PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19
Aloxamentos, restaurantes, guías turísticos, empresas de turismo activo, actividades complementarias e consultorías de turismo ademáis de profesionais por conta allea, transmitiron as súas necesidades a PROTURGA, a través dunha enquisa transversal relativa á crise do Covid-19.
A situación provocada pola pandemia do coronavirus afectou a toda a cadena do sector e, por isto, Proturga activou este mecanismo de opinión de todos os axentes, có obxectivo de coñecer as inquedanzas particulares, primeiras consecuencias e necesidades de cada peza do sector para obter unhas conclusións globais. Con esta información elaborou un informe que xa remitiu ao Clúster de Turismo de Galicia e ás administracións públicas, tanto a nivel autonómico como provincial.
Axudas económicas e fiscais, protocolos de seguridade, inversión na planificación e continxencia, loita contra a ilegalidade e o intrusismo, incremento da calidade e distintivos de “destino seguro” son algunhas das demandas do sector, ademáis das accións de desestacionalización, campañas promocionais e a aposta polas empresas e os profesionais especializados en turismo para a reactivación do sector. Todo isto nun escenario de cooperación entre destinos, entre profesionais e entre os organismos públicos e privados.
Entre os seus temores está o cómo afrontar os gastos inmediatos e que se produzca unha situación de medo ao contaxio no mercados actuais e potenciais durante o ano 2020. A medio prazo, as dúvidas pasan porque haxa unha pérdida de interese no destino Galicia.
Así mesmo, dende PROTURGA apelan á UNIÓN entendendo que, tamén neste momento, toda a cadea de valor do turismo é máis forte actuando en conxunto, todos e cada un dos subsectores potenciará a reactivación.
Podedes ver e descargar o informe no seguinte enlace:
⇒ INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19



