O Foro de Proturga que se organizan con carácter periódico nas distintas cidades galegas, nace co principal obxectivo de converterse no punto de encontro imprescindible para os profesionais do turismo e responder ás necesidades do sector en canto ao coñecemento continuo dun sector tan cambiante e competitivo.
Está dirixido a todas aquelas persoas formadas ou en período de formación relacionada co turismo, así como aos traballadores e empresarios neste sector económico.
Este evento, en cada unha das edicións, tratará unha temática de actualidade e de grande interese no eido turístico, que aportará novos coñecementos de gran valía para os profesionais do turismo.
A súa estrutura contará con tres apartados diferenciados:
-
Parte Teórica, formada por un conxunto de conferencias nas que se abordará a temática a tratar dende distintos enfoques e distintos subsectores turísticos.
-
Parte de Debate, que consistirá en varias Mesas Redondas na que os participantes comentarán o seu punto de vista sobre un aspecto concreto relacionado coa temática principal.
-
Parte Práctica, na que se levarán a cabo actividades relacionadas co tema a tratar no Foro, como visitas guiadas a enclaves de gran importancia no eido da temática principal ou obradoiros.
Asemade, convocaremos o Premio Proturga no que se premiará soci@ colaborad@r do ano anterior.
ABERTO A COLABORACIÓNS
O Foro Proturga é un proxecto colaborativo, e polo tanto está aberto a ideas e colaboracións que teñan cabida e axuden a mellorar o evento. O e-mail info@proturga.org está aberto para todas as iniciativas que poidan xurdir e para empresas que desexen aportar o seu gran de area.