• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Crónica do #Proturgatrip 2013

Crónica do #Proturgatrip 2013

por Proturga / viernes, 25 octubre 2013 / Publicado en Últimos ProturgaTrip

O pasado 19 de outubro o I Proturgatrip chegaba ás terras de Teo e Rois. Despois de semanas perfilando os distintos detalles para que todo saíra ben por fin chegaba o día. O único que non estaba nas nosas mans era o tempo (ameazaba chuvia, e os días previos o ceo non dera tregua), pero quizais por causa da Raíña Lupa, do Apóstolo Santiago, ou das ganas que tiñamos de que todo o mundo quedara satisfeito, a chuvia esqueceuse de nós.

O punto de encontro era a introdución do que nos atopariamos o longo do día. A Carballeira de Francos, e por proximidade o café do Restaurante Carboeiro, daban a benvida ós compañeiros que se interesaron polo Proturgatrip. Peregrinos xa con pouquiños quilómetros por diante saudaban cun agradable sorriso, o que nós correspondiamos cun Bo Camiño

 

P1030010

Arredor do mediodía chegaba a nosa quenda. Comezamos a percorrer o tramo do Camiño que nos levaría ate o Pazo Faramello, iso si, en dirección contraria. Os xestos de sorpresa dos peregrinos resultaban divertidos xa que ollaban asombrados coma unha vintena de persoas camiñaba noutro sentido (un deles mesmo parou a dicirnos se sabiamos que era en dirección oposta).

P1030024

A nosa chegada o Pazo agardábanos Gonzalo, un dos propietarios desta xoia nobiliaria que sería máis ca un guía, xa que a súa familia forma parte da historia que alí aconteceu. O descenso cara o pazo é abraiante; trátase dunha corredoira de pedra o carón dunha carballeira centenaria. Baixando non podes imaxinar que de súpeto aparecerá O Faramello.

 

P1030069

O último pazo do Camiño Portugués é moito máis cunha residencia nobre. Posúe innumerables xoias artísticas e naturais. Podemos visitar unha capela declarada BIC que agocha un retablo barroco do mestre José Gambino; admirar un cruceiro do século XVIII dos máis altos de Galicia; gozar das vistas que ofrece a terraza barroca compostelá co seu bosque de pedra; camiñar polo novo paseo de hortensias e camelias ou polo bosque fluvial de cerdeiras e castiñeiros e moito máis… Pero o máis destacado descansa oculto baixo o xardín francés do século XIX: A Real Fábrica do Faramello, primeira fábrica de papel de Galicia (1710). Da época consérvase un muíño papeleiro e no interior podemos admirar a última prancha de papel que se imprimiu no Faramello.

 

 

P1030133

Chegaba a hora do xantar e a volta cara o restaurante tocaba polo antigo trazado do Camiño. A diferenza é notable. O peregrino atoparía o río Tinto o seu paso polo pazo, e atravesaría unha fraga no canto da estrada que atopa hoxe en día. Dicir que a asociación de veciños da zona está a traballar para recuperar a traza orixinaria.

Despois do bo xantar tocaba visitar o Castro Lupario. Para coñecer a súa historia e poñer en valor a importancia arqueolóxica do conxunto contamos coa axuda de Manuel Gago e Xosé Gago. O primeiro que atopamos polo camiño foi unha ponte coñecida coma a Ponte dos Mouros. A toponimia sempre agocha pistas e así nolo confirmou Manuel: aquela ponte xa nos indicaba que podiamos achar moi preto un castro.

Unha vez chegamos á parte baixa da acrópole castrexa Xosé mergullounos no imaxinario da Raíña Lupa, xa que a lenda xacobea sitúa o Castro Lupariocomo a súa residencia. Unha vez relatada a importancia do castro, e coñecida a súa relación co Camiño, chegaba a hora de subir á cima e converternos en arqueólogos.

11

Coa axuda de Manuel achamos a segunda muralla que aparece descrita en documentos históricos, e que grazas a que se atopa repousada baixo a terra, aínda se conserva. A seguinte proba era atopar as dezasete torres que formaban parte do castro, pero a nosa visión superficial non se decataba de que as tiñamos enfronte: O Pazo Faramello. As pedras do Lupario foron trasladadas para por en pé a residencia nobiliaria. Xa por último, Manuel “desafiounos” a cruzar o mar de toxos para coñecer os restos dunha capela que xacía baixo unha pequena carballeira, e nós non puidemos máis que aventurarnos na maleza.

13

O día foi fantástico. O alí coñecido non pode deixar de chegar a máis profesionais, e os turistas interesados no noso patrimonio e na nosa cultura ficarán encantados.

Pola nosa parte agradecer as persoas que se achegaron a coñecer a proposta que fixo Proturga. Grazas de novo a Gonzalo a Manuel e a Xosé.

Vémonos no seguinte Proturgatrip!

Facebooktwittergoogle_pluslinkedin

What you can read next

#ProturgaTrip
O #ProturgaTripIII xa está aquí!
O #ProturgaTripII xa está aquí!

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.