• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Category: Actividades

O #ProturgaTripII xa está aquí!

miércoles, 15 octubre 2014 por Proturga

O vindeiro sábado 25 de outubro chega a segunda edición do Proturga Trip. Desta vez adentraremonos na comarca do Salnéscoa visita ao Pazo da Saleta e ao Mosteiro da Armenteira. Ademáis realizaremos unha ruta de sendeirismo por un dos tramos da Ruta da Pedra e da Auga.

O ProturgaTrip non só é unha viaxe de familiarización, queremos que os profesionais do turismo experimentedes o recurso turístico e interactuedes con él, por iso percorreremos un tramo da Ruta da Pedra e da Auga ao seu paso polos concellos de Ribadumia e Meis e teremos unha charla coa Técnica de Turismo da Oficina de Turismo Rías Baixas situada no Mosteiro da Armenteira para coñecer a sua labor alí ademáis dunha pequena charla cunha das monxas do mosteiro que nos falará da pequena hospedería monacal que rexentan e da fabricación de xabóns artesanáis.

 

Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.

 

 

Inscricións ate o 22 de outubro no seguinte enderezo: sandra.proturga@gmail.com

Prezo de participación (Bus+Visitas Guiadas+Comida):

– Socios de Proturga: 18€

– Non socios: 21€

Só actividade sen comida:

– Socios de Proturga: 3€

– Non socios: 5€

Ingreso conta bancaria:

ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)

Asunto «ProturgaTrip»

 

PROGRAMA

 

10:30h: Saída do autobús dende a Alameda de Pontevedra.

11:00h: Visita ao Pazo A Saleta (Meis). Un dos Pazos mais importantes de Galicia, incluido dentro da ruta da camelia. Visita aos xardíns da man dunha das propietarias.

14:00h: Comida Networking en Cambados

16:00: Ruta de sendeirismo pola Ruta da Pedra e a Auga (Ribadumia- Meis). Recorrido a pé por un tramo desta ruta paralela ás marxes do río Armenteira e salpicada de un gran número de muíños. Punto de saída: Rotonda da saída da AG-41. Final: Mosteiro de Armenteira.

Distancia: 5.5km Tempo: 1h44 min.

17:30: Visita ao Mosterio de Armenteira (Meis): Visita guiada á igrexa realizada por unha guía oficial. Pequena charla coa Técnico de Turismo da Oficina de Turismo de Rías Baixas situada no mosteiro. Pequena charla cunha das monxas do mosteiro para que nos fale da pequena hospedería que rexentan e que nos expliquen cómo fan os xabóns con aceite de camelia e outros productos.

 

2

Leer más
  • Publicado en Actividades, Últimos ProturgaTrip
No Comments

Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva

martes, 19 noviembre 2013 por Proturga

A Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha un «Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva» destinado a empresas e profesionais do turismo.

Terá lugar o sábado 30 de novembro no Hotel Carris Marineda en A Coruña.

 

Taller_Turismo_Accesible

 

Leer más
  • Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo accesible
No Comments

#ProturgaTrip

viernes, 11 octubre 2013 por Proturga

A Asociación de Profesionáis de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha unha serie de viaxes de familiarización destinados a profesionais do turismo a aqueles recursos turísticos aínda por descubrir do territorio galego.

Baixo o nome e o hashtag #proturgatrip o 19 de outubro levarase a cabo unha excursión para coñecer O Pazo do Faramello e o Castro Lupario situados a carón do Camiño Portugués a Santiago.

Nesta ocasión contaremos coa colaboración de Gonzalo, xerente do pazo que nos acompañará nunha visita guiada polo que foi a primeira fábrica de papel de Galicia. Tamén contaremos coa presencia de Manuel Gago (@magago), xornalista, profesor da USC e director de www.culturagalega.org, que xunto conCool-touring (@CoolTouring), empresa dedicada ao turismo cultural, nos descubrirán o patrimonio agochado no Castro Lupario e a sua relación coa tradición xacobea.

35898_faramello-good-009

E como toda actividade en galicia a gastronomía é fundamental polo que faremos unha parada no Restaurante Carboeiro (na Carballeira de Francos) para recargar as nosas baterías de cara a tarde.

carboeiro_2

Dende Proturga queremos animar aos nosos socios e ao resto de profesionais do turismo de Galicia a acompañarnos neste primeiro #proturgatrip

Podedes seguir toda a información nas redes sociáis da Asociación. Non vos demoredes, só quedan seis días para poder inscribirse no

Un cordial saúdo,
A Directiva de Proturga
www.proturga.org

blog.carteltrip

 

Leer más
  • Publicado en Actividades, Sin categoría, Últimos ProturgaTrip
No Comments
  • 1
  • 2

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.