
ÉPOCA DO ANO: Por el clima, el volumen de reservas y la oportunidad de disfrutar haciendo lo que me gusta, sin lugar a dudas me quedo con el verano.
AS PEQUENAS COUSAS: Disfrutar de una puesta de sol con la sensación de un trabajo bien hecho.
PARA DESCONECTAR: Una playa virgen, de arena blanca, desconocida.
A MELLORAR E A SALIENTAR NO SECTOR TURÍSTICO:
- A MELLORAR: El trato personalizado al público, la implementación de las nuevas tecnologías en el sector y la proyección internacional de las empresas turísticas de Galicia.
- A SALIENTAR: El gran potencial de Galicia como destino turístico, con un patrimonio natural, cultural e histórico prácticamente inigualable.
ÚLTIMA REFLEXIÓN:Ya sea por cuenta ajena o emprendiendo un negocio propio, elige tu futuro laboral y trabaja en aquello que te haga feliz.
- Publicado en Entrevistas asociados e asociadas, socios
Nos medios
Aunar sinergias para potenciar el turismo – Faro de Vigo
El Concello busca implicar a la iniciativa privada en la promoción turística – La Voz de Galicia
Profesionales del Turismo de Galicia abogan por mayor colaboración público-privada – Europa Press
Profesionales del Turismo de Galicia abogan por mayor colaboración público-privada – Finanzas
Objetivo: potenciar el turismo – PontevedraViva
Aquí vos deixamos o link da nosa intervención no programa da Radio Galega “Come e Fala”
Entrevistas realizadas por membros de PROTURGA en Pontevedra con motivo da celebración do I Foro Unirede de Santiago de Compostela.
{youtube}lgIMOtLkhkw{/youtube}
- Publicado en Sin categoría