O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA SOMÉTESE A ANÁLISE POR PARTE DE PROTURGA, A TRAVÉS DO SEU PROXECTO FACENDO CAMIÑO
O CAMIÑO PORTUGUÉS POLA COSTA SOMÉTESE A ANÁLISE POR PARTE DE PROTURGA, A TRAVÉS DO SEU PROXECTO FACENDO CAMIÑO
FACENDO CAMIÑO, PROXECTO PARA SENSIBILIZAR, POÑER EN VALOR E ANALIZAR O CAMIÑO DE SANTIAGO. PROMOVIDO POR PROTURGA E IMPULSADO NO MARCO DO PROGRAMA “O TEU XACOBEO”, DA XUNTA DE GALICIA
De novembro a maio, PROTURGA levará a cabo 10 viaxes de familiarización en 10 tramos das 10 rutas que compoñen o Camiño de Santiago. Nestas viaxes participarán profesionais do turismo de Galicia que coñecerán in situ o produto estrela da comunidade e analizarán o estado do trazado e dos recursos e servizos en cada unha das rutas. Os obxectivos son dous: Por un lado aportar coñecemento aos profesionais do turismo de Galicia para que poidan mellorar como prescriptores do destino e do Camiño de Santiago. Por outro lado, preténdese realizar unha análise dos camiños para detectar posibles melloras. Trátase dun proxecto co-financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O Teu Xacobeo.
O vindeiro 16 de Xaneiro será o día adicado ao Camiño Portugués pola Costa.
Os participantes, chegados dende diferentes ámbitos: aloxamento, restauración, axencias de viaxe, guías de turismo, técnicos de turismo, persoal de oficinas de turismo e consultores entre outros vivirán de primeira man a experiencia de ver in situ o potencial desta ruta e detectar os aspectos positivos e aqueles mellorables.
O comenzo da xornada será na vila mariñeira de Baiona con visita ao casco histórico e á Casa da Navegación para posteriormente trasladarnos á veciña Oia e disfrutar do seu mosteiro. Xa pola tarde realizarase o traslado á localidade portuguesa de Caminha, tomando o transbordador ata a Guarda para camiñar despois seguindo os ritmos do mar. O obxetivo é poder ver a riqueza e variedade da zona como oferta turística complemetaria para o caminante e poder estudar un camiño que experimentou un meteórico incremento de peregrinos nos últimos anos.
Para rematar a xornada, os profesionais do turismo porán en común as nosas apreciacións, destacando os puntos fortes e tamén aqueles aspectos a mellorar.
Dende a Directiva de Proturga móstranse orgullosos desta iniciativa que axudará a potenciar o papel de prescriptores de Galicia aos Profesionais do Turismo, visibilizar a estes profesionais e obter un informe completo sobre o Camiño de Santiago dende a perspectiva de quen traballa nel e para él.
Máis información:
https://proturga.org/facendo-camino/
- Publicado en Actividades, camiño santiago, Galicia
Campaña de Sensibilización Profesionais do Turismo de Galicia- Día Internacional do Turismo
Os Profesionais do Turismo dámoslle valor ao sector, por iso é preciso que os organismos públicos e privados lle dean valor aos profesionais.
Co gallo do Día Mundial do Turismo , que este ano 2019 ten por lema «Turismo e emprego: un futuro mellor para todos», Porturga publica a Guía de Titulacións para o Traballo en Turismo que podedes ver e descargar no seguinte enlace:
⇒ CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA
O contido desta guía foi realizada coa colaboración d@s soci@s de Proturga, e hoxe, Día Mundial do Turismo, queremos que, por fin, vexa a luz!
Este contido será enviado por email a diferentes organismos públicos e privados da comunidade pero agradecemos tamén a difusión de tod@s @s profesionais do turismo de Galicia!
PROTURGA SOMOS TOD@S!
- Publicado en Actividades, Galicia, Turismo
PLANS PARA SEMANA SANTA CON PROFESIONAIS DO TURISMO
MÁIS QUE ROMÁNICO
http://www.maisqueromanicorutas.com/
Contacto: info@maisqueromanicorutas.com/ 646 533 229
RUTAS DE SEMANA SANTA NA RIBEIRA SACRA
Visitas guiadas con saída garantizada xoves 18 de abril, vernes 19 e sábado 20!
Mais información e inscricións:http://maisqueromanicorutas.com/rutas-de-semana-santa-en-la-ribeira-sacra/?fbclid=IwAR0qqqB7eD8ZOWsan__dWaGIIq658NOQWL8P_I5q2kiB8oozI5quu_41S2c
Facebook de Máis que Románico
VONTA MONTANA
Contacto: hello@voltamontana.com
Plans en Semana Santa para desfrutar da naturaleza! :
- 18 DE ABRIL- TOUR BAIXO MIÑO- NORTE DE PORTUGAL bit.ly/Portugal18A
- 19 DE ABRIL- TOUR RÍAS BAIXAS & RUTA EN PLANEADORA bit.ly/TourRiasBaixas19A
- 20 DE ABRIL – TOUR FISTERRA E COSTA DA MORTE bit.ly/TourCostaDaMorte20A
- 21 DE ABRIL- TOUR A RIBEIRA SACRA bit.ly/TourRibeiraSacra21A
Máis información e rutas: http://voltamontana.com/eventos/
Facebook de Volta Montana
GUIADOS PONTEVEDRA
http://www.guiadospontevedra.com/es/
Contacto: info@guiadospontevedra.com/654 222 081
Visitas guiadas en Galicia, acompañamento para camiños de Santiago, rutas especilizadas, rutas da camelia, asesoramento e organización de rutas por toda a comunidade en diferentes línguas : http://www.guiadospontevedra.com/es/rutas
Facebook de Guiados Pontevedra
CAMIÑOS CON ARTE
Contacto: info@caminosconarte.com /680 642 925
LUGO ROMANO
Arqueoloxía + patrimonio + historia + naturaleza
Prazas limitadas. É necesario reservar previamente en info@namorarte.gal ou no teléfono 633 363 627.
Facebook de Camiños con arte
GALICIA ES +
Contacto: hola@galiciaesmas.com / 617 42 12 76 / 629 95 7394
PROXECTOS E PRODUCTOS: Escapadas e Retiros en Galicia, Ruta a Bella Otero en Valga, Experiencias patrimonio inmaterial na Costa da Morte, Ruta Rosaliana, Camiños Sagrados emoito máis …
Máis información: http://www.galiciaesmas.com/proyectosyproductos/
EATOUR SPECIALIST
https://www.eatourspecialist.com/es/
Contacto: tours@eatourspecialist.com /678 942 319
RUTA DO VIÑO POLO RIBEIRO- SAÍDA DENDE VIGO
CLASE DE COCIÑA A BORDO DUN BARCO DENDE VIGO
Ofertas especiais en Abril con un 5% de desconto
Máis información e reservas:
Facebook de Eatour
SIENTE GALICIA
https://www.sientegalicia.com/
Contacto: info@sientegalicia.com
BLOG SIENTE GALICIA- LOS MEJORES PLANES PARA ESTA SEMANA SANTA EN GALICIA
Ofertas destacadas: https://www.sientegalicia.com/destacadas/seleccion.html
Ofértas Relámpago: https://www.sientegalicia.com/ultima-hora/ofertas-relampago.html
Facebook Siente Galicia
YU TRAVEL
Contacto: booking@yutravel.es
«Paquetes con ofertas imbatibles para disfrutar de destinos con múltiples posibilidades de ocio.»
Visita a súa web para coñecer todas as ofertas: https://www.yutravel.es/ofertas?fbclid=IwAR0aptT6qktsM2sDu2PIS_UeJo3sgotrwXxu1X7_XQDkkCsESUjOgvWRqGA
Facebook Yu Travel
EL SALÓN DE TUS VIAJES
http://elsalondetusviajes.com/
Contacto: 986 185 995 – 698 127 327
SEMANA SANTA EN PORTUGAL:
- AVEIRO
- GUIMARAES
- PAIVA
- MADEIRA
- AZORES
Máis información no seu Facebook e web
facebook de El Salón de Tus Viajes
HOTEL ATLÁNTICO VIGO
Contacto:email@hotelatlanticovigo.com / 986 22 05 30
Aloxamento no centro de Vigo para as túas vacacións na cidade. «Te sentirás como en Casa»
Promoción: Almorzo gratis se reservas a través da súa web
Facebook Hotel Atlántico
CASA CACHEIRO
http://www.casadecacheiro.com/
Compromiso de Calidade Turística, certificado SICTED e a Q de Calidade Turística, Máis info: https://www.facebook.com/casacacheiro/posts/2237085309644905
No corazón de Galicia, en Silleda atópase esta casa rural cunha larga historia e trayectoria no traballo pola calidade turísitica. Tal como din eles «amabilidade, hospitalidade e calidade é a nosa especialidade»
Contacto: info@casadecacheiro.com
EASY GALICIA
Contacto: info@easygalicia.com
A máxima desta empresa é: «Vive Galicia con nosotros, pero recuerda: «Si rechazas la comida, ignoras las costumbres, temes la religión y evitas a la gente, mejor quédate en casa» (James A. Michener)
Pois con estas palabras qué máis que dicir que podedes consultar a súa web para vivir e exprimir todos os recursos que ofrece Galicia.
Facebook Easy Galicia
AVIVAE
Contacto: avivae@avivae.com
Qué Vilas Mariñeiras vas visitar? Qué temática prefires?: Paseos en barco, recorridos ata o faro, historias dun mariñero en terra, rutas salgadas guiadas polo porto ou a lonxa …
Facebook Avivae
CELTIC WAYS
Guías, Excursións e turismo.
Camiños de Santiago, Guías Oficiais e guías acompañantes
Facebook Celtic Ways
E Ademáis ….
Contacto: info@animatium.com
http://promoveconsultoria.com/
Contacto: info@promoveconsultoria.com/ 667 603 421 / 659 192 541
Facebook Promove
- Publicado en Actividades, Galicia, Sin categoría, socios, Turismo
Próximo Foro Proturga. Do turismo accesible ao sensitivo. 1 e 2 decembro. Pontevedra
Cada ano PROTURGA como asociación de Profesionais do turismo de Galicia oferta diversas actividades, entre as que destacan os talleres de turismo accesible, e este ano para profundar máis, non podía faltar o IV Foro PROTURGA – Do Turismo Accesible ao Turismo Sensitivo – no que poden inscribirse profesionais e empresas tanto do sector turístico como doutros.
Nesta edición vanse expor temas importantes e que afectan a todos os sectores implicados no turismo, pois, turismo somos todos e Galicia tense que implicar con todos os turistas.
Por iso necesitamos un turismo accesible para todos, para que as persoas con diversidade funcional (física, visual, auditiva, sensorial, etc) poidan desfrutar tamén de Galicia como destino turístico.
“Facer sentir o destino Galicia como unha experiencia única para todos”
O Foro terá lugar o xoves 1 e venres 2 de decembro no Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.
A primeira xornada inaugurarase coa mesa redonda sobre “Necesidades dos turistas con diversidade funcional” e contaremos para falar do tema con membros da FAXPG, ONCE e a Asociación Juan XXIII.
Durante o descanso, os alumnos e profesorado do CIFP Carlos Oroza teñen preparado para todos os participantes un café sensitivo onde poremos a proba os nosos sentidos.
A mañá finalizará cunha mesa que tratará da aposta polo turismo accesible a nivel destino con exemplos de experiencias turísticas accesibles como os de Arousa Norte ou das empresas Hydronauta e o futuro proxecto de Cabanas accesibles en Outes.
Na quenda da tarde continuaremos cunha visita sensitiva por Pontevedra a cargo tamén do alumando do Carlos Oroza que pon en valor o traballo desenvolvido nestos últimos anos no centro en canto ao compromiso có turismo accesible e a capacidade creativa para deseñar experiencias turísticas baseadas no sentidos.
O venres darase paso no foro ás “Pautas de atención a un cliente con diversidade funcional – visual e auditiva – con relatorio por parte da ONCE e dunha Intérprete en Lingua de Signos.
Un monumento, un lugar, pódese visualizar non só coa vista tamén co tacto, cos sentidos, podendo darnos moitos datos como a forma ou tamaño, o ambiente, os olores, os sons …
O braille, os soportes táctiles, a lingua de signos, etc, son outras opcións para que todos poidamos desfrutar por exemplo dunha visita guiada. Un grupo pode ser moi diverso e pódese chegar a todo o noso público facendo uso de diferentes medios.
Para seguir poñendo a proba os nosos sentimos durante esta segunda xornada poderase desfrutar dunha cata sensitiva de queixos D.O Galicia e pans. Influír na mente a través dos sentidos, educar ao cerebro a recoñecer esencias, sabores aos que habitualmente non todos estamos acostumados a desenvolver.
Finalizaremos cunha Comida Sensitiva no Restaurante do Carlos Oroza a cargo tamén do alumnado do centro.
Quédanos moito por avanzar en materia de accesibilidade pero si cada un pomos o noso gran de area seguirmos NO BO CAMIÑO.
Eliminemos as barreiras mentais que son as máis difíciles de superar.
Destacar por último, que nesta edición, ademais de contar coa colaboración do CIFP Carlos Oroza, a empresa PROMOVE e todos os nosos socios particulares e empresas, contamos có patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través das axudas concedidas ás asociacións sen ánimo de lucro para actuacións e actividades de carácter turístico.
Máis información: http://proturga.org/iv-foro-experiencial-proturga/
- Publicado en Actividades, Foro, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
VII Asamblea Ordinaria de PROTURGA – 30 de Xaneiro- Adega Eidos (Sanxenxo)
O próximo sábado 30 de xaneiro de 2016 celebrarase a VII Asamblea Ordinaria da Asociación de Profesionais do Turismo de Galicia que terá lugar na Adega Eidos – Sanxenxo, conforme o seguinte:
19:00- Visita guiada a Adega Eidos
19:30- Primera convocatoria da Asemblea
20:00- Segunda convocatoria da Asemblea
21:00- Degustación de viño
21:30- Cea networking en Sanxenxo
ORDE DO DÍA:
Primeiro: Lectura e aprobación da acta da Asemblea anterior.
Segundo: Presentación da Asociación
Terceiro: Informar da memoria de actividades do 2015
Cuarto:Informar das contas anuais
Quinto: Nova Web
Sexto: ROI
Sétimo: Rogos e preguntas
Rogamos confirmación de asistencia á convocatoria e cea.
Confirmación no mail: proturga@gmail.com ou no tlf:650.806.459
– Asunto:(3 opcións) Asistencia Asamblea/ Asistencia cea/ Asistencia asemblea+cea
IMPORTANTE: Poderán asistir a Asemblea todas aquelas persoas interesadas na Asociación e que non estén asociadas.
Directiva de Proturga
- Publicado en Actividades, socios, Turismo
Premios Camiño de Santiago
O pasado xoves 16 poidemos asistir á entrega dos I PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO, na Cidade da Cultura de Galicia.
Un encontro que aglutinou a Concellos, Asociacións, Empresas de Turismo Rural e incluso Centros Educativos, todos eles cunha causa común: Ter feito actuacións destinadas a mellorar o Patrimonio na Ruta Xacobea, incrementar e innovar os servicios que se lle dan ós peregrinos e divulgar e promocionar o Camiño de Santiago e a Cultura Xacobea.
Os Premios pretenden dar un paso máis para avanzar na conservación do Camiño na súa protección en xeral e na sua posta en valor, tal como apuntou Nava Castro, Directora Xeral de Turismo, quen foi encargada xunto co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de facer entrega dos premios ós galardonados.
Os Concellos de Ordes no Camiño Inglés e O Concello de Portomarín no Camiño Francés, foron recoñecidos polo seu labor na protección do entorno do Camiño e tamén do seu Patrimonio.
As Asociacións “Amigos del Camino de Santiago en Ávila” e a “Asociación Gaditana Xacobea Via Augusta”, polo seu traballo desinteresado, ano tras ano, en accións de divulgación e promoción do Camiño. Polas súas iniciativas de sinalización e recuperación, e tamén pola multitude de proxetos destinados á atención ó peregrino.
A Empresa de Turismo Rural “Parada das Bestas” e a “Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos”, polas accións a favor da mellora do Camiño coa súa rehabilitación. No caso da Empresa de turismo Rural, con criterios de bioconstrucción e respeto polo entorno, recuperación de recetas de peregrinos medievais a través da investigación e a súa implicación en actividades relacionadas coa gastronomía xacobea.
O Grupo de Investigación Cultural e Sociedades do Mundo Ibérico desde a Idade Media, O Colexio Belesar e o IES Plurilingüe San Rosendo, estes dous últimos representados por un nutrido grupo de alumnos, coas súas profesoras implicadas nos proxectos, pola súa labor académica, educativa e de investigación , que é fundamental para que toda a xente nova en Galicia, todas a s futuras xeracións vexan no Camiño unha referencia de valores.
Esperamos que estos premios teñan non só continuidade senón que se consoliden como un referente, que motive a sociedade e aumente a sensibilidade da poboación para a conservación e mellora do entorno ambiental e paisaxístico do mellor tesouro que temos en Galicia: O Camiño Xacobeo.
Patricia Furelos (socia de Proturga e socia de Guiados)
- Publicado en Actividades, Galicia, Turismo
III Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade visual e auditiva
O vindeiro sábado 21 de novembro chega a Monforte de Lemos unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por PROTURGA.
Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade visual e auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga e con Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG. Este ano ademáis contaremos con Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Parador de Monforte de Lemos.
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa). Asunto: Taller Turismo Accesible.
PROGRAMA:
10: 00 – Recepción e inauguración
10:15- 12:15 – DISCAPACIDADE VISUAL
Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
– Discapacidade visual.
– Relación e comunicación con persoas con discapacidade visual: pautas para o trato e atención
– Suxerencias para a adaptación de entornos e espacios físicos.
– Recomendación para a adaptación de contido e actividades.
– Exemplos de experiencias en turismo accesible.
12:15- 12: 45- DESCANSO
12:45 – 14:00- DISCAPACIDADE AUDITIVA
Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG.
– Qué é unha persoa xorda? E a Lingua de Signos?.
– Adaptación dos establecementos turísticos a persoas con discapacidade auditiva.
16:00 – 18:30 – Julia Saavedra- Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo. Posuidora do Título de Intérprete de Lingua de Signo. Socia de Proturga.
– Ferramentas e exemplos de boas prácticas de comunicación con turistas con discapacidade auditiva.
– Taller práctico da Lingua de Signos para profesionais do sector do turismo. Nivel Inicación.
- Publicado en Actividades, Turismo, Turismo accesible
O #ProturgaTripIII xa está aquí!
O vindeiro sábado 7 de novembro chega a terceira edición do Proturga Trip.
Desta vez coñeceremos a Comarca do Ribeiro, partiremos dende o casco histórico de Ribadavia ate ó futuro MUSEO DO VIÑO DE GALICIA, rematando a mañá ca visita a ADEGAS VALDAVIA, realizaremos un xantar networking e posterior visita ao CLUBE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO.
O ProturgaTrip non só é unha viaxe de familiarización, queremos que os profesionais do turismo experimentedes o recurso turístico e poidades interactuar con el, por iso recibiranos en Ribadavia, Antonio Míguez, Técnico de Turismo do Concello de Ribadavia que tamén guiará a visita no futuro Museo do Viño de Galicia. En Adegas Valdavia teremos a oportunidade de coñecer unha das adegas galegas máis antigas de Galicia e o proceso de elaboración dos viños do Ribeiro. Gozaremos dun menú especial durante o Xantar Networking no restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño e posteriormente visitaremos as instalacións do Clube Náutico da man dos xerentes para coñecer o seu traballo de captación de equipos de competición.
Esperamos contar coa vosa presenza e agradecemos a máxima difusión entre os vosos coñecidos.
Inscricións e consultas: sandra.proturga@gmail.com
PROGRAMA:
10:00. Encontro na Praza Maior de Ribadavia.
11:00. Visita ao Futuro MUSEO DO VIÑO DE GALICIA.
12:00. Visita á ADEGAS de VALDAVIA.
14:00. Comida Networking no Restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño.
16:30. Visita ao CLUBE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO
Prezo de participación:
– Soci@s de Proturga: 18€
– Non soci@s: 21€
*Opción de participación na viaxe sen xantar networking.
Ingreso conta bancaria:
ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)
Asunto “ProturgaTrip”
- Publicado en Actividades, Turismo, Últimos ProturgaTrip
Crónica do III Foro Proturga.Turismo Náutico e Mariñeiro en Galicia: Situación actual e retos para o futuro.
O pasado día 9 de maio de 2015 celebrouse o III Foro Proturga, adicado ao “Turismo Náutico e Mariñeiro en Galicia: Situación actual e retos para o futuro”.
Dito evento tivo lugar na cidade de Vigo, na sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, e contou con representación de entidades do sector público e privado relacionados con este tipo de turismo. A xornada dividiuse en 3 mesas redondas co obxecto de abordar o tema dende diferentes perspectivas e situacións:
- 1ª Mesa: Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal.
- 2ª Mesa: Iniciativas en Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino.
- 3ª Mesa: Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro.
Asemade, leváronse a cabo outras actividades como a Degustación a cargo de “A Perla Illas Cíes” de patés de nécora e centola e galletas mariñeiras, a entrega do III Premio Proturga e un Xantar Networking.
O Foro comezou coa inauguración do mesmo a cargo de Mª Ángeles Herrero Pérez (Xefa da Área Provincial de Turismo de Pontevedra), José Antonio Fernández Bouzas (Director Conservador do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia) e Verónica Pichel Guisande (Presidenta de Proturga).
A continuación deuse paso á primeira mesa, Iniciativas en Turismo Náutico e Implantación en Destino Galicia e Portugal, moderada por Didier Maurice. Na mesma, os diferentes relatores puxeron de manifesto tres ideas fundam
entais da actualidade do sector:
– Ningún dos relatores está satisfeito co marco lexistativo actual para o turismo náutico, teñen que facer fronte a cánones e taxas demasiado elevadas, existe unha dependencia sectorial e estacional demasiado grande e políticamente non se apoia este tipo de turismo.
– Existe unha gran falta de promoción do turismo náutico, séguese asociando o mar a turismo de sol e praia, polo que dende o propio territorio non se loita contra a estacionalidade nin se promove a diversificación.
– O Turismo Náutico está ligado ao deporte aínda que esta realidade non se ten en conta á hora de impulsar este tipo de turismo como actividade deportiva.
De seguido comezou a segunda mesa, Iniciativas de Turismo Mariñeiro e Implantación en Destino, moderada por Fátima Cachafeiro e na que se representaba o sector privado neste tipo de turismo. As conclusións desta mesa foron as seguintes:
– O marco lexislativo para este tipo de turismo é absolutamente perxudicial para o sector privado. Son moitas as trabas, dende a dificultade para atopar persoal profesional e capacitado ata para levar a cabo a unión tan lóxica entre turismo mariñeiro e gastronomía; pola imposibilidade de cociñar nos barcos e as dificultades para realizar talleres de coc
iña cos produtos capturados nese momento.
– O maior punto forte deste tipo de turismo é a gran cantidade de recursos naturais, etnográficos, gastronómicos e culturais materiais e inmateriais que posúe Galicia.
– O punto débil do Turismo Mariñeiro en Galicia é o gran descoñecemento destes recursos dentro da comunidade, a pouca valorización dos mesmos, e que se sigue comercializando o territorio como destino de sol e praia case exclusivamente.
– É necesario concienciar aos propios galegos sobre os produtos relacionados con este tipo de turismo e da súa potencialidade, atraer o turista de proximidade e, máis adiante, converter Galicia nun referente internacional en Turismo Mariñeiro.
Unha vez rematada esta mesa deuse paso á degustación de patés de nécora e centola e galletas mariñeiras para posteriormente levar a cabo a terceira e última mesa do evento, Comercialización do Turismo Náutico e Mariñeiro, moderada por Fátima Rodríguez e na que se deron cita relatores relacionados coa intermediación. Nesta mesa púxose de manifesto o seguinte:
– Algunhas zonas de Galicia que presentan gran idoneidade para o Turismo Mariñeiro como é o caso da Costa da Morte presentan grandes problemas de comercialización por falta de oferta básica de calidade, poucas prazas de aloxamento, restaurantes que non cumpren as necesidades e expectativas do público obxectivo, etc.
– Falta de formación turística nos provedores de servizos de turismo mariñeiro que non están relacionados co turismo (redeiras, mariscadoras, etc) e, polo tanto, xeración de malas experiencias nos turistas. A excepción desta afirmación é Guimatur, que é un caso de éxito que de momento non se repite en Galicia.
O maior debate da xornada xurdiu sobre as visitas guiadas de turismo náutico e mariñeiro. As dúas posturas que se puxeron de manifesto foron relacionadas coa persoa que dirixe esta actividade. Por un lado, defendíase que esa persoa fose un Guía Oficial de Galicia e, polo outro, os propios traballadores do mar. ¿Séguese pensando realmente que as profesións turísticas poden ser levadas a cabo por calquera persoa que non pertenza ó sector? ¿Qué opinades deste debate? ¿Ata cando estaremos desvalorizados os profesionais do turismo?
Ás 14:00 h. fíxose entrega do III Premio Proturga á gañadora, Andrea Rey Roca, pola súa traxectoria profesional e colaborativa en turismo para, a continuación, rematar a xornada con un Xantar Networking, no que os asistentes compartiron as súas inquietudes sobre o sector.
- Publicado en Actividades, Foro, Turismo
II Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade auditiva
O vindeiro sábado 8 de novembro chega a Pontevedra unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga. Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga. Este ano tamén contaremos con José Manuel Cabada Álvarez, Presidente de Acturaccia, Accesibildade para Todo e Turismo para Todos, Presidente de AEDES, Asociación Española para la Educación Especial y Presidente del Fórum Europeo de Administradores de la Educación de Madrid.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Salón de Actos do Sexto Edificio, Museo de Pontevedra.
(Travesía Padre Amoedo,3)
Prazo de inscrición: ata o 6 de novembro
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
PROGRAMA
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
- 1
- 2