
PERTENCER
a unha Asociación que vixía e tutela os intereses profesionais de tod@s @s que traballamos no sector turístico galego, e establecer relacións profesionais e sociais.

PARTICIPAR
nas reunións de Proturga, tratando temas de actualidade, problemas e inquedanzas, que afectan ó sector turístico, e entre tod@s chegar a solucións.

BENEFICIARSE
dos proxectos de formación (cursos, seminarios, xornadas, conferencias, etc.), e informarse dos asuntos de interese, como subvencións, reunións, notas de prensa, etc.

COLABORAR
coas asociacións autonómicas ou provinciais, que representan a tod@s @s Profesionais do sector turístico galego, ante os organismos públicos e privados.