• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Tag: Xacobeo 2021

Descubrindo o Camiño de Inverno na Ribeira Sacra

jueves, 13 febrero 2020 por Proturga
facendo-camiño

facendo-camiño

 

Queremos compartir con vós un chisco do que foi esta experiencia de profesionais do turismo de #Proturga con #FacendoCamiño polo Camiño de Inverno da man de Mais que Románico no marco do programa de O Teu Xacobeo. Nesta ocasión, a nosa enviada especial Sandra Pérez, fíxonos un relato da xornada…

Nesta edición contamos con diferentes profesionais locais que nos transmitiron a súaa paixón pola Ribeira Sacra. Todos unidos polo mesmo fin: crer nas posibilidades que ten esta zona e crear unha rede colaborativa entre todos os axentes buscando un produto único. A xornada tivo unha visión multidisciplinar en todos os aspectos. Por unha banda: os relatos de diferentes perfís de profesionais cos que se contou, dende guías de turismo, antropólogo, biólogo, historiadores do arte e empresarios; e por outra, o descubrimento do que poden ofrecer os recursos da contorna do Camiño de inverno, patrimonio artístico e natural, gastronomía, tradición onde se consegue tocar a autenticidade do lugar…

A actividade comezou coa visita ao Ecomuseo de Arxeriz (O Saviñao) onde se fixo a presentación da xornada por parte de Proturga e da empresa Máis que Románico. Aquí ademáis entregamos o material informativo sobre o Camiño de Inverno e da Ribeira Sacra aos asistentes.

Visitamos o conxunto e as salas expositivas nas que o antropólogo Xabier Viana da Asociación Folión de Carros de Chantada falou do Entroido Ribeirao como Patrimonio Inmaterial na Ribeira Sacra (folións, aturuxos e Entroido)  como un ben a preservar e transmitir ás xeracións máis novas. A importancia deste tipo de Patrimonio na Ribeira Sacra é relevante xa que se inclúe dentro dos valores destacables á candidatura a Patrimonio da Humanidade.  Por outra banda fíxose unha reflexión sobre o aumento de visitantes nos últimos anos a este tipo de eventos (grazas aos novos medios de comunicación) e indicando os perigos de non coñecer o funcionamento causando problemas no discorrer do evento.

A continuación realizamos unha visita á igrexa de San Paio de Diomondi a cargo dunha guía oficial e historiadora da arte veciña de Diomondi que nos introduciu no románico da Ribeira Sacra. Este recurso atópase a poucos metros do quilómetro 100 do Camiño de Inverno para chegar a Santiago dende onde puidemos comezar o percorrido dun tramo do Camiño. Grazas ao acompañamento do biólogo e guía de turismo Diego Reboredo púidose coñecer en profundidade os recursos naturais: especies arbóreas, os aproveitamentos da contorna por parte da poboación local ou a orografía, entre outros. Incidiuse tamén na preservación deste medio e déronse recomendacións de sostibilidade ao respecto.

No traslado para a comida recibíronse explicacións sobre os servizos turísticos da área así como das embarcacións do río Miño que realizan percorridos na área de Belesar.

A comida networking tivo lugar na Adega Vía Romana onde se gozou do catering con produtos da zona do restaurante sito en Chantada, Os Pendellos: empresa que colabora con adegas para ofrecer este tipo de servizos aos visitantes.

Tras a comida realizouse outro tramo dende Belesar ata Chantada gozando da paisaxe e da arquitectura tradicional compartindo experiencias entre os participantes. Que ben o pasamos…

A xornada proseguiu coa visita á queixería Airas Moniz, industria agroalimentaria ao pé do Camiño de Santiago onde nos falaron das múltiples posibilidades gastronómicas da Ribeira Sacra da zona.

O día finalizou coa visita por parte de Bea Pereira de Máis que Románico, ao Mosteiro de San Salvador de Asma. Indicar que durante o día participaron outras persoas que conforman esta empresa dedicada á difusión do románico da Ribeira Sacra: Daniel, Begoña, María, Juanjo e Noelia. En San Salvador de Asma púidose contemplar un bo exemplo do rómanico e tamén falar da preservación deste tipo de patrimonio histórico.

A xornada finalizou cunha posta en común das impresións dos participantes sobre o camiño e aspectos a mellorar así como das súas fortalezas. Neste senso enviouse a enquisa de opinión a todos os asistentes cos que posteriormente se realizará un análise obtendo conclusións do mesmo.

A clausura da xornada correu a cargo da organización contando coa presenza de Sandra Seara, Xerente do Consorcio Turístico de Ribeira Sacra.

Animamos a todos e a todas os profesionais do noso sector, a que se anoten nas próximas saídas de #FacendoCamiño porque realmente están a ser, auténticas experiencias onde compartimos coñecemento, información… porque PROTURGA… somos TOD@S.

 

 

 

Adega Vía RomanaAiras MonizCamiño de invernoConsorcio Turismo Ribeira SacraEcomuseo de ArxerizMais que RománicoO Teu XacobeoOs PendellosRibeira SacraXacobeo 2021
Leer más
  • Publicado en Facendo Camiño
No Comments

Un grupo de profesionais do turismo de Galicia analizou parte do trazado do Camiño Portugués pola Costa

domingo, 19 enero 2020 por Proturga
Foto_grupo_baiona_facendo_camino

Foto_grupo_baiona_facendo_camino

O pasado 16 de xaneiro tivo lugar unha nova saída das xornadas de “Facendo camiño”, viaxes de familiarización dirixidas aos profesionais da industria do turismo de Galicia para analizar a situación de cada un dos Camiños de Santiago na nosa comunidade. Proxecto co-financiado pola Xunta de Galicia no marco do programa O Teu Xacobeo.

facendo-camino

Lembramos que as inscricións están abertas para a seguinte xornada de #FacendoCamiño na ruta do Camiño de Inverno xestionada por Máis que Románico. Toda a información neste enlace.

Agradecer á empresa xestora desta saída, Guiados Pontevedra e á administración lo financiamento outorgado a este proxecto no marco das axudas de O Teu Xacobeo para poder levar a cabo esta iniciativa dende PROTURGA: a Asociación de referencia dos Profesionais de Turismo de Galicia.

actividadesCamino de SantiagoGaliciaO Teu XacobeoXacobeo 2021
Leer más
  • Publicado en Facendo Camiño
No Comments

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.