• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Próximo Foro Proturga. Do turismo accesible ao sensitivo. 1 e 2 decembro. Pontevedra

Próximo Foro Proturga. Do turismo accesible ao sensitivo. 1 e 2 decembro. Pontevedra

por Proturga / jueves, 17 noviembre 2016 / Publicado en Actividades, Foro, Sin categoría, Turismo, Turismo accesible

Cada ano PROTURGA como asociación de Profesionais do turismo de Galicia oferta diversas actividades, entre as que destacan os talleres de turismo accesible, e este ano para profundar máis, non podía faltar o  IV Foro PROTURGA – Do Turismo Accesible ao Turismo Sensitivo – no que poden inscribirse profesionais e empresas tanto do sector turístico como doutros.

Nesta edición vanse  expor temas importantes e que afectan a todos os sectores implicados no turismo, pois, turismo somos todos e Galicia tense que implicar con todos os turistas.

Por iso necesitamos un turismo accesible para todos, para que as persoas con diversidade funcional (física, visual, auditiva, sensorial, etc)  poidan desfrutar tamén de Galicia como destino turístico.

“Facer sentir o destino Galicia como unha experiencia única para todos”

O Foro terá lugar o xoves 1 e venres 2 de decembro no Auditorio da Cidade Infantil Príncipe Felipe en Pontevedra.

A primeira xornada inaugurarase coa mesa redonda sobre “Necesidades dos turistas con diversidade funcional” e contaremos para falar do tema con membros da FAXPG, ONCE e a Asociación Juan XXIII.

Durante o descanso, os alumnos e profesorado do CIFP Carlos Oroza teñen preparado para todos os participantes un café sensitivo onde poremos a proba os nosos sentidos.

A mañá finalizará cunha mesa que tratará da aposta polo turismo accesible a nivel destino con exemplos de experiencias turísticas accesibles como os de Arousa Norte ou das empresas Hydronauta e o futuro proxecto de Cabanas accesibles en Outes.

foto-1

Na quenda da tarde continuaremos cunha visita sensitiva por Pontevedra a cargo tamén do alumando do Carlos Oroza que pon en valor o traballo desenvolvido nestos últimos anos no centro en canto ao compromiso có turismo accesible e a capacidade creativa para deseñar experiencias turísticas baseadas no sentidos.

O  venres darase  paso no foro ás “Pautas de atención a un cliente con diversidade funcional – visual e auditiva – con relatorio por parte da ONCE e dunha Intérprete en Lingua de Signos.

Un monumento, un lugar,  pódese  visualizar non só coa vista tamén co tacto, cos sentidos,  podendo darnos moitos datos  como a forma ou tamaño, o ambiente, os olores, os sons …

O braille, os soportes táctiles,  a lingua de signos, etc,  son outras opcións para que todos poidamos desfrutar por exemplo dunha visita guiada. Un grupo pode ser moi diverso e pódese chegar a todo o noso público facendo uso de diferentes medios.

unnamed

Para seguir poñendo a proba os nosos sentimos durante esta segunda  xornada  poderase desfrutar dunha cata sensitiva de queixos D.O Galicia e pans.  Influír na  mente a través dos sentidos, educar ao cerebro a recoñecer esencias, sabores aos que habitualmente non todos estamos acostumados a desenvolver.

Finalizaremos cunha Comida Sensitiva no Restaurante do Carlos Oroza a cargo tamén do alumnado do centro.

Quédanos moito  por avanzar en materia de accesibilidade pero si cada un pomos o noso gran de area seguirmos NO BO CAMIÑO.

Eliminemos as barreiras mentais que son as máis difíciles de superar.

Destacar por último, que nesta edición, ademais de contar coa colaboración do  CIFP Carlos Oroza, a empresa PROMOVE e todos os nosos socios particulares e empresas, contamos có  patrocinio da Deputación de Pontevedra e Turismo Rías Baixas a través das axudas concedidas ás asociacións sen ánimo de lucro para actuacións e actividades de carácter turístico.

Máis información: http://proturga.org/iv-foro-experiencial-proturga/

Facebooktwittergoogle_pluslinkedin

What you can read next

TURISMO DE GALICIA: NOVOS HORIZONTES COA NOVA AXENCIA.
Accede ó boletín e inscríbete
O #ProturgaTripIII xa está aquí!

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.