Proturga, é unha asociación sen ánimo de lucro, creada para defender os intereses de tódolos membros do sector turístico galego.
Únete a nós, e comeza a beneficiarte das vantaxes d@s soci@s.

QUERES FACERTE SOCI@?

Coñece tódalas vantaxes

COÑECES AS NOSAS ACTIVIDADES?

Aprovéitate das vantaxes de ser soci@ de Proturga

QUÉ É PROTURGA?

Proturga é unha Asociación sen ánimo de lucro, creada en 2011, onde xestionamos e defendemos os intereses dos membros do sector turístico Galego, establecendo relacións entre eles para crear unha Rede Social de Profesionais do Turismo.

A través de actividades e proxectos, búscase o recoñecemento social dos profesionais do noso Sector, sempre en colaboración con outras asociacións e entidades de carácter público e privado.

Coordinamos actividades formativas, sesorando, apoiando e colaborando coas distintas administracións públicas ou privadas na mellora da imaxe turística de Galicia.

PROTURGA, co obxecto de loitar polos intereses dos profesionais do turismo, participa activamente en numerosos actos e eventos. O principal fin destas colaboracións é darse a coñecer e demostrar a gran valía dos profesionais do turismo, moitas veces desvalorizados polo gran descoñecemento existente en torno a este sector.

turismo galicia

VANTAXES DE FACERSE SOCI@

PERTENCER

a unha Asociación que vixía e tutela os intereses profesionais de todos e cada un dos homes e mulleres do sector turístico galego

INTEGRARSE

INTEGRARSE nunha Asociación exclusivamente profesional que, con voz, potencia a identidade e o recoñecemento social d@s profesionais do sector turístico

PARTICIPAR

nas reunións de Proturga, tratando temas de actualidade que expoñen o sector turístico aos grandes problemas e inquedanzas que lle afectan e entre tod@s chegar a solucións

ESTABLECER

relacións profesionais e sociais con compañeir@s doutras actividades turísticas, creando unha Rede Social de Profesionais do Turismo

FORMAR PARTE

activa nos proxectos de formación propios ou impulsados pola Asociación Proturga (cursos, seminarios, xornadas, conferencias, etc.), con vantaxes económicas para os asociad@s

COLABORAR

coas asociacións zonais a nivel autonómico ou provincial, que coa súa propia autonomía e delegación, representan a tod@s @s Profesionais do sector turístico do territorio galego, ante os organismos públicos e privados

INFORMARSE

dos asuntos que, dende a Asociación Proturga, se entenda que poidan ser de interese como subvencións, reunións, notas de prensa, etc. a través de mailing e do grupo privado de facebook

CLÚSTER

Formar parte dunha asociación que é MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE TURISMO DE GALICIA e beneficiarse das súas ventaxes

BLOG

Escribimos sobre...

 

En Proturga estamos sempre á última sobre normativa, actividades, eventos do sector turísco. No noso Blog, ao igual ca no noso Facebook, contamos as diferentes experiencias ou novidades do turismo en Galicia.

Ademáis, facemos as crónicas das nosas propias actividades, con fotografías.

ÚLTIMOS ARTIGOS

VER TODOS -
  • enGalicia, Sin categoría, socios, Turismo

    NOVIDADES DAS NOSAS EMPRESAS SOCIAS

      MÁIS QUE ROMÁNICO http://www.maisqueromanicorutas.com/ Contacto: info@maisqueromanicorutas.com/  646 533 229 Novo Fin de Semana Románico coa nosa empresa socia especializada no románico en Galicia. III Fin de semana románico: “El significado del símbolo en época románica” 26- 28 de outubro Mais información e inscricións: http://maisqueromani...
  • enGalicia, Sin categoría, socios, Turismo

    NOVIDADES DAS NOSAS EMPRESAS SOCIAS

      CASA DO BATÁN http://www.casadobatan.com/ Contacto: casadobatan@casadobatan.com / 982 598 223 / 677 567 798 Xa está preto a data de apertura do noso socio bataneiro “CASA DO BATÁN”. Próximamente xa vos podedes pasar por Chavín-Viveiro para a unha estancia “con encanto entre dous ríos”. Ademáis podedes seguilos polas redes sociais onde están ...

EQUIPO PROTURGA

Queres formar parte?

Fátima Cachafeiro

Presidenta de Proturga

Presidenta de Proturga (Forcarei, 2 de xaneiro de 1984) Socia - Directora de AVIVAE, consultora especializada en turismo. Experiencia en dirección, planificación e execución de proxectos estratéxicos para destinos e empresas. Diplomada en Empresas e Actividades Turísticas. Graduada en Turismo. Máster en Dirección e Planificación do Turismo. Visitar linkedin

Andrea Rey Roca

Vicepresidenta de Proturga

(A Coruña, 22 de outubro do 1990) TCP (Tripulante de cabina de pasajeros). Diplomatura en Turismo. Grado en Turismo. Master en formación del profesorado. Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Novos Produtos Turísticos, rama investigadora centrada no Turismo Accesible. Linkedin de Andrea

Yaniri Pérez Rodríguez

Secretaria de Proturga

(Pontevedra, 20 agosto de 1980). Recepcionista Hotel. Postgrado en Protocolo, Comunicación e Imaxen Corporativa. Técnico Auxiliar en Protocolo. Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP). Cursando Grado en Turismo. Técnico Superior en Información e Comercialización Turística e Xestión de Aloxamentos turísticos. Linkedin de Yaniri Linkedin de Yaniri

Miguel Martínez

Tesoureiro de Proturga

Miguel Martínez (Santiago de Compostela, 17 de abril de 1991). Recepcionista en Pousadas de Compostela. Técnico Superior en Xestión de Aloxamentos Turísticos. Actualmente, cursando Grao en Turismo na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense. Formación e experiencia específica en xestión de aloxamentos e rexiduría de pisos, protocolo e redes sociais. Linkedin: Visitar

Sandra Pérez Domínguez

Vogal de Proturga

(Vilanova de Arousa, 1981) Historiadora da Arte e Guía de Turismo Especializada de Galicia, habilitada dende o ano 2009. Con experiencia en guía especializada, guía de museo, guía acompañante e guía de adega. Linkedin de Sandra

COÑECE TÓDALAS VANTAXES PARA PARTICULARES E PARA EMPRESAS

Pasos para facerse soci@
SUBIR