Os acordos de admisión dos asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito, xunto co título académico ou contrato laboral que o acredite como profesional ou a matrícula de iniciación de estudos do ano en curso da persoa que desexa ser admitida.
Tamén poderá solicitar o ingreso na asociación calquera persoa física que estea desenvolvendo unha actividade non descrita nestes estatutos pero que a xuízo da Xunta Directiva o faga constar como honorario dentro da clasificación contida neles. Asemade, tódolos socios deberán aceptar o Regulamento Interno de Proturga (ROI).
No momento que se solicita o ingreso na asociación débese agardar á confirmación de aceptación así como comunicación da tarifa que lle corresponde no caso de ser aceptado por parte da Xunta Directiva para proceder a realizar o pago.
No caso da renovación anual, os soci@s que cumplan os requisitos de tarifa reducida ou desexen realizar un cambio na tipoloxía (por exemplo de socio particular a empresa ou viceversa ou de tarifa xeral a tarifa reducida) deben enviar ao correo proturga@gmail.com a documentación necesaria e agardar resposta da Xunta Directiva. Unha vez que a Xunta Directiva emita unha resposta poderán proceder a realizar o pago.
Soamente se devolverán os pagos de socios no caso de que houbese un erro por parte de PROTURGA.
En ningún caso se devolverán os pagos realizados mediante outro procedemento distinto do indicado.
En ningún caso será motivo de devolución de cotas a solicitude de baixa na asociación durante o ano de vixencia da mesma.