• PROTURGA É MEMBRO FUNDADOR DO CLÚSTER DE GALICIA

Proturga

  • Proturga
  • Sobre Proturga
    • SOCIOS EMPRESAS
    • SOCI@S PARTICULARES
    • FOROS PROTURGA
    • PROTURGATRIP
    • TURISMO ACCESIBLE
    • CURSOS
      • Curso Marketing Dixital
      • Curso Revenue Management
    • Facendo Camiño
  • Blog
  • Galería
  • Contacto
FOROSPROTURGA

Tag: turismo

Premios Camiño de Santiago

jueves, 17 diciembre 2015 por Proturga

O pasado xoves 16 poidemos asistir á entrega dos I PREMIOS CAMIÑO DE SANTIAGO, na Cidade da Cultura de Galicia.

Un encontro que aglutinou a Concellos, Asociacións, Empresas de Turismo Rural e incluso Centros Educativos, todos eles cunha causa común: Ter feito actuacións destinadas a mellorar o Patrimonio na Ruta Xacobea, incrementar e innovar os servicios que se lle dan ós peregrinos e divulgar e promocionar o Camiño de Santiago e a Cultura Xacobea.

Os Premios pretenden dar un paso máis para avanzar na conservación do Camiño na súa protección en xeral e na sua posta en valor, tal como apuntou Nava Castro, Directora Xeral de Turismo, quen foi encargada xunto co Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, de facer entrega dos premios ós galardonados.

Os Concellos de Ordes no Camiño Inglés e O Concello de Portomarín no Camiño Francés, foron recoñecidos polo seu labor na protección do entorno do Camiño e tamén do seu Patrimonio.

As Asociacións “Amigos del Camino de Santiago en Ávila” e a “Asociación Gaditana Xacobea Via Augusta”, polo seu traballo desinteresado, ano tras ano, en accións de divulgación e promoción do Camiño. Polas súas iniciativas de sinalización e recuperación, e tamén pola multitude de proxetos destinados á atención ó peregrino.

A Empresa de Turismo Rural “Parada das Bestas” e a “Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos”, polas accións a favor da mellora do Camiño coa súa rehabilitación. No caso da Empresa de turismo Rural, con criterios de bioconstrucción e respeto polo entorno, recuperación de recetas de peregrinos medievais a través da investigación e a súa implicación en actividades relacionadas coa gastronomía xacobea.

O Grupo de Investigación Cultural e Sociedades do Mundo Ibérico desde a Idade Media, O Colexio Belesar e o IES Plurilingüe San Rosendo, estes dous últimos representados por un nutrido grupo de alumnos, coas súas profesoras implicadas nos proxectos, pola súa labor académica, educativa e de investigación , que é fundamental para que toda a xente nova en Galicia, todas a s futuras xeracións vexan no Camiño unha referencia de valores.

Esperamos que estos premios teñan non só continuidade senón que se consoliden como un referente, que motive a sociedade e aumente a sensibilidade da poboación para a conservación e mellora do entorno ambiental e paisaxístico do mellor tesouro que temos en Galicia: O Camiño Xacobeo.

 

Patricia Furelos (socia de Proturga e socia de Guiados)

Camino de SantiagoGaliciapremiosturismo
Leer más
  • Publicado en Actividades, Galicia, Turismo
No Comments

PROTURGA asiste a un Workshop organizado pola Axencia de Turismo de Galicia e PREDIF- Santiago 17 novembro 2015

miércoles, 18 noviembre 2015 por Proturga

PROTURGA participou este pasado martes día 17 nun workshop organizado pola  Axencia de Turismo de la Xunta de Galicia  e a Plataforma Representativa Estatal de Personas con Discapacidad Física (PREDIF) que tivo lugar na cidade de Santiago de Compostela.

Estas mesas foron organizadas para coñecer a opinión e as necesidades percibidas polos profesionais do sector turístico e os xestores de destinos turísticos de Galicia co fin de elaborar o Plan de Accesibilidade Turística de Galicia e o Plan de Accesibilidade do Camiño de Santiago.

Proturga puido asistir á primeira mesa de traballo que se realizou entre as 9 e as 11.30 da mañá.

Asistiron a mesma entidades do sector hoteleiro, administracións públicas, axencias de viaxes, rutas do viño, etc.

Algúns dos exemplos de traballo e iniciativas en materia de turismo accesible que saíron durante a xornada foron as seguintes:

  • Nova app de Predif TUR4all, unha aplicación móbil de turismo accesible onde se recolle as condicións de accesibilidade de máis de 2400 establecementos turísticos de todo o territorio español.
  • Festa do Marisco de O Grove. O Concello, dentro do Plan de Turismo Accesible, contou coa colaboración dunha das asociacións locais para o deseño dunha festa accesible.
  • Ruta do Viño Rías Baixas, único itinerario galego incluído na Guía de Rutas Enolóxicas de España editada por PREDIF, con 15 establecementos socios dentro da guía.
  • Arousa Norte, que ofrece experiencias adaptadas para persoas con discapacidade.
  • O Concello  de Lugo cun portal web de accesibilidade da cidade .
  • Guía de Turismo Accesible Rías Baixas.
  • Guías de Aloxamentos Accesibles de Turismo de Galicia.
  • Pousadas do Salnés. Proxecto de Pousadas Accesibles na Comarca do Salnés.

Estes son só algúns dos exemplos destacados durante a xornada.

Algúns puntos críticos que se analizaron durante a mesa, tanto en relación ós Profesionais do Turismo como ó sector turístico, foron as seguintes:

  • Falta de formación e sensibilización en materia de Turismo Accesible dos Profesionais.
  • Falta de formación sobre Turismo Accesible nos estudos regrados de Turismo.
  • Necesidade de guías sobre turismo accesible para saber cómo actuar tanto na atención ao turista con algunha discapacidade puntual ou permanente, como para a adaptación dos establecementos.
  • Falta de sinerxias entre administración, empresas, profesionais e asociacións de discapacitados.
  • Necesidade de que se contemple no Observatorio de Turismo un estudo dos turistas con discapacidade que chegan a Galicia.
  • Problemática coa LOPD en gardalo Cárdex dun turista xa aloxado nun establecemento hoteleiro, o cal facilita datos moi importantes ante un cliente con algún tipo de discapacidade.
  • Falta de subvencións e apoio da Administración Pública.
  • Facer un destino accesible, non só un establecemento.
  • Control sobre as medidas aplicadas en Turismo Accesible.
  • Falta de experiencias adaptadas para turistas con discapacidade.
  • Webs turísticas que non son accesibles para todos.
  • Problemática en mantemento de RRSS por cambio de constante de persoal na administración  pública.
  • Sistemas de calidade turística como a Q ou SICTED deben ser más ríxidos en canto accesibilidade se refire.
  • Necesidade de especificar nas enquisas para os turistas/visitantes en qué consiste o termo xeral de turismo accesible.

 

Proturga é unha asociación pioneira en formar aos profesionais do sector  dende hai tres anos e colaborando coas asociacións de persoas con discapacidade a nivel autonómico e estatal, polo que agradecemos a Predif e a Axencia de Turismo esta oportunidade, porque ademais de poder aportar como asociación que somos, puidemos tomar nota de moitos aspectos críticos que temos no sector.

 

accesibleturismo
Leer más
  • Publicado en Sin categoría, Turismo, Turismo accesible
No Comments

O #ProturgaTripIII xa está aquí!

lunes, 26 octubre 2015 por Proturga

O vindeiro sábado 7 de novembro chega a terceira edición do Proturga Trip.

Desta vez coñeceremos a Comarca do Ribeiro,  partiremos dende o casco histórico de Ribadavia ate ó futuro MUSEO DO VIÑO DE GALICIA, rematando a mañá ca visita a ADEGAS VALDAVIA, realizaremos un xantar networking e posterior visita ao CLUBE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO.

O ProturgaTrip non só é unha viaxe de familiarización, queremos que os profesionais do turismo experimentedes o recurso turístico e poidades interactuar  con el, por iso recibiranos en Ribadavia, Antonio Míguez, Técnico de Turismo do Concello de Ribadavia que tamén guiará a visita no futuro Museo do Viño de Galicia. En Adegas Valdavia teremos a oportunidade de coñecer unha das adegas galegas máis antigas de Galicia e o proceso de elaboración dos viños do Ribeiro.  Gozaremos dun menú especial durante o Xantar Networking no restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño e posteriormente visitaremos as instalacións do Clube Náutico da man dos xerentes para coñecer o seu traballo de captación de equipos de competición.

Esperamos contar coa vosa presenza e agradecemos a máxima difusión entre os vosos coñecidos.

 

Inscricións e consultas: sandra.proturga@gmail.com

PROGRAMA:
10:00. Encontro na Praza Maior de Ribadavia.
11:00. Visita ao Futuro MUSEO DO VIÑO DE GALICIA.

12:00. Visita á ADEGAS de VALDAVIA.

14:00. Comida Networking no Restaurante do Parque Náutico de Castrelo de Miño.
16:30. Visita ao CLUBE NÁUTICO DE CASTRELO DE MIÑO

 

Prezo de participación:

– Soci@s de Proturga: 18€

– Non soci@s: 21€

*Opción de participación na viaxe sen xantar networking.

Ingreso conta bancaria:

ES11 2100-2188-86-0200310687 (La Caixa)

Asunto “ProturgaTrip”

 

proturgatripturismo
Leer más
  • Publicado en Actividades, Turismo, Últimos ProturgaTrip
No Comments

A DEBATE: As taxas turísticas ¿solución ou recaudación?

lunes, 17 noviembre 2014 por Proturga

O tema das taxas turísticas é complexo e non exento de polémica entre a administración que as implanta, os propietarios dos establecementos turísticos encargados de cobrarllas aos seus clientes, e os turistas que son os que teñen que pagalas.

En España, entre os anos 2002 e 2003, púxose en marcha a ecotaxa nas Illas Baleares cun profundo rexeitamento por parte dos hoteleiros e que acabou desaparecendo. Unha das ideas esgrimidas na súa contra era que a taxa era discriminatoria, xa que so se aplicaba nos establecementos regrados, quedando fóra as vivendas privadas e establecementos non regrados, así como o temor á disminución de turistas.

Pola contra, no ano 2012, implantouse en Cataluña un imposto sobre estancias turísticas destinado á mellora e á promoción do turismo na comunidade, que segue funcionando coa colaboración dos empresarios hoteleiros.

¿Cal é a clave para que unha taxa turística funcione? Dende o meu punto de vista, estes serían os aspectos clave:

  1. Cómpre facer unha boa política de comunicación, clarificando cal vai ser o uso dos cartos recaudados e mantendo a cooperación entre a administración pública e os establecementos privados, en canto aos obxectivos a acadar.
  2. Os cartos deben revertir única e exclusivamente na mellora do sector turístico, de tal xeito que os encargados de recaudalo experimenten os seus beneficios
  3. A taxa debe ser baixa e limitada a estadías cortas de forma que non se transforme nunha carga non asumible por parte dos viaxeiros

En España, en xeral hai bastantes reticencias á implantación deste tipo de taxas, xa que se considera que poden dañar a competitividade do sector, xunto coa perda de turistas. Nembargantes, países veciños coma Italia e Francia levan anos aplicándoas e os visitantes seguen acudindo á chamada dos reclamos turísticos. Nesta pasada semana saiu a nova de que na cidade de Lisboa durante o ano 2015 vaise implantar unha taxa para os turistas que cheguen vía aeroporto e porto e, no ano 2016, vaise xeralizar.

Está claro que máis recursos económicos poderían axudar ao sector na súa modernización ao tempo que se disporía dun maior orzamento para a promoción e atracción de máis turistas.

Penso que este é un tema moi aberto e dado que a Proturga pertencen profesionais que traballan nos distintos ámbitos do turismo sería interesante coñecer os vosos comentarios. E ti, ¿qué opinión tes?

 

foto_begoña

recaudacióntaxasturismo
Leer más
  • Publicado en Galicia, Sin categoría, Turismo
No Comments

Posts recientes

  • Falamos con… Juan Segade

    Hoxe FALAMOS CON… Juan Segade, Guía turís...
  • casa-de-cacheiro

    Falamos con… Casa de Cacheiro

    Hoxe FALAMOS CON… Casa de Cacheiro Sodes ...
  • INFORME DE SEGUIMENTO SOBRE AS PERSPECTIVAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO ANTE A CRISE DO COVID-19

     PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN O ...
  • Nova serie de entrevistas a socios e socias de Proturga

    Sabedes cal foi unha das conclusións á que se c...
  • PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN INFORME DE PERSPECTIVAS, CONSECUENCIAS E NECESIDADES DO SECTOR TURÍSTICO DE GALICIA ANTE A CRISE DO COVID – 19

    PROFESIONAIS DO TURISMO DE GALICIA ELABORAN UN ...

Comentarios recientes

  • Proturga en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros
  • Julio Romero en Nuevas iniciativas turísticas: O Camiño dos Faros

Archivos

  • noviembre 2020
  • octubre 2020
  • junio 2020
  • abril 2020
  • marzo 2020
  • febrero 2020
  • enero 2020
  • septiembre 2019
  • mayo 2019
  • abril 2019
  • octubre 2018
  • febrero 2018
  • abril 2017
  • noviembre 2016
  • octubre 2016
  • septiembre 2016
  • mayo 2016
  • febrero 2016
  • enero 2016
  • diciembre 2015
  • noviembre 2015
  • octubre 2015
  • julio 2015
  • junio 2015
  • mayo 2015
  • diciembre 2014
  • noviembre 2014
  • octubre 2014
  • junio 2014
  • enero 2014
  • noviembre 2013
  • octubre 2013
  • mayo 2013
  • abril 2013
  • marzo 2013

Categorías

  • Actividades
  • camiño santiago
  • Covid-19
  • enoturismo
  • Entrevistas
  • Entrevistas asociados e asociadas
  • Facendo Camiño
  • Foro
  • Galicia
  • Nos medios
  • Sin categoría
  • socios
  • Turismo
  • Turismo accesible
  • Últimos ProturgaTrip
Tweets by Proturga

DOCUMENTOS

ROI 2021
ESTATUTOS 2021
FICHA ALTA SOCIO PARTICULAR
FICHA ALTA EMPRESA

INFORMACIÓN ADICIONAL

Política de cookies
Aviso Legal
Política de privacidad
  • SOCIALÍZATE
Proturga

© 2021 Proturga. Todos los derechos reservados. - Diseño Web DYW

SUBIR
Política de CookiesEsta página utiliza cookies y otras tecnologías para que podamos mejorar su experiencia en nuestros sitios: Más información.