![IMG_6285](https://proturga.org/wp-content/uploads/2015/12/IMG_6285-420x280_c.jpg)
O pasado xoves 16 poidemos asistir á entrega dos I PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO, na Cidade da Cultura de Galicia.
Un encontro que aglutinou a Concellos, Asociacións, Empresas de Turismo Rural e incluso Centros Educativos, todos eles cunha causa común: Ter feito actuacións destinadas a mellorar o Patrimonio na Ruta Xacobea, incrementar e innovar os servicios que se lle dan ós peregrinos e divulgar e promocionar o Camiño de Santiago e a Cultura Xacobea.
Os Premios pretenden dar un paso máis para avanzar na conservación do Camiño na súa protección en xeral e na sua posta en valor, tal como apuntou Nava Castro, Directora Xeral de Turismo, quen foi encargada xunto co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de facer entrega dos premios ós galardonados.
Os Concellos de Ordes no Camiño Inglés e O Concello de Portomarín no Camiño Francés, foron recoñecidos polo seu labor na protección do entorno do Camiño e tamén do seu Patrimonio.
As Asociacións “Amigos del Camino de Santiago en Ávila” e a “Asociación Gaditana Xacobea Via Augusta”, polo seu traballo desinteresado, ano tras ano, en accións de divulgación e promoción do Camiño. Polas súas iniciativas de sinalización e recuperación, e tamén pola multitude de proxetos destinados á atención ó peregrino.
A Empresa de Turismo Rural “Parada das Bestas” e a “Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos”, polas accións a favor da mellora do Camiño coa súa rehabilitación. No caso da Empresa de turismo Rural, con criterios de bioconstrucción e respeto polo entorno, recuperación de recetas de peregrinos medievais a través da investigación e a súa implicación en actividades relacionadas coa gastronomía xacobea.
O Grupo de Investigación Cultural e Sociedades do Mundo Ibérico desde a Idade Media, O Colexio Belesar e o IES Plurilingüe San Rosendo, estes dous últimos representados por un nutrido grupo de alumnos, coas súas profesoras implicadas nos proxectos, pola súa labor académica, educativa e de investigación , que é fundamental para que toda a xente nova en Galicia, todas a s futuras xeracións vexan no Camiño unha referencia de valores.
Esperamos que estos premios teñan non só continuidade senón que se consoliden como un referente, que motive a sociedade e aumente a sensibilidade da poboación para a conservación e mellora do entorno ambiental e paisaxístico do mellor tesouro que temos en Galicia: O Camiño Xacobeo.
Patricia Furelos (socia de Proturga e socia de Guiados)
![Comparte en Facebook Facebook](https://proturga.org/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/96x96/facebook.png)
![Comparte en Twitter twitter](https://proturga.org/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/96x96/twitter.png)
![Comparte en Google+ google_plus](https://proturga.org/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/96x96/google_plus.png)
![comparte en Linkedin linkedin](https://proturga.org/wp-content/plugins/social-media-feather/synved-social/image/social/regular/96x96/linkedin.png)