• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

CRÓNICA VI FORO PROTURGA- O TURISMO TERMAL COMO DINAMIZADOR DE DESTINOS

CRÓNICA VI FORO PROTURGA- O TURISMO TERMAL COMO DINAMIZADOR DE DESTINOS

por Proturga / jueves, 02 mayo 2019 / Publicado en Foro, Sin categoría, Turismo

O pasado día 29 de marzo tivo lugar en Cuntis o VI FORO PROTURGA, adicado nesta ocasión ao TURISMO TERMAL COMO DINAMIZADOR DE DESTINOS. Este evento estivo composto por mesas redondas, unha ponencia – taller e outras actividades paralelas:

MESA REDONDA. TURISMO TERMAL COMO REVULSIVO DOS DESTINOS DE INTERIOR. Nesta Mesa Redonda realizouse unha análise dos destinos termais de interior de Galicia e do que supón este tipo de oferta no turismo destes territorios. Asemade, achegámonos á xestión destes destinos e aos retos aos que se enfrontan.

MESA REDONDA. SITUACIÓN ACTUAL DO TURISMO TERMAL. RETOS DE FUTURO E COMERCIALIZACIÓN. Analizouse a situación actual e as características dos centros de turismo termal en Galicia, a demanda deste tipo de turismo, as fórmulas de comercialización e os retos de futuro.

PONENCIA – TALLER. PROPIEDADES DAS AUGAS MINEIROMEDICINAIS. TÉCNICAS E TERAPIAS TERMAIS.Ponencia na que se deu a coñecer os tipos e propiedades das augas mineromedicinais de Galicia así como as diferentes terapias termais, o que nos achegou a unha visión global dos balnearios galegos.

Asemade, realizáronse outras actividades paralelas como:

  • Café networking no balneario Termas de Cuntis, co obxecto de fomentar as sinerxías entre os empresarios e profesionais.
  • Premio Proturga. En tódalas edicións do Foro Proturga entregadase un premio a un socio/a por cuestións relativas á temática do foro na súa traxectoria profesional. Nesta ocasión fíxose entrega deste premio a Verónica Pichel Guisande, anterior presidenta de Proturga, por varios anos adicados a esta asocación e pola continuación da súa participación activa na actualidade.
  • Visita ao Balneario Termas de Cuntis
  • Visita “Orixe Termal de Cuntis” e á Fundación Terra Termarum. Realizouse unha visita guiada da man do Técnico de Turismo de Cuntis, Manuel Sayar, e do Concelleiro de Cultura e Turismo de Cuntis e historiador Diego Torres.Ambos convidáronnos a coñecer a tradición termal de Cuntis.A auga mineromedicinal nesta vila deu lugar ao balneario Termas de Cuntis e tamén a burgas con nomes curiosos coma “Lume de Deus”.

 

CONCLUSIÓNS

A auga como recurso singular, único con moitas potencialidades.

Con máis de 300 mananciais de augas mineromedicinais, 23 balnearios con máis de 300 prazas hoteleiras e 5 centros de talasoterapia; Galicia é unha potencia en turismo termal e de saúde á que aínda lle queda moito percorrido. Asemade, 17 balnearios atópanse en entornos rurais e actúan como dinamizadores da zona, xeran riqueza, emprego directo e un efecto multiplicador noutros negocios da contorna.

“Ourense ten ese gran mar de augas agochadas” (ReginaPolín Rodríguez).

A maioría dos balnearios galegos teñen 3 ou mais estrelas e destacan polo seu compromiso coa calidade, posto que moitos deles dispoñen da Q de calidade turística.

Presentación do VI Foro Proturga. De esquerda a dereita: Dona Laura González – Dopeso Portela, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Manuel Campos Velay, D. Cesáreo González Pardal e Dna. Fátima Cachafeiro Blanco

 

Neste foro identifícanse unhas NECESIDADES claras no turismo termal:

  1. COLABORACIÓN PÚBLICO-PRIVADA PARA REFORZAR A CONCIENCIACIÓN DE QUE AS AUGAS MINEROMEDICINAIS SON UN RECURSO DIFERENCIADOR PARA GALICIA

As augas mineromedicinais son un recurso diferenciador de Galicia con grandes posibilidades pero que precisa un esforzo de posicionamento mediante o apoio público e o privado.

Produtos como os balnearios, termas e burgas entre outros; teñen gran capacidade de atracción de visitantes e poden supoñer revulsivos para os territorios, xerando un efecto multiplicador importante no consumo local.

Dende as administracións públicas representadas neste foro apóstase polo uso público das augas mineromedicinais de forma complementaria á iniciativa privada. O labor destas iniciativas debe ser a dinamización dos destinos, dando a coñecer os recursos e produtos e beneficiando á iniciativa privada e ó destino. Como exemplo, a administración defende o caso de Ourense, no que as termas actúan como polo de atracción ao destino e tamén ao coñecemento do mesmo.

Apóstase pola creación de sinerxías, a sostibilidade para conservar o recurso e a concienciación da poboación local.

Mesa Redonda. O Turismo Termal como revulsivo dos destinos de interior. Moderadora (no atril): Dna. María Elisa Alén González. Na mesa de esquerda a dereita: D. Manuel Martínez Sayar, D. Avelino Luis de Francisco Martínez, Dna. ReginaPolín Rodríguez, Dna. Nita Torres Reboiras, D. José Antonio Fraiz Brea e D. Emilio Cuiñas Otero

 

  1. REVISIÓN DA LEXISLACIÓN EN BALNEARIOS.

Os relatores consideran preciso a revisión e actualización da lexislación relativa ao uso das augas termais tendo en conta o sector público e o privado. As voces asistentes ao foro solicitan que se valoren cuestións como as seguintes:

  • As termas de uso público son competidoras dos balnearios ou compleméntanse con esa oferta privada?
  • Son as termas públicas un reclamo para que os visitantes potenciais descubran o destino por primeira vez e, polo tanto, descubran tamén a oferta privada; ou pola contra, realizan unha competencia desleal?
  • É posible unha oferta de termas e de balnearios que se complemente e enriqueza o destino?

Mesa Redonda. Situación actual do Turismo Termal. Retos de futuro e comercialización. Moderador (no atril): D. Emilio Cuiñas Otero. Na mesa de esquerda a dereita: Dna. Eva Álvarez, D. Santiago VillanuenaFalque, D. Jesús F. Ares, D. Vicente Boyer e Dna. Marisol Espiño

 

  1. EVITAR A ALTA DEPENDENCIA DO MERCADO DE PROXIMIDADE E DE PROGRAMAS COMO OS IMPULSADOS POLO IMSERSO. EXPLORAR NOVOS SEGMENTOS: INFANTIL E XUVENIL E DE LONGA ESTANCIA.

Na actualidade existe unha gran dependencia dos balnearios polo mercado de proximidade e por programas como aqueles impulsados polo IMSERSO. Deste xeito, estanse perdendo moitos nichos de mercado polo que é preciso diversificar e dirixirse a outros mercados potenciais.

Fronte á gran dependencia do Imserso, neste foro lánzanse varias preguntas:

  • É o Imserso unha garantía? Ou pola contra, “acomoda” moito?
  • A onde queremos chegar? Realmente este modelo actual, estancado nuns poucos mercados ten percorrido a medio e/ou longo prazo?
  • Estamos realizando a promoción adecuada para posicionar o turismo termal como un referente en Galicia?
  • Estase comercializando da maneira axeitada?

 

  1. PROFESIONALIZACIÓN DO SECTOR E EVOLUCIÓN

Tal como sucede en xeral con todo o sector turístico, no eido do turismo termal tamen se precisa mellorar na profesionalización deste subsector para logran unha evolución e rematar co estancamento.

É preciso unha evolución que se manifeste en diferentes aspectos:

  • Evolución nos tratamentos e tratamentos persoalizados.
  • Esquecer as tempadas e buscar posicionamento.
  • Técnicas de comercialización como revenuemanagement, integración en paquetes (os touroperadores non teñen presenza de balnearios), análise das necesidades de diferentes perfís da demanda en auxe como turismo familiar, millenials, etc.

Ponencia – Taller. Propiedades das Augas Mineromedicinais. Técnicas e terapias termais Relator: D. Antonio Freire

 

  1. INTEGRACIÓN CON OUTROS PRODUTOS.

Na actualidade os balnearios están pouco integrados co resto da oferta dos destinos. Sen embargo o turista cada vez demanda máis experiencias no destino, buscando así formar parte dos territorios. Por este motivo, buscar a complementariedade do turismo termal cos recursos e servizos do destino é algo fundamental.

As augas termais teñen dúas vertentes, por un lado acurativa e, por outro, como lugar de relax. Os balnearios teñen un rol importante a balneoterapia como tratamento preventivo, curación, etc…Hai un aumento da poboación envellecida.

Debemos transformar a oferta turística e complementala coa paisaxe e unila con diferentes variedades turísticas como deporte, gastronomía, cultura, patrimonio.

Algún exemplos expostos que neste intre temos en Galicia da unión de Balnearios con outros produtos que contribúen ádesestacionalización son:

*Balneario de Laias, xerando valor mediante a creacióndun produto que vincula o balneario  co deporte, en concreto co remo (veñen equipos de remo de todas as partes do mundo a preparar as pretemporadas no balneario) –  Internacionalización.

*Balneario de Lobios + BTT.

*Vertente médica:O Centro sanitario Carmen unido ó Balneario de Laias.

*Segmento senior (+50anos) é un producto cunha evolución moi grande coa axuda dos entes públicos e privados.

*Trens +  balnearios (rutas dende diferentes puntos de Galicia en tren). Por cada euro invertido pola administración recupérase 2,4€.

 

Se nos xuntamos podemos ser invatibles. Temos que pensar todos en conxunto.

Precisamos de todo e de todos, pois o turismo termal aínda ten moitas posibilidades.

 

 

 

 

 

 

 

Facebooktwittergoogle_pluslinkedin

What you can read next

GOODLIFE TURISMO Y DEPORTE CONSULTORES
Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
RIAS BAIXAS VS PROMOCIÓN DEL TURISMO

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.