• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

TURISMO DE GALICIA: NOVOS HORIZONTES COA NOVA AXENCIA.

TURISMO DE GALICIA: NOVOS HORIZONTES COA NOVA AXENCIA.

por Proturga / jueves, 10 octubre 2013 / Publicado en Sin categoría

Charla- Coloquio con José Luis Maestro Castiñeiras, Director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia

 

ORGANIGRAMA E FUNCIÓNS DA NOVA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA

Dende fai uns meses estamos a ler nas distintas publicacións do sector as novas en relación a recentemente creada Axencia de Turismo de Galicia. A posta en marcha deste novo modelo administrativo xurde co propósito de racionalizar e eliminar duplicidades na Administración Pública. Organismos coma a Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galicia (Turgalicia), a Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo, o Instituto de Estudos Turísticos e a Secretaría Xeral para o Turismo pasan a integrarse neste único ente que é a nova Axencia.

 

Á vista deste novo panorama xorden moitas preguntas dende a asociación, e nestes meses detectamos que non todos os profesionais do turismo están o tanto destes cambios. Para solucionar estas dúbidas e poder coñecer polo miúdo as diferentes actuacións previstas pola Axencia, Proturga decidiu pórse en contacto coa nova entidade para dar unha charla-coloquio en relación o novo organismo.

 

O pasado sábado 5 de outubro celebrouse nas instalacións da Asociación de Empresarios de Hostalería de Santiago de Compostela unha charla-coloquio da man de José Luis Maestro Castiñeiras, Director de Competitividade da Axencia de Turismo de Galicia. O propósito da mesma era explicar o organigrama e funcións da nova Axencia, así como trasladarlle as inquedanzas que temos dende a asociación, facerlle as preguntas que nos achegaron os socios e interesados do sector, e acercar posturas sobre a liña que vai levar a xestión do novo ente.

charla2.blog

O Director de Competitividade comezou coa explicación do porque desta nova Axencia. En palabras do Sr. Maestro a premisa fundamental é a redución de gasto público para o cal é necesario a eliminación de certos organismos. Neste sentido unha das primeiras consecuencias é a desaparición de sociedades anónimas coma Turgalicia e Xacobeo (aínda que integradas na Axencia seguirán mantendo en certa medida o seu carácter privado), e a inclusión da Secretaría Xeral e do Instituto de Estudos Turísticos. A porcentaxe privada que manterá  a Axencia vai encamiñado a facilitar procesos de contratación de persoal laboral; por outra banda hai unha serie de competencias que teñen que ser asumidas pola Administración Pública (materia de inspección, persoal funcionario, etc.), polo tanto trátase de sumar as diferentes posibilidades que ofrece o sector público e o privado.

 

O seguinte punto a tratar era o novo organigrama que conforma a Axencia, cuestión bastante interesante, xa que foi neste punto onde se aclarou que lugar ocuparán os organismos fusionados. No caso de Turgalicia e o Xacobeo estarán incluídos na Dirección de Promoción (aínda que o  Xacobeo debido as doazóns para albergues e mantemento do Camiño non poderá desaparecer totalmente, e quedará parte na Axencia e parte privado). O Instituto de Estudos Turísticos xa forma parte da Dirección de Competitividade dende este verán.

 

Unha vez comprendido o proceso de fusión das distintas entidades chegaba o momento da rolda de preguntas e a nosa quenda para trasladar cuestións que preocupan dende a asociación. A continuación facemos un resumo dos temas tratados:

 

CAL É A REPRESENTACIÓN DAS ASOCIACIÓNS PROFESIONAIS NA AXENCIA?

As asociacións non poden formar parte da Axencia, como entidade pública que é, pero poden participar a través  do Consello de Turismo (órgano consultivo). Trátase dun organismo con voz pero sen voto. Hoxe en día xa ten creados os seus estatutos, e no posto de vogal rotan distintas asociacións do sector, agora ben, polo momento a participación de novas asociacións como Proturga non é posible.

charla1.blog

COMO SE XESTIONARÁ O PERSOAL (DIFERENTES ORGANISMOS, DISTINTAS CONDICIÓNS LABORAIS) E QUE REPERCUSIÓN TERÁ A FUSIÓN NOS TRABALLADORES?

 

A xerencia da Axencia está negociando cos representantes dos traballadores, xa que hai que ter en conta que os organismos integrados teñen diferentes tipos de persoal (persoal funcionario, persoal laboral, etc.). Estase a traballar nun RPT (Relación de Postos de Traballo) no que se recollen as funcións de cada empregado, os horarios de traballo, etc. Realízase a ordenación do persoal segundo as necesidades dos servizos e se determinan os requisitos.

 

En relación con este tema tamén xurdiu a dúbida da continuación da Central de Reservas-Social Media Center dependente de Turgalicia. A resposta foi que na teoría o contrato asumiríase por parte da Axencia. Unha vez finalizado este contrato será a Axencia a que decidirá que facer con este servizo.

 

HABERÁ MELLORÍAS NA XESTIÓN DAS OFICINAS DE TURISMO?

 

Tratouse o eterno debate da actual situación das oficinas de turismo dependentes da Xunta (con persoal funcionario sen formación turística; horarios e días de apertura que non cumpren o servizo necesario para os turistas, etc.). Neste sentido o Sr. Maestro recoñeceu que isto ten que mellorarse e que están no proceso.

 

Así mesmo falouse das subvencións outorgadas a concellos de interese turístico coa finalidade de contratar persoal para as OIT’s.  O que se pretende é que as becas desaparezan para dar paso ós contratos temporais. De todos os xeitos dende Proturga trasladouse a necesidade de axilizar este proceso xa que en ocasións, o servizo de información chega cando a temporada xa está rematando.

 

CAL É O PROPÓSITO DOS XEODESTINOS?

 

A partir do mapa deseñado pola Xunta as administración locais que formen parte de cada xeodestino deberán crear os seus propios plans turísticos e así potenciar conxuntamente a área. Un bo exemplo é o xeodestino Ribeira Sacra, no que os municipios implicados crearon un Consorcio que coincide co mapa da Xunta. Agora ben, pero que acontece cando as clasificacións locais como poden ser as xa creadas mancomunidades, non coinciden cos xeodestinos. Neste sentido o Director de Competitividade comentou que poden ser algo flexibles, sempre dentro de criterios razoábeis.

 

GUÍAS ESPECIALIZADOS, EN QUE PUNTO ESTÁ O NOVO DECRETO E QUE CAMBIOS SUPORÁ?

O decreto que regulariza a nova lexislación neste sentido xa está listo, pero está á espera da aprobación definitiva. A nova normativa suporá a liberalización do mercado.

Para acadar a  habilitación de guía de turismo de Galicia as persoas interesadas presentarán a titulación requirida (pódense consultar as titulacións no borrador do decreto)

 

Como adelanto decir que no relativo o idioma pedirán un certificado, que como mínimo será dun nivel B2, pero tamén contemplarán máis alternativas como poder homologar un título acadado no estranxeiro ou ter en conta as persoas bilingües que non teñen titulación.

Dende as redes sociais chegaban preguntas no tocante a calidade do servizo e a resposta foi clara: a liberalización pode ser positiva. O propio mercado escollerá os mellores profesionais.

charla3.blog

TURISMO RURAL, QUE FACEMOS?

 

Falouse da necesidade de buscar solucións, xa que actualmente é un produto que está en crise. Nese sentido estanse facendo reunións sectoriais coas asociacións galegas para consensuar medidas coordinadas. Estanse a crear os clubs de produto, (como o club de produto da auga no que están incluídas as casas rurais), para darlle un empuxe a este sector.

 

Unha gran problemática para os propietarios de aloxamentos rurais son as casas ilegais, pero este tipo de cuestións, según Jose Luis Maestro son moi complicadas para a Administración se non hai unha denuncia previa. A ferramenta é a inspección turística (a destacar que soamente hai 27 inspectores turísticos e que dende Proturga consideramos que non son suficientes). Por outro lado tamén se pretende loitar contra a oferta ilegal, igual que hai un decreto que regularizar os pisos de aluguer para uso turístico, pretenden ir nesa mesma liña co turismo rural.

 

 

 

Para finalizar comentar que tamén se mencionou a creación do Clúster de Turismo (aínda que falta integrar os membros); que a marca da Axencia será “Turismo de Galicia” eliminándose a marca Turgalicia para referirse a este novo ente (seguirá como dominio www.turgalicia.es para non perder o SEO) e a marca Xacobeo seguirá manténdose pola súa consolidada traxectoria co Camiño de Santiago.

 

Dende Proturga queremos agradecer a Axencia de Turismo de Galicia e o Director de Competitividade José Luis Maestro Castiñeiras a oportunidade que tivemos de poder aclarar tantas cuestións de interese para os profesionais do sector.
Agradecerlle igualmente a Asociación de Hosteleros de Compostela a cesión da súa sede.

 

Facebooktwittergoogle_pluslinkedin

What you can read next

PLANS PARA SEMANA SANTA CON PROFESIONAIS DO TURISMO
Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
Taller de Turismo Accesible: persoas con discapacidade auditiva

Deja un comentario Cancelar respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.