FACENDO CAMIÑO

Viaxes de Familiarización nos Camiños
de Santiago para Profesionais do Turismo

De novembro de 2019 a abril de 2020

O Camiño de Santiago é un produto único e de grande valor para a comunidade de Galicia. Por este motivo, de cara ao Xacobeo 2021 é preciso incrementar a profesionalización e a sensibilización dos axentes turísticos galegos, co obxecto de mellorar a experiencia do peregrino.

O proxecto FACENDO CAMIÑO, deseñado por PROTURGA, Profesionais do Turismo de Galicia; nace con este fin, para que os axentes turísticos coñezan o Camiño de Santiago de primeira man e se convertan nos mellores prescritores do mesmo.

FACENDO CAMIÑO é facer a experiencia do camiño a través de tódolos axentes turísticos do destino.

Para desenvolver este proxecto, PROTURGA obtivo unha subvención no marco da liña O Teu Xacobeo, da Axencia de Turismo de Galicia.

INFORMACIÓN DE INSCRICIÓN:

Para participar na ruta de interese podes poñerte en contacto a través do email facilitado no apartado específico destinado a cada Camiño

Data:16 de novembro de 2019 (CANCELADO POR MOTIVOS METEOROLÓXICOS. Próximamente nova data)

Contacto e inscrición:  info@guiadospontevedra.com

Plazas limitadas: 20 persoas

Descrición: Os motivos para surcar a ría de Arousa e continuar a travesía polo río Ulla son innumerables e un verdadeiro regalo para os sentidos. E por este motivo que vos queremos presentar un itinerario diferente que nos leva directamente a Compostela, a Ruta Xacobea por Mar de Arousa e río Ulla, unha excusa mais para navegar pola mais grande das rías galegas.

Programa 

11:30 Recepción de asistentes no porto de Carril.Entrega de documentación e presentación da xornada.

12:00 Taller  de marisqueo coas mariscadoras locais.

13:45 Comida en Carril, ou posibilidade de Picnic se o tempo o permite na Illa de Cortegada.

14:30/16:30 Illa de Cortegada.Visita guiada a maior extensión de Bosque de Loureiro de Europa. Guia de Parque Illas Atlanticas.

16:30/18:30 Realización da Traslatio e barco coa colaboración e organización la empresa  Bluscus Turismo Mariñeiro ate Pontecesures.

Charla: Isabel Vigo Rodriguez ( Licenciada en Historia da Arte e Guia Oficial de Galicia): «Ruta de Mar de Arousa: singular itinerario marítimo e fluvial”

18:30 Chegada a Carril de volta.

Data: 26 de novembro de 2019

Prazo de inscrición: ata o 23 de novembro

Contacto e inscrición: info@genuinegalicia.com

Plazas limitadas: 50/55 persoas

Descrición: O camiño Inglés é unha ruta de unión entra diversas culturas, dende o século XII persoas procedentes da Escandinavia, Países Baixos, norte de Franza, Inglaterra, Escocia e Irlanda, chegaban en barco aos principias portos do Norte de Galicia para proseguir a pé ata a tumba do Apóstolo. É precisamente esta orixe marítima a que outorga un carácter especial ao Camiño Inglés, por este motivo as actividades organizadas nesta xornada mostrarán a conexión desta ruta co litoral galego e co gran patrimonio cultural e natural que mostra o Camiño de Santiago ao seu paso por estas terras.

Programa:

9:00 Encontro dos participantes. En Betanzos: Praza García Naveira, estatua dos Irmáns García Naveira.
Cada participante achegarase ao punto de encontro por medios propios
 
9:15 Inicio da Xornada. Traslado en bus: Visita as Igrexas de San Miguel de Breamo e San Xoán de Vilanova.
Inicio da andaina no Camiño Inglés ( 4km aprox.) ao seu paso polo concello de Miño.
 
12:00 Pausa café con productos da zona ao final da camiñada
 
12:30 Traslado a Betanzos e paseo pola vila e o seu entorno.
 
14:30 Almorzo.
16:30 Café e Networking. Entrega de material informativo. Intercambio sobre o camiño e análise DAFO

Data: 5 de decembro de 2019

Prazo de inscrición: Apartir do 15 de novembro

Contacto e inscrición: info@guiadospontevedra.com

Plazas limitadas: 25/30 persoas

Descrición: A cidade de Pontevedra e o culto a Virxe Peregrina son elementos vencellados a tradición Xacobea. Caldas de Reis, así como a etapa de peregrinación entre Pontevedra e Caldas son   actividades cada vez mais solicitadas polos grupos que visitan Galicia.

A realización de este Camiño de Peregrinación vai parello a outros productos turísticos importantes tales coma o Turismo Termal en Caldas, as visitas a Casa Rosalia en Padrón dentro da Ruta da Camelia para amantes das visitas a xardíns de inverno.

Dende os século XII, o fluir de peregrinos cara o norte da Península foi establecendo non so conexións espirituais senon tamen culturais  e económicas, lazos humanos que as fronteiras políticas nunca poideron romper. Foi tal a impronta en terras lusas do fenómeno Xacobeo que a propia rede viaria de Portugal configurariase así, de sur a norte, pasando polos lugares que o Camiño Portugués ía fixando cara Galicia.

Programa: 

10:00 Recepción de asistentes frente a Igrexa da Peregrina en Pontevedra. Entrega de material os asistentes e presentación Etapa Camiño de Portugués.

10:30 “Un repaso ós  265 años da cofradía da Divina Peregrina de Pontevedra”

11:15 Traslado dos participantes ata o Parque Natural Río Barosa e comenzo da etapa.Opción de facer o Camiño a pe.

13:00 Visita guiada o casco histórico de Caldas de Reis e as súa conexión coa Ruta  Xacobea. Richard Rivera (Licenciado en Historia da Arte e Guía Oficial de Galicia)

14:30 Comida en Caldas de Reis 

16:30 Traslado a Padrón  para visitar o Pedrón na Igrexa de Santiago  e o Santiaguiño do Monte. Richard Rivera (Licenciado en Historia da Arte e Guia Oficial de Galicia)

Data:16 de xaneiro de 2020

Prazo de inscrición: Apartir do 29 de decembro

Plazas limitadas: 25/30 persoas

Contacto e inscrición:info@guiadospontevedra.com

Descrición: O Camiño Portugúes pola Costa segue o litoral atlántico dende Porto, pasando por Viana do Castelo, A Guarda e Vigo, ata unirse co Camiño Portugués Central en Redondela. Utilizado dende o século XVI polos peregrinos, este camiño esta medrando de forma imparable. Motivos non lle falta: fermosas paisaxes, precorrido doado sen grandes desniveis, boa infraesctructura, praias, cultura…sen esquecer a gastronomía e as increiblespostas de sol sobre o mar.

Programa: 

9:00 Recepción de asistentes  no Hotel  Talaso Atlantico Oia  (Pontevedra). Entrega de material os asistentes e presentación Etapa do Camiño Portugués pola costa.

9:10 Traslado a Caminha  (Portugal) en autocar.

10:00 En Caminha cruzamos o río en ferry e comenzamos o Camiño (Etapa A Guarda-Portecelo-Oia) Realizaremos un tramo de 8 km. Ana Martin Ponte (Diplomada en Turismo e Guía Oficial de Galicia)

13:15 Traslado dos participantes ata o Mosteiro de Oia. Charla: “O Camiño Monacal. A importancia do Cister no Camiño de Santiago. O Mosteiro de Oia” Manuel Mallo (Licenciado en Filoloxía Xermánica e Guia Oficial de Galicia)

14:30 Comida en Oia

16:30 Visita guiada ó casco histórico de  Baiona. Ana Martín Ponte.

18:30 Coñeceremos de primeira man os atributos e propiedades das augas termais de Galicia con un recorrido marino no Talaso Atlántico.

Data: 15 de febreiro de 2020

Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!

Contacto e inscrición:  Podes reservar no seguinte link:

https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-norte

Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).

Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Norte.

Programa:  Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:

8:40 h. Saída dende Mondoñedo en dirección Sobrado dos Monxes. Unha viaxede 92,4 Km. por estrada con chegada estimada para as 10:00 h. No traxecto levarase a cabo a presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que compartirán como se percibe a situación do Camiño Norte dende o seu sector.

10:00 h. Primeiro tramo a pé polo Camiño Norte dende Sobrado dos Monxes ata As Corredoiras, 8,6 Km. de dificultade media, con chegada prevista para ás 12:00 h. No percorrido analizaranse os primeiros recursos culturais e medioambientais, xunto coa xestión das infraestruturas; a través dunha orixinal análise e posta en común cos participantes.

12:15 h. Traslado en Bus ata Santiago de Compostela, 56,8 Km. Con chegada prevista ás 13:40 h. Logo de ter percorrido o primeiro tramo a pé do Camiño, levarase a cabo unha posta en común das primeiras conclusións extraídas por cada participante.

13:40 – 14:00 h. Dinámica na Praza do Obradoiro, punto de paso obrigado para todos os peregrinos. Analizarase o comportamento e as reaccións de cada persoa ochegar diante da catedral, logo de tanto esforzo. Transmitirase a importancia do Camiño para cada persoa, e en consecuencia o traballo dos profesionais do sector deberá ir encamiñado a mellorar a súa experiencia.

14:00 h. Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ata o final da avenida de San Lázaro, 3,3 Km. de dificultade baixa, cunha chegada prevista para as 14:45 h. Do mesmo xeito que na acción do Obradoiro, analizarase o comportamento dos peregrinos “mirándolles a cara e vendo a súa realidade”. Ademais desta dinámica na que se promoverá a conversa entre profesionais e peregrinos, levarase a cabo unha análise de aspectos a mellorar, xunto coas acción máis oportunas.

14:45 – 16:45 h. Tempo libre para xantar (ofrecerase ó comezo da xornada a posibilidade de reservar o xantar co grupo).

16:45 h. Desprazamento dende Santiago ata Arzúa, con chegada prevista para ás 17:30 h. realizando diferentes dinámicas de autobús que nos axuden a reforzar a mensaxe e acadar os obxectivos perseguidos con este proxecto.

17:30 h. Último tramo a pé do Camiño Norte entre Arzúa e Ribadiso, 3,2 Km. de dificultade media/baixa para o que se estima finalizar ás 18:15 h. O traxecto desenvolverase en dirección oposta os peregrinos, o que permitirá aumentar o número de encontros e diálogo cos participantes a  través de dinámicas participativas, contrastando as súas  pinións coas  que se recibiran no tramo anterior, xa en Santiago. Do mesmo xeito, poderase analizar e comparar a xestión dos recursos entre o destino final e un dos tramos seleccionados.

18:15 h Regreso dende Ribadiso con dirección Mondoñedo con chegada prevista para as 20:10 h. Na viaxe de regreso levarase a cabo a elaboración dun DAFO de maneira conxunta, ademáis das enquisas persoais entregadas a cada participante.

Data: 8 febreiro de 2020

Prazo de inscrición: Do 7 ao 25 de xaneiro

Contacto e inscrición: info@maisqueromanicorutas.com

Plazas limitadas: 34 persoas

Descrición: Un dos segredos mellor gardados de Galicia é o Camiño de Inverno, unha maneira mais doada de chegar a Compostela, percorrendo paisaxes máxicas, agochadas dende épocas inmemoriables para manter a espiritualidade da nosa terra.

Programa:

9:30 h. Recepcion de Asistentes en Chantada.

10:30 h. Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao). Entrega de material os asistentes e presentacion da etapa do Camiño de Inverno.

Charla Patrimonio Inmaterial: Aturuxos e Folions (Asociacion Folion de Carros de Chantada).

11:30 h. Traslado dos participantes a Diomondi. Visita a igrexa románica de San Paio de Diomondi e antiguo Pazo Episcopal.

Charla: Dende Roma a Santiago: viño, bispos e mosteiros.

12:30 h. Etapa interpretativa do Camiño de Inverno desde Diomondi ao Pobo de Belesar.

Charla: Os recursos fluviais do Miño o seu paso polo Camiño de Inverno.

14:30 h. Traslado e comida na adega Via Romana acollida á D.O.Ribeira Sacra. Degustacion de productos da zona.

16.00 h. Etapa Camino de Invierno: Belesar-Chantada.

19:00 h. Visita ao Mosteiro de San Salvador de Asma.

Charla: Industrias agroalimentarias emerxentes na Estela do Camiño de Inverno

20:30 h. Clausura da xornada.

Data: 20 de marzo de 2020

Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!

Contacto e inscrición:  Podes reservar no seguinte link:

https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-primitivo

Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).

Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Primitivo.

Programa: Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:

8:40 h. Saída en bus dende Lugo ata Melide de dificultade media / alta, con chegada estimada para as 9:40 h. No traxecto levarase a cabo a presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que compartirán como se percibe a situación do Camiño Primitivo dende o seu sector.

9:40 h. Comezo do primeiro tramo a pé polo Camiño Primitivo dende Melide ata Ribadiso, 10,8 Km. de dificultade baja, con chegada prevista para as 12:30 h. No percorrido analizaranse os primeiros recursos culturais e medioambientais, xunto coa xestión das infraestructuras; a través da análise e posta en común cos participantes.

12:30 h. Desprazamento en Bus ata Santiago de Compostela, 35,8 Km. Con chegada prevista ás 13:30 h. Logo de ter percorrido o primeiro tramo a pé do Camiño, levarase a cabo unha posta en común das primeiras conclusións extraídas por cada participante.

13:30 – 13:50 h Dinámica na Praza do Obradoiro, punto de paso obrigado para todos os peregrinos. Analizarase o comportamento e as reaccións de cada persoa o chegar diante da catedral, logo de tanto esforzo. Transmitirase a importancia do Camiño para cada persoa, e en consecuencia o traballo dos profesionáis do sector deberá ir encamiñado a mellorar a súa experiencia.

13:50 – 15:50 h. Tempo libre para xantar (ofrecerase ó comezo da xornada a posibilidade de reservar o xantar co grupo).

16:00 h. Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ata o final da avenida de San Lázaro, 3,3 Km. de dificultade baixa, cunha chegada prevista para as 17:15 h. Do mesmo xeito que na acción do Obradoiro, analizarase o comportamento dos peregrinos “mirandolles a cara e vendo a súa realidade”. Ademáis desta dinámica na que se promoverá a conversa entre profesionáis e peregrinos, levarase a cabo unha análise de aspectos a mellorar, xunto coas accións máis oportunas.

16:45 h. Regreso dende dende Santiago de Compostela con dirección Lugo, 104 Km. con chegada prevista para as 18:35 h. Na viaxe de regreso levarase a cabo a elaboración dun DAFO de maneira conxunta, ademáis das enquisas persoais entregadas a cada participante.

 

Data: marzo de 2020

Prazo de inscrición: próximamente

Contacto e inscrición: info@genuinegalicia.com

Descrición: A Vía da Prata é o gran Camiño de Peregrinaxe procedente do Sur de España. Polas súas características de conexión entre a cultura do Sur da Península e o Norte, na Idade Media foi un camiño de intercambio cultural entre a zona cristiana e a zona musulmana. A Vía da Prata pasa por paisaxes moi distintos desde Sevilla ou Córdoba ata Santiago de Compostela, cruzando á súa vez varias ciudades Patrimonio da Humanidade. Por outra banda é un Camiño que pasa polos lugares máis descoñecidos e aillados de Galicia, cos que non nos identifican habitualmente.

Programa: próximamente

Data: 4 de abril de 2020

Prazo de inscrición: Apartir do 15 de marzo

Plazas limitadas: 25/30 persoas

Contacto e inscrición: info@guiadospontevedra.com

Descrición: Todos os camiños de peregrinación levan a Santiago. Todos menos o Camiño Fisterra-Muxía, o único traxecto que en vez de dirixirse a esta cidade iniciase na propia Compostela e continúa cara o Atlántico en busca do antiguo finis terrae.
Se chegas a Santiago, tan só catro etapas más separan a cidade do litoral máis espectacular: a Costa da Morte.
O Camiño a Fisterra-Muxía e unha posibilidade moi atractiva para alongar o tempo que pasamos en Galicia, aproveitando o magnetismo do antigamente considerado «fin do mundo» e tamén do Santuario da Virxe da Barca. Xa dende fai moitos séculos os peregrinos mostraron interese por chegar a este particular destino. Hoxe en día, a presencia do mar, a lenda e misterio destas terras e da beleza da Costa da Morte en sí seguen sendo un gran reclamo.

Programa: 

9:00 Recepción de asistentes na Carballeira de San Lourenzo (Santiago de Compostela). Entrega de material os asistentes e presentación Etapa Camiño Fisterra -Muxia

9:10 Realización da etapa dende este lugar ate Roxos. Linda Planchais ( Guia de Turismo de Galicia)

10:15 Traslado dos participantes ata Pontemaceira en autocar, parada para café. Charla: “Extensión da peregrinación ate o Santuario da Barca, A Compostela, A Fisterrana e a Muxiana”. Linda Planchais.

11:00 Traslado dos participantes en autocar ata Sardiñeiro. Entrega de atributos de peregrino (bastón e concha de vieira)

12:00 Realización da Etapa dende Langosteira ata a Igrexa de Santa Maria das Areas (SXII) “O Románico ó final do Camiño” (Beatriz Perez Pereira. Licenciada en Historia del Arte e Guia Oficial de Galicia)

14:00 Subida o Cabo Fisterra en autobús.  Comida en Casa Lestón (Sardiñeiro)*

17:00 Traslado en autobús. Charla: O Impulso da Cristianización do culto Mariano en Muxia, o papel dos monxes do Mosteiro de Moraime”. Beatriz Perez Pereira.

18:00 Visita o Santuario da Virxe da Barca.

Data: 25 de abril de 2020

Prazo de inscrición: Xa podes reservar praza para esta xornada, as inscripcións estarán abertas ata o día antes. Reserva a túa canto antes para asegurarte de non perdela!

Contacto e inscrición: Podes reservar no seguinte link:

https://experienciasdeldestino.sacatuentrada.es/es/entradas/famtrip-facendo-camino-frances

Podes poñerte en contacto connosco en info@experienciasdeldestino.com ou chamando ó 902 300 111 (extensión 4).

Descrición: Coñece as necesidades do peregrino e como mellorar a súa experiencia a través dunha xornada chea de coñecemento e reflexións no Camiño Francés.

Programa: Nesta xornada seguiremos o seguinte itineriario:

8:40 h. Saída a pé dende Sarria ata Barbadelo, 4,4 Km. de dificultade media / alta, con chegada prevista para as 9:45 h. No percorrido analizaranse os primeiros recursos culturais e medioambientais, xunto coa xestión das infraestructuras; a través da análise e posta en común cos participantes.

9:45 h. Traslado en bus dende Sarria en dirección Santiago de Compostela con chegada estimada para as 12:10 h. No traxecto levarase a cabo a presentación da xornada xunto cunha acción de dinamización entre os participantes, coa que se compartirá a percepción da situación do Camiño Francés dende cada ámbito.

12:00 – 12:30 h Dinámica na Praza do Obradoiro. Analizarase o comportamento e as reaccións de cada persoa ó chegar diante da catedral, logo de tanto esforzo. Transmitirase a importancia do Camiño para cada persoa, e en consecuencia o traballo dos profesionáis do sector deberá ir encamiñado a mellorar a súa experiencia.

12:30 h Tramo a pé en dirección contraria ós peregrinos, dende o Obradoiro ara o final da avenida de San Lázaro, 3,3 Km. De dificultade  baixa, conchegada prevista ás 13:35 h.

13:35 – 15:15 h. Tempo libre para xantar (ofrecerase ó comezo da xornada a posibilidade de reservar o xantar co grupo).

15:15 h. Traslado en bus entre Santiago e Arzúa, 35,8 Km. realizando diferentes dinámicas de autobús que nos axuden a reforzar a mensaxe e acadar os obxectivos perseguidos con este proxecto.

16:00 h. Último tramo a pé do Camiño Francés entre Arzúa e Ribadiso, 3,2 Km. de dificultade media/baixa para o que se estima finalizar ás 16:45 h. O traxecto desenvolverase en dirección oposta os peregrinos, o que permitirá aumentar o número de encontros e diálogo cos participantes a través de dinámicas participativas, contrastando as súas opinións coas que se recibiran no tramo anterior, xa en Santiago. Do mesmo xeito, poderase analizar e comparar a xestión dos recursos entre o destino final e un dos tramos seleccionados.

16:45 h. Regreso dende Ribadiso con dirección Sarria, con chegada prevista para as 18:30 h. Na viaxe de regreso levarase a cabo a elaboración dun DAFO de maneira conxunta, ademáis das enquisas persoais entregadas a cada participante.

SUBIR