Próximo Foro Proturga. Do turismo accesible ao sensitivo. 1 e 2 decembro. Pontevedra
Cada ano PROTURGA como asociación de Profesionais do turismo de Galicia oferta diversas actividades, entre as que destacan os talleres de turismo accesible, e este ano para profundar máis, non podía faltar o IV Foro PROTURGA – Do Turismo Accesible ao Turismo Sensitivo – no que poden inscribirse profesionais e empresas tanto do sector turístico como doutros.
Nesta edición vanse expor temas importantes e que afectan a todos os sectores implicados no turismo, pois, turismo somos todos e Galicia tense que implicar con todos os turistas.
Por iso necesitamos un turismo accesible para todos, para que as persoas con diversidade funcional (física, visual, auditiva, sensorial, etc) poidan desfrutar tamén de Galicia como destino turístico.
“Facer sentir o destino Galicia como unha experiencia única para todos”
O Foro terá lugar o xoves 1 e venres 2 de decembro no Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.
A primeira xornada inaugurarase coa mesa redonda sobre “Necesidades dos turistas con diversidade funcional” e contaremos para falar do tema con membros da FAXPG, ONCE e a Asociación Juan XXIII.
Durante o descanso, os alumnos e profesorado do CIFP Carlos Oroza teñen preparado para todos os participantes un café sensitivo onde poremos a proba os nosos sentidos.
A mañá finalizará cunha mesa que tratará da aposta polo turismo accesible a nivel destino con exemplos de experiencias turísticas accesibles como os de Arousa Norte ou das empresas Hydronauta e o futuro proxecto de Cabanas accesibles en Outes.
Na quenda da tarde continuaremos cunha visita sensitiva por Pontevedra a cargo tamén do alumando do Carlos Oroza que pon en valor o traballo desenvolvido nestos últimos anos no centro en canto ao compromiso có turismo accesible e a capacidade creativa para deseñar experiencias turísticas baseadas no sentidos.
O venres darase paso no foro ás “Pautas de atención a un cliente con diversidade funcional – visual e auditiva – con relatorio por parte da ONCE e dunha Intérprete en Lingua de Signos.
Un monumento, un lugar, pódese visualizar non só coa vista tamén co tacto, cos sentidos, podendo darnos moitos datos como a forma ou tamaño, o ambiente, os olores, os sons …
O braille, os soportes táctiles, a lingua de signos, etc, son outras opcións para que todos poidamos desfrutar por exemplo dunha visita guiada. Un grupo pode ser moi diverso e pódese chegar a todo o noso público facendo uso de diferentes medios.
Para seguir poñendo a proba os nosos sentimos durante esta segunda xornada poderase desfrutar dunha cata sensitiva de queixos D.O Galicia e pans. Influír na mente a través dos sentidos, educar ao cerebro a recoñecer esencias, sabores aos que habitualmente non todos estamos acostumados a desenvolver.
Finalizaremos cunha Comida Sensitiva no Restaurante do Carlos Oroza a cargo tamén do alumnado do centro.
Quédanos moito por avanzar en materia de accesibilidade pero si cada un pomos o noso gran de area seguirmos NO BO CAMIÑO.
Eliminemos as barreiras mentais que son as máis difíciles de superar.
Destacar por último, que nesta edición, ademais de contar coa colaboración do CIFP Carlos Oroza, a empresa PROMOVE e todos os nosos socios particulares e empresas, contamos có patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través das axudas concedidas ás asociacións sen ánimo de lucro para actuacións e actividades de carácter turístico.
Máis información: http://proturga.org/iv-foro-experiencial-proturga/
- Publicado en Actividades, Foro, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
Crónica de la Tercera Edición del Taller de Turismo Accesible de Proturga – por Laura López
- Publicado en Turismo, Turismo accesible
PROTURGA asiste a un Workshop organizado pola Axencia de Turismo de Galicia e PREDIF- Santiago 17 novembro 2015
PROTURGA participou este pasado martes día 17 nun workshop organizado pola Axencia de Turismo de la Xunta de Galicia e a Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física (PREDIF) que tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela.
Estas mesas foron organizadas para coñecer a opinión e as necesidades percibidas polos profesionais do sector turístico e os xestores de destinos turísticos de Galicia co fin de elaborar o Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e o Plan de Accesibilidade do Camiño de Santiago.
Proturga puido asistir á primeira mesa de traballo que se realizou entre as 9 e as 11.30 da mañá.
Asistiron a mesma entidades do sector hoteleiro, administracións públicas, axencias de viaxes, rutas do viño, etc.
Algúns dos exemplos de traballo e iniciativas en materia de turismo accesible que saíron durante a xornada foron as seguintes:
- Nova app de Predif TUR4all, unha aplicación móbil de turismo accesible onde se recolle as condicións de accesibilidade de máis de 2400 establecementos turísticos de todo o territorio español.
- Festa do Marisco de O Grove. O Concello, dentro do Plan de Turismo Accesible, contou coa colaboración dunha das asociacións locais para o deseño dunha festa accesible.
- Ruta do Viño Rías Baixas, único itinerario galego incluído na Guía de Rutas Enolóxicas de España editada por PREDIF, con 15 establecementos socios dentro da guía.
- Arousa Norte, que ofrece experiencias adaptadas para persoas con discapacidade.
- O Concello de Lugo cun portal web de accesibilidade da cidade .
- Guía de Turismo Accesible Rías Baixas.
- Guías de Aloxamentos Accesibles de Turismo de Galicia.
- Pousadas do Salnés. Proxecto de Pousadas Accesibles na Comarca do Salnés.
Estes son só algúns dos exemplos destacados durante a xornada.
Algúns puntos críticos que se analizaron durante a mesa, tanto en relación ós Profesionais do Turismo como ó sector turístico, foron as seguintes:
- Falta de formación e sensibilización en materia de Turismo Accesible dos Profesionais.
- Falta de formación sobre Turismo Accesible nos estudos regrados de Turismo.
- Necesidade de guías sobre turismo accesible para saber cómo actuar tanto na atención ao turista con algunha discapacidade puntual ou permanente, como para a adaptación dos establecementos.
- Falta de sinerxias entre administración, empresas, profesionais e asociacións de discapacitados.
- Necesidade de que se contemple no Observatorio de Turismo un estudo dos turistas con discapacidade que chegan a Galicia.
- Problemática coa LOPD en gardalo Cárdex dun turista xa aloxado nun establecemento hoteleiro, o cal facilita datos moi importantes ante un cliente con algún tipo de discapacidade.
- Falta de subvencións e apoio da Administración Pública.
- Facer un destino accesible, non só un establecemento.
- Control sobre as medidas aplicadas en Turismo Accesible.
- Falta de experiencias adaptadas para turistas con discapacidade.
- Webs turísticas que non son accesibles para todos.
- Problemática en mantemento de RRSS por cambio de constante de persoal na administración pública.
- Sistemas de calidade turística como a Q ou SICTED deben ser más ríxidos en canto accesibilidade se refire.
- Necesidade de especificar nas enquisas para os turistas/visitantes en qué consiste o termo xeral de turismo accesible.
Proturga é unha asociación pioneira en formar aos profesionais do sector dende hai tres anos e colaborando coas asociacións de persoas con discapacidade a nivel autonómico e estatal, polo que agradecemos a Predif e a Axencia de Turismo esta oportunidade, porque ademais de poder aportar como asociación que somos, puidemos tomar nota de moitos aspectos críticos que temos no sector.
- Publicado en Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
III Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade visual e auditiva
O vindeiro sábado 21 de novembro chega a Monforte de Lemos unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por PROTURGA.
Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade visual e auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga e con Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG. Este ano ademáis contaremos con Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Parador de Monforte de Lemos.
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa). Asunto: Taller Turismo Accesible.
PROGRAMA:
10: 00 – Recepción e inauguración
10:15- 12:15 – DISCAPACIDADE VISUAL
Nieves Garcia Longueira,Animadora Sociocultural e MªAngeles Fernández de Usera, Técnico de
Rehabilitación da Organización Nacional de Ciegos Españoles, ONCE.
– Discapacidade visual.
– Relación e comunicación con persoas con discapacidade visual: pautas para o trato e atención
– Suxerencias para a adaptación de entornos e espacios físicos.
– Recomendación para a adaptación de contido e actividades.
– Exemplos de experiencias en turismo accesible.
12:15- 12: 45- DESCANSO
12:45 – 14:00- DISCAPACIDADE AUDITIVA
Miguel Carregado da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, FAXPG.
– Qué é unha persoa xorda? E a Lingua de Signos?.
– Adaptación dos establecementos turísticos a persoas con discapacidade auditiva.
16:00 – 18:30 – Julia Saavedra- Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo. Posuidora do Título de Intérprete de Lingua de Signo. Socia de Proturga.
– Ferramentas e exemplos de boas prácticas de comunicación con turistas con discapacidade auditiva.
– Taller práctico da Lingua de Signos para profesionais do sector do turismo. Nivel Inicación.
- Publicado en Actividades, Turismo, Turismo accesible
II Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga: persoas con discapacidade auditiva
O vindeiro sábado 8 de novembro chega a Pontevedra unha nova edición do Taller de Turismo Accesible organizado por Proturga. Este obradoiro está dirixido a empresas do sector turístico que queiran mellorar e adaptar os seus establecementos co propósito de facelos máis accesibles; para profesionais do sector que queiran mellorar a súa comunicación cos turistas con discapacidade auditiva ou para estudantes e profesionais do sector que estean interesados nesta temática.
Como relatores contaremos de novo con Julia Saavedra, Postgraduada en Dirección e Planificación do Turismo, posuidora do título de Intérprete de Lingua de Signos e socia de Proturga. Este ano tamén contaremos con José Manuel Cabada Álvarez, Presidente de Acturaccia, Accesibildade para Todo e Turismo para Todos, Presidente de AEDES, Asociación Española para la Educación Especial y Presidente del Fórum Europeo de Administradores de la Educación de Madrid.
Esperamos contar coa vosa presencia e agradecemos a máxima difusión entre os vosos contactos.
Lugar de celebración: Salón de Actos do Sexto Edificio, Museo de Pontevedra.
(Travesía Padre Amoedo,3)
Prazo de inscrición: ata o 6 de novembro
Prezo: 5€ non socios/ gratuito socios de Proturga
Conta Bancaria para facer o ingreso: ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)
Inscricións: veronica.proturga@gmail.com
PROGRAMA
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva
A Asociación de Profesionais de Turismo de Galicia, PROTURGA, pon en marcha un «Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva» destinado a empresas e profesionais do turismo.
Terá lugar o sábado 30 de novembro no Hotel Carris Marineda en A Coruña.
- Publicado en Actividades, Sin categoría, Turismo accesible